Blogia

vgomez

COGOMELOS RAROS QUE SE ATOPAN EN GALICIA IV

Continúo coa serie adicada aos cogomelos moi particulares ou raros que podemos atopar en Galicia, que coa chegada ao outono as condicións meteorolóxicas son idóneas para a proliferación destes fungos, polo que é a estación do ano na que máis especies agroman.

4. ORELLAS DE XUDAS

Outro particular exemplar de fungo é a orella de Xudas, Auricularia auricula-judae. Este cogomelo ten forma de orella e está presente nas catro provincias galegas. É un cogomelo saprotrófico que descompón madeiras, principalmente de planifolias (sabugueiro, freixo, ameneiro, carballo, etc.). 

Para quen empregue as excursións ao monte para coller cogomelos, trátase dun cogomelo xelatinoso de cor marrón, comestible (para quen lle guste a textura) e moi apreciado na cociña oriental.

Continuará…

FONTE: Nadia Iglesias/gciencia.gal/medioambiental      Imaxe: Wikimedia Commons

#Dígochoeu: Non digas *abuelo

Que si, que todos dicimos *abuelo e *abuela... pero debemos facer un esforzo e usar as palabras que temos no galego.

#DígochoEu

CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? VIII

Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.

A contestación correcta á pregunta de hoxe é Ámsterdam. Conta esta capital con 882.633 habitantes. Séguenlle Róterdam con 655.468 habitantes, A Haia con 553.417 habitantes, Utrecht con 361.699 habitantes e Eindhoven con 238.326 habitantes (febreiro 2023).

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cantas provincias ten Países Baixos?

- 8

- 10

- 12

- 14

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org           Imaxes: es.wikipedia.org

COGOMELOS RAROS QUE SE ATOPAN EN GALICIA III

Continúo coa serie adicada aos cogomelos moi particulares ou raros que podemos atopar en Galicia, que coa chegada ao outono as condicións meteorolóxicas son idóneas para a proliferación destes fungos, polo que é a estación do ano na que máis especies agroman.

3. ANTUCA DE SANGUE

Mycena haematopus é o nome desta especie de cogomelo saprotrófico que é relativamente habitual en carballeiras e soutos antigos. Medra sobre tocóns ou en grandes ramas caídas. A peculiaridade deste cogomelo é que, ao cortalo, segrega un látex de consistencia e cor similar ao sangue.

Continuará…

FONTE: Nadia Iglesias/gciencia.gal/medioambiental      Imaxe: Wikimedia Commons

#DígochoEu: CiberEsther (Hixiene dixital)

Hixiene dixital: uso adecuado da tecnoloxía!

#DígochoEu

CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? VII

Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.

A contestación correcta á pregunta de hoxe é aproximadamente 17 millóns de habitantes. Para facernos unha idea, Países Baixos ten unha poboación de 17.835.611 habitantes. España ten 48.446.594 habitantes. É dicir, España ten case tres veces máis habitantes. Iso si, ten unhas das densidades de poboación máis grande do mundo 429 habitantes por km². No caso de España está preto dos 96 hamitantes por km2.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é a cidade máis poboada dos Países Baixos?

- A Haia

- Ámsterdam

- Rotterdam

- Utrecht

- Eindhoven

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: exteriores.gob.es           Imaxes: datosmundial.com e sobreholanda.com

#DígochoEu: Como se di 'rehogar' en galego?

A esta consulta culinaria *rehogar, danos a resposta Esther!

#DígochoEu

COGOMELOS RAROS QUE SE ATOPAN EN GALICIA II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada aos cogomelos moi particulares ou raros que podemos atopar en Galicia, que coa chegada ao outono as condicións meteorolóxicas son idóneas para a proliferación destes fungos, polo que é a estación do ano na que máis especies agroman.

2. DEDOS DE HOME MORTO

Xylaria polymorpha é un fungo que simula os dedos dun cadáver. Aliméntase da madeira en descomposición ata adquirir a forma duns dedos que emerxen de debaixo da terra. Ver esta especie non é moi bo presaxio, xa que está a indicar que ese monte ou esa árbore na que se atopa está a morrer.

Os fungos do xénero Xylaria son bastante habituais en zonas de monte con árbores vellas. Ademais trátase dun xénero moi diverso que conta con máis de 500 especies. Segundo explica Mauro Rivas, investigador da Universidade de Vigo (UVigo), é complexo de identificar e ten diversos usos como, por exemplo, en ebanistería, onde se usa para crear de xeito natural patróns reticulados de cor negra na madeira; ou, por outra banda, para mellorar a calidade do son dalgúns instrumentos de corda.

Continuará…

FONTE: Nadia Iglesias/gciencia.gal/medioambiental      Imaxe: Wikimedia Commons