#DígochoEu: Como? Que aínda non sabes diferenciar entre segredo e secreto?
Segredo e secreto son palabras correctas galedo, pero non as confundas!
#DígochoEu
Segredo e secreto son palabras correctas galedo, pero non as confundas!
#DígochoEu
Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México.
A contestación correcta á pregunta de onte é 2. A saber...
E imos coa pregunta de hoxe!
3. Cal é a capital de Colombia?
- Medellín
- Bogotá
- Cali
-Cartagena
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org
Sambesuga (Hiduro menicibalis) / es.wikipedia.org
O médico francés François Joseph Victor Broussais estipulou no século XIX que todas as enfermidades se desenvolven no tracto gastrointensinal e viaxan polo sistema simpático ata que afectan os órganos. Unha das prácticas que defendía para atallar este problema consistía en sangrías con sambesugas, que radicaba en eliminar o sangue prexudicado e “restaurar” a saúde. Non era, nin moito menos, o primeiro doutor que se servía destes vermes para insumo médico, pero as súas teorías triunfaron tanto dende Francia que ocasionaron unha sobreexplotación do recurso en varios puntos da península, entre eles, a Lagoa de Antela (Ourense). Un novo traballo elaborado na Universidade de Santiago en colaboración coa Universidade de Cádiz demostra a importancia da comunidade galega no comercio internacional destes animais dende 1820. “O proceso foi tan importante que en 1827 Galicia convértese no primeiro territorio en prohibir a extracción de sambesugas”, explica Damián Copena, do Departamento de Economía Aplicada da USC.
O artigo O comercio de sambesugas hispano-francés e as súas consecuencias: dende o aumento da demanda médica ata o esgotamento dos recursos e a innovación técnica foi publicado na revista Medical History. O seu obxectivo é estudar a recolección, regulación, ámbitos de demanda de uso médico das sambesugas e as relacións comerciais de España con Francia dende o século XIX ata 1860. A febre das sambesugas tivo o seu máximo apoxeo en 1832 e disto deixouse constancia en múltiples documentos históricos que analizan Copena e a coautora do traballo, a profesora María Gómez-Martín. Tanto na península como en Galicia houbo un intenso proceso de recopilación de vermes para exportar a Francia. Na Lagoa de Antela instalouse unha factoría que deixaba, como anotaban os investigadores, “para os franceses tanto lucro como puidesen os atúns nas almadrabas de Conil”. Damián Copena, sostén que a explotación deste recurso “aconteceu nun período relativamente curto de tempo, por iso é algo descoñecido”.
Este comercio efímero pero de grandes repercusións para o medioambiente estivo baseado na demanda dun recurso natural con pouca regulación. Con todo, tivo tanta relevancia que se desenvolveu un corpus normativo para establecer un control á comercialización con medidas restritivas. “En Galicia a norma evidencia o impacto da extracción de sambesugas. As iniciativas tratan de recuperar os recursos para incrementar as cantidades”, apunta o investigar da USC. En 1839 prohibiuse capturar o anélido e a medida foi complementada con outras que impulsaban “solucións tecnolóxicas” para aumentar as poboacións. E é que, no noroeste da penísula, o lugar de referencia para a recolección do animal que aportaría milagres médicos se atopaba en Ourense. Segundo indica o artigo publicado polos expertos, os franceses mercaban sambesugas a catro reais por libra (que eran de trinta a corenta docenas).
As consecuencias nos recursos naturais tamén se observaron en Francia: o esgotamento de sambesugas, o aumento do prezo dos anélidos e una escasa resposta no ámbito comercial e médico. “En 1825 tiña que ser moi difícil transportar sambesugas vivas de Galicia a Francia. Era unha actividade moi lucrativa para os franceses, non tanto para os galegos”, explica Copena. Os autores atoparon na Gaceta de Madrid que o Goberno de España, a partir da información que subministrara a Subdelegación de Medicina, Cirurxía e Farmacia de Santiago de Compostela, considerou necesario controlar as poboacións destes vermes; á vez que o Goberno procuraba dar resposta ás demandas para a obtención de beneficios do comercio con Francia, en Galicia poñíanse en marcha medidas para “preservar este recurso médico”. Así comezaba un parón de dous anos no que se estableceu unha tempada exclusiva para poder capturar sambesugas, prohibindo a súa recolección durante os meses de marzo, abril e maio, época na que se reproducen.
