Blogia

vgomez

CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? XII

Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.

A contestación correcta á pregunta de onte é IJsselmeer. Este lago é o máis importante dos Países Baixos, un lago artificial localizado no centro do país que anteriormente era parte do Zuiderzee («mar do sur»), un antigo entrante pouco profundo do mar do Norte. Ten unha superficie de 1.100 km² e pouca profundidade, cunha media de entre 5 e 6 m e unha máxima de 9,5 m. Foi creado en 1932, cando o mar interior Zuiderzee foi pechado polo dique Afsluitdijk, aínda que posteriormente fóronse ocupando terras ao lago. Funciona como unha gran reserva de auga doce para a agricultura e o consumo humano

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Cal é o termo que define as superficies terrestres gañadas ao mar nos Pises baixos?

- Duna

- Pólder

- Dique

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e jadonceld.blogspot.com

COGOMELOS RAROS QUE SE ATOPAN EN GALICIA IX

Continúo coa serie adicada aos cogomelos moi particulares ou raros que podemos atopar en Galicia, que coa chegada ao outono as condicións meteorolóxicas son idóneas para a proliferación destes fungos, polo que é a estación do ano na que máis especies agroman.

9. COGOMELO DO CURA

Si que podemos atopar especies moi saborosas e comestibles nos montes galegos. É o caso da Russula virescens, comunmente coñecida como cogomelo do cura. É considerado como un dos mellores cogomelos comestibles do xénero Russula e​ é moi popular en España e China. Cun sabor descrito como suave, amendoado, afroitado ou doce, pódese cociñar á grella, frito, salteado ou consumido cru. Non é moi coñecida entre a cidadanía pero o seu sabor merece a pena.

Continuará…

FONTE: Nadia Iglesias/gciencia.gal/medioambiental      Imaxe: Wikimedia Commons

CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? XI

Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mount Scenery. Atópase na illa de Saba con 888 metros de altura. No continente europeo, o punto máis alto de Paises Baixos é Vaalserberg ("Monte de Vaals") un montículo de 321 metros de altura. Pola contra Zuidplaspolder é o punto máis baixo com 6,74 metros baixo o nivel do mar.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Países Baixos ten moitos lagos, pero cal é o máis importante?

- IJsselmeer

- Reindersmeer

- Grevelingenmeer

- Slingeplas

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas 'Onte *comimos patacas'

Non *comimos nin patacas, nin tortilla, nin pementos nin nada! *Comimos é incorrecto en galego!

#DígochoEu

CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? X

Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.

A contestación correcta á pregunta de onte é Monarquía constitucional. Dentro da súa conformación política de Paises Baixos, o rei desempeña o poder executivo e ratifica a libre elección do primeiro ministro polo pobo. O poder lexislativo está representado polo que ata hoxe día denomínanse Estados Xerais (Parlamento), as cales consisten en dous cámaras de representación lexislativa. O poder xudicial é representado polas Asembleas Provisionais, as cales tamén son elixidas por sufraxio directo. Cada provincia está gobernada por un comisionado ou gobernador designado polo rei, e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. As provincias teñen varias municipalidades, cada unha delas gobernada por unha xunta elixida popularmente e un burgomestre ou alcalde nomeado polo monarca. Así mesmo, as municipalidades especiais de Bonaire, San Eustaquio e Saba, localizadas no chamado Caribe Neerlandés, forman parte do territorio dos Países Baixos desde o 10 de outubro de 2010, pero non forman parte de ningunha provincia.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é o punto máis alto do Reino de Paises Baixos?

- Vaalserberg

- Zuidplaspolder

- Mount Scenery

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e commos.wikipedia.org

COGOMELOS RAROS QUE SE ATOPAN EN GALICIA VIII

Continúo coa serie adicada aos cogomelos moi particulares ou raros que podemos atopar en Galicia, que coa chegada ao outono as condicións meteorolóxicas son idóneas para a proliferación destes fungos, polo que é a estación do ano na que máis especies agroman.

8. FUNGOS PARASITOS DE FUNGOS

Coñecemos os fungos que parasitan as árbores e as plantas, e incluso coñecemos seguramente aos Cordyceps, parasitos de insectos… Pero tamén existen os fungos parasitos de fungos. Neste caso, Asterophora lycoperdoides é o aproveitado no reino dos fungos. É un parasito de netorras (xénero Russula) que aparece despois de grandes frutificacións de Russula no outono. Este pequeno fungo pode enganar porque ten forma de cogomelo. E é aínda máis curioso, xa que pese a ter unha apariencia moi similar ao champiñón, non ten láminas desenvolvidas. Polo que, para reproducirse, faino mediante esporas asexuais que libera pola parte superior do seu chapeu.

Continuará…

FONTE: Nadia Iglesias/gciencia.gal/medioambiental      Imaxe: Wikimedia Commons

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXLV

VERTICAIS: 1. Caxato 2. Yangtzé 3. Pretoria 5. Platino 7. Alosa.

HORIZONTAIS: 4. Ártabro 5. Pólder 6. Adelfa 8. Ideafix 9. Moega.

Máis cultura xeral!

#DígochoEu: Non digas *o árbol

Estamos preto do Nadal! Pero nin *o árbol nin *os árboles! Aquí hai dous erros, sabes cales son?

#DígochoEu