#DígochoEu: Benvidos a Irlanda!
Moito humor de Esther... En Irlanda!
#DígochoEu
Moito humor de Esther... En Irlanda!
#DígochoEu
Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.
A contestación correcta á pregunta de onte é Hinduísmo. Esta é a relixión maioritaria na India con preto do 85% de adeptos. Séguelle o Islam, con preto do 15%. O hinduísmo é un sistema relixioso conformado por unha grandísima diversidade de tendencias. Con todo, os seus elementos fundamentais son a crenza en Brahman como principio supremo universal, o karma, a reencarnación e a liberación.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. O sistema de castas divide aos hindús en catro categorías principais ou varna: brahmanes, kshatriyas, vaishyas, sudras e dálits. Fai unha relación do nome co grupo a que corresponde.
- Intocables ou impuros
- Sacerdotes e intelectuais
- Campesiños e traballadores
- Guerreirios e gobernantes
- Comerciantes e artesáns
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org e fundacionrafanadal.org Imaxe: significados.com e vipavi.es

Jeffrey Gordon, Bonnie Bassler e Peter Greenberg
No corpo dunha persoa hai máis células bacterianas (38 billóns) que humanas (30 billóns), ata o punto de que algúns microbiólogos convidan a considerar o ser humano como un arrecife de coral poboado por billóns de seres minúsculos, no canto de como un organismo individual. Os investigadores estadounidenses Bonnie Lynn Bassler, Jeffrey Gordon e Peter Greenberg gañaron o Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2023 por iluminar este mundo microscópico e o seu robusto vínculo coa saúde humana.
As bacterias saben cantas compañeiras teñen ao redor grazas a un fenómeno coñecido como percepción de cuórum. Neste proceso, os microbios segregan sinais químicos coma se fose un censo e o grupo adopta un comportamento ou outro en función da súa densidade de poboación. Estes tres galardoados foron os primeiros en entender os mecanismos desta forma de comunicación. É a vida social das bacterias.
Bonnie Lynn Bassler (Chicago, EE UU,1962) é bióloga molecular. Desde 1994, foi profesora na Universidade de Princeton. En 2002, foi galardoada cunha bolsa MacArthur. Desenvolve actividades académicas e científicas no Instituto Médico Howard Hughes.
Jeffrey I. Gordon (Nueva Orleans, Luisiana, EE UU, 1947) Biologo pola Universidade de Oberlin, Ohio, licenciouse en Medicina pola Universidade de Chicago en 1973. Tras concluír a súa formación clínica en Medicina Interna e Gastroenteroloxía e realizar unha estancia de investigación postdoutoral nos Institutos Nacionais da Saúde, en 1981 incorporouse á Universidade de Washington en San Luís (Misuri, Estados Unidos), na que permaneceu desde entón.
Everett Peter Greenberg (Nueva York, EE UU, 1948) profesor de Microbioloxía da Universidade de Washington.
Parabéns!
“Ciencia e humanismo deberían ir da man na educación, desde a máis tenra infancia”, salienta o historiador da ciencia José Manuel Sánchez Ron. Licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade Complutense de Madrid e doutor pola Universidade de Londres, Sánchez Ron é catedrático emérito de Historia da Ciencia na Universidade Autónoma de Madrid.
Entre os premios que recibiu destacan o Premio Nacional de Ensaio (2015) e o Julián Marías á carreira científica en Humanidades da Comunidad de Madrid (2016). Membro da Real Academia Española desde 2003, é tamén académico numerario da Académie Internationale d’Histoire deas Sciences de París, e académico correspondente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. É autor de máis de 80 títulos de divulgación científica, entre os que destacan ‘Marie Curie e o seu tempo’, ‘O xardín de Newton’, ‘O poder da ciencia’ e ‘Querido Isaac, querido Albert’. Este último é unha bela recompilación de cartas escritas por algúns dos máis renombrados científicos e científicas da historia.
Resolvendo dúbidas de palabras rematadas en -in!
#DígochoEu
Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.
A contestación correcta á pregunta de onte é Rupia. A rupia india (₹) é a moeda oficial da India. Divídese en 100 paise. Ao cambio 1₹ = 0,011€ ou dito doutra maneira 1€ = 88,50₹

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é a relixión maioritaria na India?
- Sijismo
- Budismo
- Islam
- Hinduísmo
- Cristianismo
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: cambiator.es e concepto.de
Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.
A contestación correcta á pregunta de onte é República federal de democracia parlamentaria. A India é unha república federal, composta por 28 estados e oito territorios da Unión, cun sistema de democracia parlamentaria. Na Constitución da India, no seu preámbulo define á India como “unha república soberana, socialista, secular e democrática”.

A India ten un Parlamento bicameral, contando cunha Cámara Alta (Rajya Sabha) e unha Cámara Baixa (Lok Sabha). O presidente da India é o xefe de Estado e é elixido indirectamente por un colexio electoral, para un mandato de cinco anos. O primeiro ministro é o xefe de Goberno e exerce a maioría das funcións do poder executivo, bomeado polo presidente, para un mandato de cinco anos.
E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é a moeda oficial da India?
- Yuan
- Rupia
- Taka
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: bootheando.com e cambiator.es