Blogia

vgomez

SOPA DE LETRAS CLV

AUSTERIDADE       CRISPACIÓN       POLITIZACIÓN

EDULCORAR          MANIPULAR        EUFEMISMOS

RECORTES             AMNISTÍA            IMPUTADO

REXENERACIÓN    MODERACIÓN     XUSTIZA

CURIOSIDADES DE XEOGRAFÍA QUE QUIZAIS NON COÑEZAS VI

Continúo coa viaxe dando a volta ao mundo para localizar características xeográficas da Terra incribles e marabillosas que quizais non coñezas.

6. Ollo do Sahara



A chamada estrutura Richat ou Ollo do Sahara, é unha forma circular no Deserto do Sáhara de Mauritania, atraeu a atención dende as primeiras misións espaciais debido a que conforma un marcado ollo escuro na vastedade erma e monótona do deserto.

Descrita por algúns coma unha prominente amonita no deserto, a súa visibilidade (ten un diámetro de case 50 quilómetros) converteuse nunha referencia para as tripulacións espaciais. Inicialmente interpretouse coma o impacto dun meteorito debido ó seu alto grao de cirularidade, inda que agora pénsase que non é máis ca un afloramento simétrico dun anticlinal amosado pola erosión. As bases resistentes inferiores que a rodean están formadas por cuarcita do Paleozoico.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org    Imaxes: NASA/GSFC/MITI/ERSDAC/JAROS e epe.es

TERRA PODERÍA TER DÍAS DE 25 HORAS

Algunha vez sentiches que as horas do día non son suficientes para facer todo o que queres? Boas noticias: un estudo da Universidade Técnica de Múnic (UTM) suxire que poderiamos ter días de 25 horas no futuro.

Este prognóstico baséase na análise da desaceleración gradual na rotación do planeta, é dicir, o movemento da Terra cada 24 horas, responsable dos días e as noites, un fenómeno que foi obxecto de estudo durante anos.

Segundo os científicos, a Terra experimentou unha desaceleración na súa rotación ao longo da súa historia, un proceso impulsado por diversos factores como a influencia gravitacional da Lúa, a fricción das mareas oceánicas e a circulación atmosférica.

Estes cambios, aínda que imperceptibles para nós no día a día, deixaron a súa pegada na historia xeolóxica do planeta. Hai 1.400 millóns de anos, un día terrestre apenas duraba 18 horas e 41 minutos, mentres que na era dos dinosauros estendíase a 23 horas.

O estudo da UTM, que logrou medir cunha precisión sen precedentes a velocidade de rotación da Terra, baseouse en datos recompilados utilizando un interferómetro láser de anel óptico, unha ferramenta avanzada que permite detectar variacións na velocidade de rotación terrestre cunha resolución duns poucos milisegundos.

Os resultados indican que a velocidade de rotación da Terra está a diminuír gradualmente a un ritmo aproximado de 1,7 milisegundos por século. Este fenómeno, atribuído principalmente a factores como a fricción das mareas e a actividade sísmica, podería levar a que os días terrestres esténdanse a 25 horas.

Iso si, non creas que isto imos velo a curto prazo, pois o estudo data este histórico cambio nun prazo duns 200 millóns de anos.

O xiróscopo láser de anel utilizado na investigación foi clave para mellorar a precisión na medición da rotación terrestre. Este instrumento, situado no Observatorio Geodésico de Wetzell, permitiu aos científicos detectar cambios na velocidade de rotación da Terra de apenas 6 milisegundos cada dúas semanas, o que proporciona unha nova comprensión sobre a dinámica do noso planeta.

A pesar da distancia temporal deste cambio, expón interrogantes fascinantes sobre o futuro da humanidade e a configuración do planeta. Como afectará esta prolongación dos días ás nosas actividades diarias? Que impacto terá nos ecosistemas e na vida en xeral? Estas son preguntas que poderían merecer unha maior atención a medida que avanzamos cara a un futuro no que os días serán un pouco máis longos.

FONTE: María Carbajo/abc.es/ciencia          Imaxe: ayacuchoaldia.com.ar

CURIOSIDADES DE XEOGRAFÍA QUE QUIZAIS NON COÑEZAS V

Continúo coa viaxe dando a volta ao mundo para localizar características xeográficas da Terra incribles e marabillosas que quizais non coñezas. 

5. A árbore dobre de Casorzo

 

Unha árbore que medra sobre outra árbore? Así é o Bialbero do Malvasia dei Casorzo ou Árbore Dobre de Casorzo, situado fronte á estrada SP38 entre as localidades de Semente e Casorzo Monferrato en Piamonte, Italia. O conxunto está formado por unha cerdeira (Prunus cerasus) que medra sobre unha árbore de moreira (Morus nigra). Trátase dun fenómeno natural único no que as dúas árbores están completamente integrados e as súas raíces atópanse entrelazadas nun auténtico espectáculo da natureza. 