“A prohibición discutiuse na prensa francesa, que explicou que, incluso se esta suspensión de dous anos da explotación tamén foi solicitada inicialmente por outros territorios españois, finalmente se concluíu que a zona máis afectada era Galicia, e a temporada de peche estableceuse en última instancia só aí e durante os meses da primavera”, sinalan os autores.
A pesar do ‘boom’, o aproveitamento destes animais existiu antes e despois, cando cirurxiáns e sangradores realizaban as curas que os médicos consideraban algo “mecánico”. Así se recolle nos Arquivos de Galicia, que apuntan que estes traballadores practicaban sangrías para evacuar o exceso de sangue do corpo (plétora) a través de flebotomías, sambesugas e ventosas, sendo unha “terapia tradicional galénica”. Iso si, en Galicia as capturas non provocaron o esgotamento do recurso. E é que a febre das sambesugas ocasionou que Francia importara máis de 57 millóns de exemplares. “Se iso [as teorías médicas arredor da sambesugas] acontece en París, no lugar do coñecemento, se se fai literatura científica arredor desas innovacións, inevitablemente aumenta a demanda nos hospitais e no ámbito militar”, engade o investigador da USC.
Como principal conclusión, o traballo esgrime como un cambio no coñecemento científico na Francia do século XIX cambiou a caracterización que posuía un animal, provocou un aumento da súa demanda, a creación de novos sistemas de transporte e o coñecemento asociado á actividade económica. Por exemplo, en España, para conservar as sambesugas fóra do seu hábitat natural, colocáronse nunha base de arxila en grandes contedores. A partir de 1850, as relacións entre España e Francia mudan e a península deixa de ser un provedor de sambesugas para ser un importador. “A necesidade de abastecer as farmacias e hospitais civís e militares, centros de caridade e prisións durante as décadas centrais do século XIX aumentou a presión sobre o recurso”, alegan os autores nas conclusións do traballo. Foi partir de 1860 cando a terapia con sambesugas se substitúe por outras baseadas na ciencia teórica moderna.
FONTE: Alba Tomé/gciencia.com
*Hollín é incorrecto en galego. Esther danos as alternativas!
#DígochoEu
Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México.
A contestación correcta á pregunta de onte é Ao norte, co océano Atlántico; ao leste, con Venezuela e Brasil; ao sur con Perú e Ecuador; e ao oeste, co océano Pacífico e Panamá.
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Cal é a bandeira de Colombia?
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: youtube.com e es.wikipedia.org
Cando falamos de Colombia temos que ter en conta que é país con maior biodiversidade do mundo. A razón é que parte da selva amazónica, a cordilleira de Ándes e a Serra Nevada de Santa Marta están en Colombia.
É o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América. É a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México.
Deste país, imos coñecer algo máis da súa cultura, etnografia, xeografía ... Apúntaste? Pois alá imos!
1. Cales son as fronteiras de Colombia?
- Ao norte, co océano Atlántico; ao leste, con Venezuela e Brasil; ao sur con Perú e Ecuador; e ao oeste, co océano Pacífico e Panamá.
- Ao norte, co océano Atlántico; ao leste, con Venezuela; ao sur con Perú e Ecuador; e ao oeste, co océano Pacífico .
- Ao norte, co océano Atlántico; ao leste, con Brasil; ao sur con Perú; e ao oeste, co océano Pacífico e Panamá.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes. temasambientales.com e es.wikipedia.org
Vórtice polar
O cambio produciuse ao redor do 4 de marzo, provocando un "pico de ozono" sen precedentes, e atópase entre os seis eventos deste tipo máis fortes desde 1979. Foi un repentino quecemento atmosférico e o anel de aire frío está a virar na dirección equivocada, algo que podería afectar os patróns climáticos globais. Con todo, espérase que volva á súa circulación normal en pouco tempo.
