Blogia

vgomez

CANTO SABES DE ARAGÓN? XII

Continúo coa serie adicada a Aragón, un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única.

A contestación correcta á pregunta de onte é 731. Aragón divídese en tres provincias desde a división territorial de 1833 que son, Huesca, Teruel e Zaragoza. Cada provincia ten unha serie de comarcas: Huesca con 10, Teruel tamén con 10 e Zaragoza conta con 16 comarcas (3 delas compartidas con Huesca) e á vez estas divididas en municipios. Aragón conta cun total de 731 municipios, dos cales 293  (un 40,1% do total) pertencen á provincia de Zaragoza, 236 (un 32,3% do total) á de Teruel e 202 (un 27,6% do total) á de Huesca.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Nas Cortes de Aragón recae o poder lexislativo, representando ao pobo aragonés, pero cantos son os deputados que o forman?

- 47

- 57

- 67

- 87

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Que fago se os #cibercarrachos me atacan e son vítima de ‘carding’?

O "carding" é un tipo de fraude cibernético no que os delincuentes utilizan datos de tarxetas de crédito roubadas ou adquiridas ilegalmente para realizar compras en liña ou para outros fins fraudulentos. Consiste en obter a información dunha tarxeta de crédito de forma ilexítima e utilizala para realizar transaccións sen autorización.

Coidado cos #cibercarrachos 😈!

#DígochoEu

#DígochoEu: Sabes o que significa 'andar nas falas'?

Andar nas falas! Coñeces esta expresión? Esther danos o seu significado!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ARAGÓN? XI

Continúo coa serie adicada a Aragón, un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1. O único parque nacional de Aragón é o parque nacional de Ordesa e Monte Perdido, o segundo parque nacional creado en España, en 1918. Atópase nos Pireneos na comarca do Sobrarbe, ocupa unha extensión de 15.608 ha, á parte dos 19.679 ha da zona periférica de protección.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cantos municipios ten Aragón?

- 431

- 531

- 631

- 731

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxes: hernandezrabal.com e es.wikipedia.org

SOPA DE LETRAS CLXXV

GATO          LEÓN            OCELOTE

PUMA          LINCE          XAGUAR

TIGRE          PANTERA    GUEPARDO

CARACAL

SABÍAS QUE... CANTOS CORAZÓNS TEN UN POLBO?

A diferenza da maioría dos animais, os polbos posúen un sistema cardiovascular complexo que inclúe varios corazóns, cada un con funcións específicas que lles permiten sobrevivir na súa contorna acuática.

A diferenza dos humanos, que teñen un só corazón con catro cavidades, os polbos contan con tres corazóns. Esta adaptación é esencial para a súa vida no océano, onde a eficiencia no transporte de osíxeno é crucial. O corazón máis grande e máis forte é o corazón sistémico, que se encarga de bombear o sangue osixenado a todo o corpo do polbo, excepto ás branquias. Este corazón localízase no centro do corpo do polbo e é fundamental para manter a circulación sanguínea adecuada.

Ademais do corazón sistémico, os polbos teñen dous corazóns branquiais, situados cada un xunto a unha branquia. Estes corazóns máis pequenos e menos musculosos desempeñan un papel crucial no proceso de osixenación do sangue. A súa función principal é bombear o sangue pobre en osíxeno cara ás branquias, onde se produce o intercambio de gases. Este deseño de tres corazóns permite que os polbos manteñan un fluxo constante de sangue osixenado, esencial para a súa supervivencia na auga.

A presenza de múltiples corazóns nos polbos non só é unha curiosidade biolóxica, senón tamén unha adaptación evolutiva que lles permite prosperar na súa contorna mariña. A eficiencia do seu sistema cardiovascular é un testemuño da complexidade e a sofisticación destes animais. A medida que exploramos máis sobre os polbos e a súa bioloxía, queda claro que o seu sistema cardiovascular é unha das moitas razóns polas que estes moluscos son considerados entre os animais máis intelixentes do océano.

FONTE: Mar Aguilar/muyinteresante.com

CANTO SABES DE ARAGÓN? X

Continúo coa serie adicada a Aragón, un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única.

A contestación correcta á pregunta de onte é Ibón. É o termo en idioma aragonés, que ao pasar ao castelán quedou relegado para denominar os pequenos lagos de montaña de orixe glaciar​ situados nos Pireneos aragoneses, desde a zona do val de Ansó ata a contorna da Tuca do Aneto. Na lingua aragonesa o seu significado é máis xeral, usado para denominar calquera lago ou estanque. Por exemplo, na cidade de Huesca, á fonte con maior tradición denomínana «Fonte do Ibón». Están «censados» un total de 197 ibones de moi diferentes tamaños e formas;​ algúns son utilizados para alimentar pequenas centrais hidroeléctricas.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cantos Parques Nacionais hai en Aragón?

- 0

- 1

- 2

- 3

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Unha fonda alá no fondo

Fonda é unha palabra relacionada coa hostalaría, pero hai outras palabras relacionadas con esta pero non son o mesmo!

#DígochoEu