Blogia

vgomez

A PATAGONIA AREXENTINA

A Patagonia arxentina é un territorio dun millón de quilómetros cadrados onde o horizonte disfrázase de montañas e ríos. Este vídeo percorre esta extensa xeografía dun extremo a outro, desde o peculiar tren do fin do mundo que os presos do cárcere de Ushuaia usaban para recoller leña, ata o maior reservorio de elefantes mariños do mundo, na Península Valdés.

CANTO SABES DE ISLANDIA? XV

Continúo coa serie adicada a Islandia, esa illa europea situada no océano Atlántico, coñecida pola súa impresionante paisaxe volcánica, glaciares e auroras boreais. País cunha poboación relativamente pequena, onde a enerxía renovable e o turismo son piares importantes da súa economía.

A contestación correcta á pregunta de onte é NON. Islandia non é membro da Unión Europea, pero si forma parte do Espazo Económico Europeo (EEE). O EEE permite a Islandia participar no mercado interior da UE, beneficiándose da libre circulación de persoas, mercadorías, servizos e capitais. Aínda que Islandia solicitou a adhesión á UE en 2009, as negociacións interrompéronse e actualmente non hai plans para retomalas.

 E imos coa pegunta de hoxe e última da serie!

15. Cando os primeiros humanos chegaron a Islandia atoparonse con…

- 1. Lagartos

- 2. Ras

- 3. Raposos polares

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: saberpractico.com, es.wikipedia,org e vertebradosibericos.org

QUE DEPREDADORES DOMINAN O OCÉANO?

Exploramos as formas en que os animais matan no océano.

#DígochoEu: Como se di 'carrilleras de ternera estofadas'?

E logo que pensabas? Ao #DígochoEu tamén nos chegan dúbidas relacionadas con vodas, bautizos e comuñóns!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ISLANDIA? XIV

Continúo coa serie adicada a Islandia, esa illa europea situada no océano Atlántico, coñecida pola súa impresionante paisaxe volcánica, glaciares e auroras boreais. País cunha poboación relativamente pequena, onde a enerxía renovable e o turismo son piares importantes da súa economía.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2. Halla Tómasdóttir (Reikiavik, 11 de octubre de 1968) é unha empresaria e política islandesa que ocupa o cargo de Presidenta de Islandia desde 2024.

E imos coa pegunta de hoxe!

14. Islandia forma parte da Unión Europea?

- SI

- MON

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: es.wikipedia.org e educativo.ign.es

URANO XA TEN 29 LÚAS

Urano é o planeta con máis lúas do Sistema Solar e o telescopio espacial James Webb descubriu unha nova, de só dez quilómetros de diámetro, o que eleva a cifra dos seus satélites a 29.

Polo momento, a nova lúa foi designada como S/2025 Ou1 e o seu nome deberá ser aprobado pola Unión Astronómica Internacional (IAU), a principal autoridade na asignación de nomes e designacións oficiais aos obxectos astronómicos.

É unha lúa pequena, pero un descubrimento significativo, algo que nin sequera a nave espacial Voyager 2 da NASA viu durante o seu sobrevoo hai case 40 anos”, destacou Maryame El Moutamid, do Instituto de Investigación do Suroeste (EE UU), responsable da detección con observacións do Webb.

Como se estima que a lúa ten só 10 quilómetros de diámetro, é probable que o seu diminuto tamaño fixésea invisible para a Voyager 2 e outros telescopios, informou a NASA. E por iso mesmo tamén existe a esperanza de atopar máis lúas ao redor de Urano.

Ningún outro planeta do Sistema Solar ten tantas lúas internas pequenas como Urano e as súas complexas interrelacións cos aneis “apuntan a unha historia caótica que difumina a fronteira entre un sistema de aneis e un sistema de lúas”, dixo Matthew Tiscareno, do Instituto SETI (EE UU).

A recentemente descuberta está a 56.000 quilómetros do centro de Urano e a súa órbita case circular “suxire que puido formarse preto da súa localización actual”.

Trátase da décimo cuarta e máis pequena do complexo sistema de lúas internas, que orbitan cara ao interior das máis grandes, con nomes como Miranda, Ariel, Umbriel, Titania e Oberón, todos eles por personaxes de William Shakespeare e Alexander Pope.

Este descubrimento subliña, asegurou El Moutadim, como a astronomía moderna “segue construíndo sobre o legado de misións como a Voyager 2, que sobrevoou Urano o 24 de xaneiro de 1986 e ofreceu á humanidade a súa primeira visión próxima deste misterioso mundo”.

Agora, case catro décadas despois, Webb está a proporcionar “nova perspectiva do sistema solar exterior” e ampliando “aínda máis esa fronteira”, explica.

FONTE: el pais.com/ciencia

#DígochoEu Moito ollo con arroxar!

En galego temos o verbo ’arroxar’, pero moito ollo co seu significado!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ISLANDIA? XIII

Continúo coa serie adicada a Islandia, esa illa europea situada no océano Atlántico, coñecida pola súa impresionante paisaxe volcánica, glaciares e auroras boreais. País cunha poboación relativamente pequena, onde a enerxía renovable e o turismo son piares importantes da súa economía.

A contestación correcta á pregunta de onte é República Parlamentaria. A forma de goberno de Islandia é a de república parlamentaria. A actual república proclamouse o 17 de xuño de 1944. Desde o 1 de decembro de 1918, e ata ese día, Islandia fora un estado soberano baixo a coroa danesa. Tras o referendo constitucional celebrado en maio dese ano, ocorrido mentres Dinamarca atopábase ocupada por Alemaña, aprobouse a independencia definitiva. O parlamento islandés, chamado Althing, foi creado no ano 930, polo que considérase o máis antigo do mundo.

E imos coa pegunta de hoxe!

13. Cal é a Presidenta de Islandia?

- 1

- 2

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org