O vórtice polar atópase na estratosfera, que comeza entre 6 e 20 quilómetros sobre a superficie do planeta e alcanza aproximadamente 50 quilómetros por encima. Aínda que o vórtice polar é un fenómeno que ocorre durante todo o ano, tendemos a sentir a súa influencia xeada só no inverno, cando é máis forte.
Esta gran masa de aire frío e baixa presión xeralmente vira ao redor do Ártico, fluíndo e refluíndo ao longo das estacións, fortalecéndose no inverno e desaparecendo no verán. Con todo, cando se debilita ou se altera, ese aire frío que adoita estar confinado nas rexións polares, pode filtrarse a latitudes máis baixas e provocar importantes fenómenos meteorolóxicos.
É un xigantesco tornado de aire ártico que vira en sentido contrario ás agullas do reloxo que pode ter consecuencias moi reais para os humanos nas latitudes setentrionais. No pasado, as alteracións do vórtice polar (unha masa xiratoria de aire frío que rodea o Ártico) provocaron climas extremadamente fríos e tormentas en zonas como Estados Unidos ou Canadá, con ondas de frío que poden durar desde días ata semanas sombrías e xélidas.
Aínda que un revertemento de vórtice por mor dun quecemento estratosférico repentino pode provocar un clima frio, este non causou estragos pero si está a acelerar a propagación do ozono desde os trópicos aos polos. Aínda é pronto para analizar as consecuencias deste último revertemento do vórtice polar, pero os científicos xa observaron un aumento nos niveis de ozono na rexión ártica, nunha sorte de buraco de ozono inverso; pero pasado un tempo, os niveis de ozono volverán á normalidade a medida que o vórtice polar regresa ao seu habitual xiro en sentido contrario ás agullas do reloxo e, polo menos ata o de agora, non veu acompañado de cambios climáticos importantes.
Mirando máis a longo prazo, tendo sobre a mesa un mundo en constante quecemento, os científicos do clima non teñen moi claro como podería comezar a cambiar o vórtice polar.
O vórtice polar da Tierra estase a reverter misteriosamente /
A reversión actual é a segunda deste tipo en 2024, tras o primeiro evento aínda que máis pequeno que tivo lugar en xaneiro que causou unha breve onda de frío nalgúns estados de América do Norte, segundo os datos da National Oceanic and Atmospheric Administration (NOAA).
Como curiosidade, xa comprendemos que cando o vórtice polar é forte, mantén unha corrente en chorro máis estable e predicible, pero cando se debilita, pode provocar patróns climáticos máis extremos e impredicibles. Con todo, os científicos descubriron que un vórtice polar débil fai que os prognósticos meteorolóxicos sexan máis predicibles no norte de Europa, cunha redución no rango de posibles condicións climáticas en aproximadamente un 25%.
"O noso estudo lanza luz sobre fenómenos meteorolóxicos nos que a incerteza das previsións meteorolóxicas con varias semanas de antelación diminúe ou aumenta sistematicamente. Ademais, subliña como o uso práctico dos prognósticos a longo prazo pode beneficiarse dunha comprensión máis profunda do axuste remoto entre diferentes rexións atmosféricas", comenta Jonas Spaeth, estudante de doutoramento no Instituto Meteorolóxico de LMU e autor principal dun estudo publicado na revista Communications Earth & Environment.
Tendo en conta que os prognósticos meteorolóxicos a longo prazo, con varias semanas de antelación, adoitan ter pouca precisión, parece que os estados do vórtice polar ofrecen información valiosa para mellorar estas predicións.
Esta conclusión ten moitas implicacións prácticas, xa que a previsibilidade do clima é vital para a agricultura, a xestión enerxética e a saúde pública, entre outros sectores. Os agricultores poden planificar seméntaa e a colleita de maneira máis eficiente, os provedores de enerxía poden xestionar mellor a subministración de enerxía e os funcionarios de saúde poden prepararse para os brotes de enfermidades con prognósticos máis precisos, por exemplo.
FONTE: Sarha Romero/muyinteresante.es
De carracho a cibercaracho!
#DígochoEu