Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE A INDIA? VIII

Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.

A contestación correcta á pregunta de onte é Rupia. A rupia india (₹) é a moeda oficial da India. Divídese en 100 paise. Ao cambio 1₹ = 0,011€ ou dito doutra maneira 1€ = 88,50₹

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é a relixión maioritaria na India?

- Sijismo

- Budismo

- Islam

- Hinduísmo

- Cristianismo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: cambiator.es e concepto.de

CANTO SABES SOBRE A INDIA? VII

Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.

A contestación correcta á pregunta de onte é República federal de democracia parlamentaria. A India é unha república federal, composta por 28 estados e oito territorios da Unión, cun sistema de democracia parlamentaria. Na Constitución da India, no seu preámbulo define á India como “unha república soberana, socialista, secular e democrática”.

A India ten un Parlamento bicameral, contando cunha Cámara Alta (Rajya Sabha) e unha Cámara Baixa (Lok Sabha). O presidente da India é o xefe de Estado​ e é elixido indirectamente por un colexio electoral, para un mandato de cinco anos. O primeiro ministro é o xefe de Goberno e exerce a maioría das funcións do poder executivo, bomeado polo presidente, para un mandato de cinco anos.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é a moeda oficial da India?

- Yuan

- Rupia

- Taka

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: bootheando.com e cambiator.es

#DígochoEu: Xa non se di

 

Que pasa coa palabra ’embora’? É galego? É portugués?  

#DígochoEu

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXXXI

VERTICAIS: 1. Fagot 2. Acedía 4. Hedra 6. Enxoito 9. Birr.

HORIZONTAIS: 3. Cesio 5. Deltoide 7. Doha 8. Porén 9. Bátega.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CXXXI

VERTICAIS: 1. Instrumento músico de vento, formado por un longo tubo de madeira con chaves e furados, que se toca por unha embocadura que vai no cabo dun pequeno tubo curvado, con dobre palleta de cana 2. Peixe da superorde dos teleósteos, do que existen varias especies, semellante ao linguado, aínda que máis pequeno e de inferior calidade 4. Planta sempre verde, de talo leñoso e flores diminutas reunidas en acios, que gabea polos valos, as árbores etc., e que pode acadar os trinta metros de lonxitude 6. Que perdeu a humidade que tiña 9. Divisa oficial de Etiopía.

HORIZONTAIS: 3. Elemento químico metálico do grupo dos alcalinos, de cor branca prateada, semellante ao potasio e de símbolo Cs 5. Músculo que está situado na cara superior do ombro, e une a clavícula coa omoplata 7. Capital de Catar 8. Conxunción que introduce unha oposición ou puntualización a algo que se dixo anteriormente 9. Chuvia forte e de pouca duración.

CANTO SABES SOBRE A INDIA? VI

Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mohandas Karamchand Gandhi. Máis coñecido popularmente por Mahatma Gandhi (1869-1948), foi un avogado indio, nacionalista anticolonial e un político ético que empregou a resistencia non violenta para liderar a exitosa campaña pola independencia dá India do dominio británico, e máis tarde inspirar movementos polos dereitos civís e pola liberdade en todo ou mundo.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é a forma de gobernó na India?

- Monarquía

- República federal de democracia parlamentaria

- Dictadura

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende a conxugar o verbo ser en presente

 

Aprende o presente do verbo ser bailando con Esther!  

#DígochoEu

OS TRES PRINCIPIOS UNIVERSAIS DA QUÍMICA

 

Deborah García Bello é química, investigadora e divulgadora científica, que descubriu a súa vocación pola ciencia grazas á influencia dun profesor. Desde entón buscou as palabras e a converxencia entre ciencia e humanidades para describir o mundo coa precisión da química e achegar o coñecemento entre as chamadas "dúas culturas".

A súa investigación actual céntrase na ciencia de materiais no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña, especializándose na semiótica —ou significado— dos materiais empregados na arte contemporánea.

O seu traballo de divulgación comezou co blogue científico " Dimetilsulfuro", en honra ao composto que describe o cheiro a mar, que despois pasou a chamarse Deborah Ciencia, nome que se converteu nunha icona da comunicación científica en prensa, radio e televisión. A súa traxectoria foi recoñecida con varios galardóns, como o Premio Bitácoras 2014 como Mellor Blog de Ciencia en España, Premio Tesla de Divulgación Científica 2016, Premio Prisma de Divulgación 2017 polo seu libro ’Todo é cuestión de química’, ou o Premio de xornalismo científico ANEABE 2021 polo seu traballo divulgativo sobre os plásticos. Entre as súas obras destacan ’Que se lle van as vitaminas!’, ’Non tocar’ e ’A química do belo’.