Blogia
vgomez

CURIOSIDADES DE XEOGRAFÍA QUE QUIZAIS NON COÑEZAS IV

Continúo coa viaxe dando a volta ao mundo para localizar características xeográficas da Terra incribles e marabillosas que quizais non coñezas. 

4. O mar dos Sargazos

Mergullámonos no mar sen beiras. O mar dos Sargazos é unha rexión do océano Atlántico delimitada por catro correntes oceánicas, que crean unha área de augas relativamente tranquilas. É o único mar sen un límite terrestre (por tanto, non ten costa), e é coñecido polas súas distintivas masas flotantes de algas do xénero Sargassum que poden crecer ata varios metros.

Está delimitado ao oeste pola corrente do Golfo, ao norte pola corrente do Atlántico Norte, ao leste pola corrente de Canarias e ao sur pola corrente Ecuatorial do Atlántico Norte, formando as catro xuntas un sistema de correntes oceánicas que circulan no sentido das agullas do reloxo denominado xiro do Atlántico Norte.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org e ciad.mx

0 comentarios