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Nom digas *yugular

*Yugular é unha palabra incorrecta no galego. Esther danos alternativas!

#DígochoEu

OFIUCO, O SIGNO 13 DO ZODÍACO

Cando se achega o final do outono, é a época dos nados baixo o signo de Ofiuco. Se acudimos ás verdadeiras raíces astronómicas dos signos do zodíaco, veremos que son 13, e non 12, como nos indica o horóscopo. Reivindicar á esquecida Ofiuco convídanos a descubrir o noso verdadeiro signo e a contemplar as espectaculares constelacións zodiacales que dominan as noites desta época do ano.

Hai un catastro que divide o ceo en parcelas, que axudan aos astrónomos para identificar a posición das estrelas, planetas e obxectos na bóveda celeste. A estas leiras chamámoslles constelacións e son agrupacións de estrelas que se corresponden coa mitoloxía celeste herdada da antiga Grecia. Algunhas son máis famosas que outras. Poucas veces óese nomear as constelacións de Camelopardalis, Sagitta ou Boyero; con todo, outras como Saxitario, Touro ou Capricornio son moito máis coñecidas.

Estas últimas son as constelacións do zodíaco, do grego zoodiakos, que significa “roda dos animais”, aínda que neste grupo coáronse unha báscula, unha virxe, uns xemelgos e un aguador (Balanza, Virxe, Xemelgos e Acuario). Está claro que non é unha relación animal a que as fai especiais, estas constelacións están nunha zona moi particular do ceo, a liña por onde avanza o Sol durante o ano.

Diagrama que mostra por que o Sol “está” na constelación de Ofiuco a principios de decembro / Borja Tosar

Detrás do Sol hai estrelas, aínda que non as podamos ver debido á dispersión da luz na atmosfera da Terra. Pero se as puidésemos ver, diriamos que en calquera momento do ano o Sol “está” nalgunha das constelacións zodiacales, xa que no seu percorrido anual o astro sempre aparenta ocupar unha destas parcelas. E cando dicimos que alguén é Touro ou Saxitario, o que indicamos é a constelación na que estaba en Sol no momento do seu nacemento: o signo zodiacal non é máis que unha referencia astronómica á posición do Sol no ceo con respecto ás estrelas de fondo.

Con todo, estes signos non están ben calibrados. Se utilizamos un planisferio celeste, veremos que entre o 30 de novembro e o 18 de decembro o Sol ocupa unha desas constelacións pouco famosas: Ofiuco, o Serpentario ou encantador de serpes. Os nados entre estas datas son, por necesidade, de signo zodiacal Ofiuco.

Se seguimos observando a relación entre a posición do Sol e o fondo de estrelas, veremos que pouco coincide co calendario de signos ao que estamos habituados segundo os horóscopos:

TÁBOA: Signos zodiacales reais, segundo as fronteiras entre constelacións que estableceu a Unión Astronómica Internacional (IAU) en 1930

Signo Inicio Fin
Capricornio 19 de xaneiro
15 de febreiro
Acuario 16 de febreiro 11 de marzo
Peixes 12 de marzo 18 de abril
Ariete/Carneiro 19 de abril 13 de maio
Touro 14 de maio 19 de xuño
Xéminis 20 de xuño
20 de xullo
Caranguexo/Cangrexo 21 de xullo
9 de agosto
León 10 de agosto 15 de setembro
Virxe 16 de setembro 30 de outubro
Balanza
31 de outubro 22 de novembro
Escorpión 23 de noviembre 29 de noviembre
Ofiuco 30 de novembro 17 de decembro
Saxitario 18 de decembro 18 de xaneiro

Por que non aparece Ofiuco como constelación zodiacal no horóscopo? Por que non coinciden as datas? Non o fan porque hai 2.500 anos, cando se orixinou o horóscopo na antiga Babilonia, o Sol pasaba en datas diferentes por cada unha das constelacións zodiacais, aproximadamente catro semanas antes.

Os nosos astrónomos rexistran que agora, cada ano, o Sol entra en Ariete o 19 de abril, como un reloxo. Pero debido ao movemento de precesión terrestre, o Sol é como un reloxo que atrasa aproximadamente un cuarto de hora cada ano. Ao cabo de moitos séculos ese atraso foise acumulando e agora o Sol entra en Ariete case un mes despois do que rexistraban os babilonios, e do que marcan os horóscopos.

Podería entón dicirse que a cada persoa correspóndelle realmente o signo inmediatamente anterior ao que marca o seu horóscopo. Pero tampouco é certo. O Sol só transita unha semana en Escorpión, mentres que en Virxe pasa mes e medio: estes tempos de paso son iguais agora que hai 2.500 anos, e difiren moito da división dun mes por cada signo do horóscopo que estableceron de maneira arbitraria os astrólogos babilonios, que decidiron prescindir de Ofiuco e quedar cun número máis redondo de 12 signos, como no calendario de 12 meses.

