Blogia

vgomez

COGOMELOS RAROS QUE SE ATOPAN EN GALICIA VII

Continúo coa serie adicada aos cogomelos moi particulares ou raros que podemos atopar en Galicia, que coa chegada ao outono as condicións meteorolóxicas son idóneas para a proliferación destes fungos, polo que é a estación do ano na que máis especies agroman.

7. COGOMELO BIOLUMINISCENTE

O Panellus stipticus ten unha particularidade que probablemente non poderás apreciar durante o día. Esta especie de cogomelo saprófito é moi similar na súa forma ao cogomelo de ostra (Pleurotus ostreatus) pero considerablemente máis pequeno en tamaño e de textura coriácea, ademáis non é considerado comestible. Esta especie medra en grupos grandes e a súa característica máis destacable é que é bioluminiscente, emitindo unha “luz” de cor verde de noite, principalmente nas zonas das láminas e do pé.

Continuará…

FONTE: Nadia Iglesias/gciencia.gal/medioambiental      Imaxe: Wikimedia Commons

COGOMELOS RAROS QUE SE ATOPAN EN GALICIA VI

Continúo coa serie adicada aos cogomelos moi particulares ou raros que podemos atopar en Galicia, que coa chegada ao outono as condicións meteorolóxicas son idóneas para a proliferación destes fungos, polo que é a estación do ano na que máis especies agroman.

6. ESTRELAS DE TERRA

As estrelas de terra (Geastrum e Astraeus) son un tipo de “peidos de lobo” ou gasteromicetos no que as esporas se producen no interior dun saco, e son liberadas en cantidades inxentes ao aire para a súa dispersión. A súa peculiaridade reside en que o “saco” (peridio) no que se producen as esporas se divide en dúas partes: un endoperidio esférico que contén as esporas, de forma redonda; e un exoperidio duro e coriáceo que se separa do endoperidio e se expande formando a característica “estrela” que lles dá nome.

Continuará…

FONTE: Nadia Iglesias/gciencia.gal/medioambiental   

#DígochoEu: Non digas *alquiler nin *aluguer

En galego non temos *alquiler, pero ollo porque tampouco *aluguer. Hoxe, Esther explícanos cal é a forma correcta!

#DígochoEu

ENCRUCILLADO CXLV

VERTICAIS: 1. Pau ou vara con puño que se leva na man para apoiarse ao andar 2. Río más grande de Ásia 3. Capital administrativa de Suráfrica 5. Elemento químico de transición, metal precioso branco prateado, dúctil e maleable, empregado en xoiaría e na industria e de símbolo Pt 7. Peixe de corpo moderadamente alto e comprimido, tendo ao longo do ventre hai unha fileira de escamas que forman unha quilla, con dorso é escuro e o ventre prateado e unha mancha escura notable detrás da abertura branquial e unha serie de manchas máis pequenas a continuación da anterior, tendo por nome científico Alosa fallax.

HORIZONTAIS: 4. Relativo ou pertencente a unha tribo céltica agrupada en distintos clans que habitaba o extremo do noroeste galego, á que fan mención os historiadores antigos 5. Palabra neerlandesa que designa as superficies terrestres gañadas ao Mar do Norte 6. Arbusto ornamental da familia das apocináceas, de follas perennes, lanceoladas e velenosas e flores grandes brancas, vermellas ou rosáceas, segundo a variedade e de nome científico Nerium oleander 8. Nome do can pequeno e branco de Obélix, o mellor amigo de Astérix, a quen sempre acompaña e axuda 9. Última parte do estómago das aves, onde son triturados o gran e os demais alimentos.

CINE: NAPOLEÓN

Esta fin de semana chega aos cines a película Napoleón, baseada na historia real de Napoleón Bonaparte, que describe principalmente o ascenso ao poder do líder francés.

Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: Napoleon

Ano: 2023

Duración: 158 min.

País: Estados Unidos

Xénero: Cine épico. Drama.

Dirección: Ridley Scott

Guión: David Scarpa

Música: Martin Phipps

Fotografía: Dariusz Wolski

Produtora: Coprodución Estados Unidos-Reino Unido: Apple Studios, Scott Free Productions, Apple.

Distribuidora: Columbia Pictures, Apple TV+

Reparto: Joaquin Phoenix, Vanessa Kirby, Tahar Rahim, Rupert Everett, Mark Bonnar, Paul Rhys, Ben Miles, Riana Duce, Ludivine Sagnier, Edouard Philipponnat, Miles Jupp, Scott Handy…

Sinopse: Un retrato orixinal das orixes de Napoleón Bonaparte, que foi ascendendo desde a súa alistamiento nas forzas da Revolución Francesa como oficial de baixo rango, desmarcándose como un brillante estratego ata volverse o desapiadado emperador de toda Francia, así como a súa relación coa Emperatriz Xosefina, único amor verdadeiro.

Ultaviolenta, pero a interpertación de Napoleón fai unha película colosal!

COGOMELOS RAROS QUE SE ATOPAN EN GALICIA V

Continúo coa serie adicada aos cogomelos moi particulares ou raros que podemos atopar en Galicia, que coa chegada ao outono as condicións meteorolóxicas son idóneas para a proliferación destes fungos, polo que é a estación do ano na que máis especies agroman.

5. NIÑAIS

Con todo, non todos os cogomelos con referencias a animais ou ao corpo humano son terroríficos. Tanto a orella de Xudas, da que onte falamos, como os niñais, nome común da especie Cyathus striatus, teñen unha apariencia agradable. Esta especie de cogomelos ten forma de copa ou niño, con peridiolos que semellan os “ovos”, e con forma de disco no que se atopan as súas esporas. Debaixo hai unha estrutura con forma de resorte que reacciona á humidade, o que provoca que os peridiolos sexan disparados a grande velocidade para a dispersión das esporas. A pesar de ser moi común en bosques de frondosas, pode pasar desapercibida baixo a follaxe, servíndolle de camuflaxe, xa que son de moi pequeno tamaño.

Continuará…

FONTE: Nadia Iglesias/gciencia.gal/medioambiental      Imaxe: Wikimedia Commons

#DígochoEu: Que é un 'testo'?

Esther acláranos que é un testo!

#DígochoEu

CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? IX

Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.

A contestación correcta á pregunta de hoxe é 12. Países Baixos está dividido en 12 provincias: Groningen, Fryslân, Drenthe, Overijssel, Gelderland, Utrecht, Flevoland, Noord-Holland, Zuid-Holland, Zeeland, Noord-Brabant -’s e Limburg.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Cal é a forma de goberno de Países Baixos?

- Monarquía

- Monarquía constitucional

- República

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxes: es.wikipedia.org