Blogia

vgomez

#DígochoEu: Non digas *isla nin *isleño

Atención a estas dúas palabras incorrectas en galego: *isla e *isleño!

#DígochoEu

O CEO DO MES: MARZO 2024

Equinoccio de primavera / enfoquenoticias.com.mx

3 de marzo: Cuarto Minguante

10 de marzo: Lúa Nova

17 de marzo: Cuarto Crecente

20 de marzo: Comezo da primavera

25 de marzo: Lúa Chea

31 de marzo: Cambio dehora. Horario de verán

Chuvia de meteoros: Nada reseñable.

#DígochoEu: Tres galeguismos do castelán que en galego son incorrectos

Moito temos falado aquí dos castelanismos que hai que evitar cando falamos en galego, pero o castelán tamén ten moitos galeguismos! Hoxe, Esther, fálanos de tres que son incorrectos en galego.

#DígochoEu

CANTO SABES DAS FILIPINAS? XVI

Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas.

A contestación correcta a pregunta de onte é 1.898. O arquipélago das Filipinas pasou a dominio español cando Miguel López de Legazpi, con 300 soldados, someteu Manila en 1.571 e emprendeu a ocupación de Luzón, a illa principal e máis importante. Ata o século XIX, as Filipinas foron a cuña comercial española en Asia oriental. O dominio español rematou en 1.898 coa derrota de España na Guerra hispano-estadounidense. Filipinas converteuse entón nun territorio dos Estados Unidos.



E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

16. Cal é o animal (A) e a flor (F) oficial de Filipinas?

A1 - Tarsius              F1 - Sampaguita

A2 - Tamarao            F2- Ylang-Ylang

A3- Carabao             F3 - Flor eterna

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: infodefensa.com e es.wikipedia.org

SABÍAS QUE... POR QUE AS CAIXAS DE OVOS CONTEÑEN DOCE OVOS E NON DEZ?



A antiga Mesopotamia, berce da civilización sumeria, acadia, babilónica e asiria, foi un crisol de innovación tecnolóxica e cultural. Entre os seus logros máis notables está a invención da escritura, da roda e de sofisticados sistemas de medida, os cales foron esenciais para a administración, o comercio e a agricultura.

Sabemos que os mesopotámicos utilizaron un sistema sexagesimal, baseado no número sesenta. E é que o sistema decimal, por moito que nos guste, tan só é divisible por 2 e 5, mentres que a base 60 é divisible por 2, 3 e 5.

Se contamos cunha man usando o polgar a modo de punteiro, as falanxes do restantes catro dedos permítennos contar ata doce (unha ducia), tres falanxes por catro dedos. E se agora usamos a outra man a modo de multiplicador podemos chegar ata sesenta (12 x 5 = 60). Noutras palabras, coas dúas mans pódese contar ata sesenta cunha enorme facilidade.

O mundo está infestado de matemáticas, cóansenos polas fisuras cotiás sen que nos deamos conta. Son, mesmo, a clave de por que os ovos almacénense de doce en doce nas caixas de ovos e non, por exemplo, de dez en dez, en decenas.

A razón é meramente práctica, se utilizásemos o sistema decimal só poderiamos dividir por dous ou por cinco, pero as ducias permítenos ampliar os divisores, xa que é posible dividir por dous, por tres, por catro e por seis. Desta forma as caixas de ovos, aínda que as menosprecemos, convertéronse nun dos obxectos de deseño industrial máis revolucionario.

Para coñecer a orixe da primeira caixa de ovos témonos que remontar ata 1.911 cando un xornalista, Joseph Coyle, escoitou unha disputa entre un granxeiro local e o dono dun hotel como consecuencia de por que os ovos que lle proporcionaba chegan rotos á cociña do hotel. Na súa procura dunha solución práctica Coyle ideou unha caixiña de papel maché, a base de xornais vellos e con ocos acolchados a cada lado para colocar un ovo, tratábase da primeira caixa de ovos da historia.

A distribución é moi importante, xa que se os envases son pares permite que se poidan almacenar en filas, que non haxa ocos entre eles e que, por suposto, non caia ningún, ademais de ser máis fáciles de transportar.

Algúns defenden que para coñecer a orixe da caixa de ovos en ducia debemos viaxar á Antiga Roma. Cando os descendentes de Rómulo chegaron a Inglaterra desenvolveron un sistema de medidas e unidades que mesturaba o imperial co local, de forma que 1 chelín estaba formado por 12 peniques. Isto facía posible que un ovo custase 1 penique e 12 ovos, un chelín.

É precisamente en chan británico onde xurdiu a expresión a ducia do panadeiro ou a ducia longa. E é que inglés a expresión baker’s dozen (ducia do panadeiro) fai relación á tradición que tiñan os panadeiros medievais ingleses de sisar algo no peso do pan, polo que se estableceu a práctica de que os panadeiros desen 13 unidades cada vez que se lles pedía unha ducia, compensado desta forma a subtracción.

E xa que falamos de ovos, o mellor lugar para colocalos no frigorífico non é a porta, senón ao fondo da neveira, e preferiblemente na balda superior. A razón baséase en que a porta da neveira é o punto que máis cambios de temperatura sofre ao abrirse e pecharse de forma continua, o cal favorece a proliferación microbiana.

Os ovos teñen unha casca porosa sobre a que pode haber multitude de microorganismos, entre eles Salmonella. Cando se producen cambios bruscos de temperatura favorécese que aparezan pingas de condensación, as cales poden arrastrar os microbios cara ao interior do ovo a través dos poros e favorecer unha intoxicación alimentaria. Por tanto, doce, pero nunca na porta.

FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia

#DígochoEu: #CIBERCARRACHOS: Non é tan doado borrar arquivos, fotos ou vídeos dun PC ou dun móbil!

Alternativas para borrar imaxes, arquivos, de forma definitiva?

#DígochoEu

CANTO SABES DAS FILIPINAS? XV

Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas.

A contestación correcta a pregunta de onte é Tagalo e ingés. En Filipinas fálanse máis de 170 linguas, case todas do grupo filipino dentro da familia austronesia. Soamente dúas delas, o filipino ou tagalo (unha variante de facto do tagalo) e o inglés son oficiais en todo o país. Ademais do tagalo, que é o idioma da capital, Manila, e da illa de Luzón, coexisten máis de 170 linguas autóctonas de orixe malayo-polinesio (en particular a maior parte de linguas de Filipinas de orixe austronesio parecen constituír un grupo filogenético chamado grupo filipino). As máis importantes por número de falantes no país son: Tagalo ou filipino: 22.000.000 principalmente en Luzón; Cebuano: 20.000.000 principalmente nas Bisayas Centrais e Mindanao; Ilocano: 7.700.000 en Luzón e outras illas; Hiligaynon ou ilongo: 7.000.000 nas Bisayas Occidentais; Bicolano: 3.700.000 principalmente en Bicolandia; Samareño: 3.100.000 principalmente en Sámar e Criollo chabacano: entre 2 e 3.000.000 principalmente en Zamboanga.



E imos coa pregunta de hoxe!

15. Filipinas foi colonia española máis de 300 anos. En que ano rematou este dominio?

- 1.798

- 1.898

- 1.987

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: woolafilipinas.com  e elindependiente.com

#DígochoEu: Non digas *chase nin *oase

Atención as palabras rematadas e -sis!

#DígochoEu