Ophiuchus sosteniendo la serpiente, como se muestra en El espejo de Urania, un conjunto de tarjetas de constelaciones publicadas en Londres en 1825. Fuente: <em><strong>Biblioteca del Congreso de los Estados Unidos</strong></em>

Ophiuchus sostendo a serpe, como se mostra no espello de Urania, un conxunto de tarxetas de constelacións publicadas en Londres en 1825 / Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos

Seguir ese calendario permitiu aos astrólogos babilonios predicir cando chegaba o verán ou a época da colleita. O poder que iso lles deu acabou derivando en que se aventurasen a predicir acontecementos como o resultado dunha batalla ou a personalidade dun individuo, baseándose no seu signo do zodíaco.

A base da astroloxía non se corresponde con observacións do mundo real, é unha invención que non encaixou co movemento dos astros nin sequera na súa orixe. Non ten máis utilidade que a dun calendario alternativo, cuns meses que se corresponden con figuras mitolóxicas. Pero o zodíaco pódenos servir como unha guía para observar as figuras das súas constelacións (que sempre ven no ceo sobre o horizonte sur, no hemisferio norte e sobre o horizonte norte, no hemisferio sur) e lembrar as súas correspondentes lendas.

Zona de Saxitario, pódense ver as nebulosas da Lagoa e Trífida / Óscar Blanco

Durante este final de outono e principio de inverno non podemos recomendar observar Ofiuco, coñecido na mitoloxía como o “cazador de serpes” e representado como un heroe loitando cun réptil, porque xusto cando nacen os “ofiucos” é cando o Sol pasa por diante da súa constelación: ao ser de día, non poden verse as súas estrelas. Pero si podemos observar outras impresionantes constelacións:

* Saxitario é unha das constelacións máis ricas en obxectos astronómicos, un paseo con prismáticos na zona desvela nebulosas como a Trífida ou A Lagoa e gran cantidade de cúmulos de estrelas.

* Touro destaca grazas á súa estrela máis brillante, Aldebarán, unha xigante facilmente identificable a primeira ollada pola súa cor vermella, representando un dos ollos do animal. Sobre o lombo, tamén sen axuda óptica, pódese ver un grupo de estrelas: as Pléiades.

    Primeiro plano (virado) das nebulosas da Lagoa e Trífida / Óscar Blanco

* Cara ao leste de Touro pódese ver a constelación de Xemelgos, na que se identifican dúas estrelas de primeira magnitude, Castor e Polux, como as cabezas dos dous xemelgos que representan.

 * Un pouco máis ao leste de Xemrlgos, pódese ver León, unha das constelacións coa forma máis recoñecible de todo o catálogo: moitas son as civilizacións que coinciden en recoñecela como o León. Entre as súas estrelas destaca Regulus, unha das máis brillantes de todo o firmamento.

* Durante estes días parecerán saír da constelación de León estrelas fugaces, xa que se produce a choiva de Leónidas. Famosas pola súa espectacularidade, é fácil estas noites ver estrelas fugaces moi brillantes, pero en moita menor cantidade que noutras choivas como as Perseidas de agosto ou as Xemínidas de decembro.

As constelacións zodiacais non nos servirán para adiviñar o futuro, pero son a escusa perfecta para afastarse das luces das cidades ou núcleos de poboación e gozar dunha boa noite de observación.

FONTE:  Borja Tosar/bbvaopenmind.com/ciencia

CURIOSIDADES DE XEOGRAFÍA QUE QUIZAIS NON COÑEZAS IV

Continúo coa viaxe dando a volta ao mundo para localizar características xeográficas da Terra incribles e marabillosas que quizais non coñezas. 

4. O mar dos Sargazos

Mergullámonos no mar sen beiras. O mar dos Sargazos é unha rexión do océano Atlántico delimitada por catro correntes oceánicas, que crean unha área de augas relativamente tranquilas. É o único mar sen un límite terrestre (por tanto, non ten costa), e é coñecido polas súas distintivas masas flotantes de algas do xénero Sargassum que poden crecer ata varios metros.

Está delimitado ao oeste pola corrente do Golfo, ao norte pola corrente do Atlántico Norte, ao leste pola corrente de Canarias e ao sur pola corrente Ecuatorial do Atlántico Norte, formando as catro xuntas un sistema de correntes oceánicas que circulan no sentido das agullas do reloxo denominado xiro do Atlántico Norte.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org e ciad.mx

#DígochoEu: Mariña mariñá

Coidado con estas palabras. Atentos ás explicacións de Esthter!

#DígochoEu