Blogia

vgomez

CURIOSIDADES DE XEOGRAFÍA QUE QUIZAIS NON COÑEZAS III

Continúo coa viaxe dando a volta ao mundo para localizar características xeográficas da Terra incribles e marabillosas que quizais non coñezas.
 

3. Chimborazo



Viaxamos ata o punto da Terra máis próximo ao Sol. Trátase de Chimborazo, un estartovolcán inactivo de Ecuador, situado nos Andes centrais. E por que é o punto máis próximo ao Sol (por que non o Everest)? É debido á protuberancia ecuatorial da Terra. O seu cume atópase a 6.263 metros sobre o nivel do mar, pero debido á forma achatada do planeta, esténdese máis lonxe do centro da Terra que o Monte Everest e de aí a súa primeira posición neste asunto xeográfico.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org e feuerberge.gipfelblicke.de

O CEO DO MES: MAIO 2024

Para disfrutar das Eta Acuáridas, debes orientarte cara a constelación de Acuario /Xenerador de imaxes da IA Dall-E/eltiempo.es

1 de maio: Cuarto Minguante

8 de maio: Lúa Nova

15 de maio: Cuarto Crecente

23 de maio: Lúa Chea. Lúa das Flores

30 de maio: Cuarto Minguante

Chuvia de meteoros: Eta Acuáridas: do 19 de abril ao 28 de maio, con máximo na noite do día 4 ao 5. O seu radiante é a constelación de Acuario, preto de Eta Aquarii, e o seu corpo proxenitos é o cometa Halley

#DígochoEu: ‘Fácil’ ou ‘doado’?

Son correctas as dúas formas!

#DígochoEu

CURIOSIDADES DE XEOGRAFÍA QUE QUIZAIS NON COÑEZAS II

Continúo coa viaxe dando a volta ao mundo para localizar características xeográficas da Terra incribles e marabillosas que quizais non coñezas.

2. Illas Diómedes



As illas separadas polo tempo. Situadas no Estreito de Bering entre Alaska e Rusia, son únicas porque están separadas pola Liña Internacional de Cambio de Data. É o único lugar onde colindan Estados Unidos e Rusia; sitúanse exactamente no límite entre Alaska e a península de Chukotka. A illa máis grande pertence a Rusia, mentres que a pequena, forma parte dos Estados Unidos. A diferenza horaria entre as dúas illas é de 21 horas.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org  Imaxes: es.wikipedia.org e weblogs.eitb.eus

CURIOSIDADES DE XEOGRAFÍA QUE QUIZAIS NON COÑEZAS

O noso planeta Terra é un mundo fascinante e complexo cheo de fenómenos e características xeográficas incribles, polo que é probable que non conezas moitas delas.  A partir de hoxe realizaremos unha viaxe dando a volta ao mundo pasando por esas curiosidades. 

Comezamos!

1. Lago de Constanza

Empezamos por este lago con fronteiras en tres países distintos. O lago de Constanza está situado entre Alemaña, Suíza e Austria, aínda que as fronteiras non están oficialmente definidas entre os tres países, polo que os límites do lago foron un tema de debate durante séculos. Mentres que Suíza mantén a idea de que a fronteira pasa polo medio do lago, Austria considera que o lago está suxeito ao condominio dos tres Estados nas súas marxes. Alemaña mantén unha opinión ambigua. Cuestións legais relacionadas coa circulación de barcos e pesca son rexidas en tratados separados.

Ten 536 km² de superficie e está aunha altitude media de 395 m.

Continuará...

FONTE e Imaxes: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org  

CANTO SABES DE COLOMBIA? XX (FIN)

Remato coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México.

A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é Juan Luis Guerra. Juan Luis Guerra Seijas naceu en Santo Domingo, Distrito Nacional, o 7 de xuño de 1957. Cantautor, arreglista, músico, produtor musical e empresario dominicano. Con máis de 40 anos de carreira, vendeu máis de 30 millóns de discos​, ganando numerosos premios, incluídos 27 Grammy Latinos, 2 Grammy estadounidenses e 11 Premios Latin Billboard. O seu estilo propio mestura o merengue, bolero e salsa con fusións afroantillanas, xunto coas bases da bachata popular dominicana.

E así remato a serie, esperando que servise para coñecer mellor este singular país!

Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxe: elespañol.com

#DígochoEu: Que maneira tan curiosa de falar no Grove!

Co alumnado do IES As Bizocas de San Vicente coñecemos esa forma curiosa de falar!

#DígochoEu

CANTO SABES DE COLOMBIA? XIX

Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México.

A contestación correcta á pregunta de onte é Gabriel García Márquez. Naceu en Aracataca-Magdalena, Colombia, o 6 de marzo de 1927 e morreu en Cidade de México o 17 de abril de 2014. Escritor e xornalista colombiano, recoñecido polas súas novelas e contos, tamén escribiu narrativa de non ficción, discursos, reportaxes, críticas cinematográficas e memorias. En 1982 recibiu o Premio Nobel de Literatura polas súas novelas e historias curtas, nas que o fantástico e o real combínanse nun mundo ricamente composto de imaxinación, o que reflicte a vida e os conflitos dun continente. A súa obra máis coñecida, a novela Cen anos de soidade, é considerada unha das máis representativas desa corrente literaria (realismo máxico), e mesmo se considera que ao éxito da novela débese que o termo se aplique á literatura xurdida a partir de 1960 en América Latina.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

19. Aquí tes unha lista de artistas musicais colombianos. Pero un deles non é colombiano. Saberías dicir cal é?

1- Shakira

2- J Blavín

3- Carlos Vives

4- Diomedes Díaz

5- Maluma

6- Silvestre Dangond

7- Juanes

8- Juan Luis Guerra

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: biografiasyvidas.com e es.wikipedia.org