Blogia

vgomez

FRASES: A GUERRA

A apoteose da guerra, de Vasily Vereshchagin

Non sei o que pensades, pero mundo esta tolo. Guerras en todo o mundo. A última, por agora, Irán!

Penso que temos que pararnos un chisco a pensar, a reflexionar. Aquí tedes algunhas frases para facelo:

A primeira é do filóso alemán Friedrich Nietzsche (1844-1900): 

A guerra volve estúpido ao vencedor e rencoroso ao vencido.

A segunda é do escritor alemán Thomas Mann (1875-1955):

A guerra é a saída covarde aos problemas da paz.

A terceira é do historiador grego Heródoto de Halicarnaso (484 a.C.-425 a.C.):

Ningún home é tan parvo como para desexar a guerra e non a paz; pois na paz os fillos levan aos seus pais á tumba e na guerra son os pais quen leva aos seus fillos á tumba.

A cuarta é do que fora presidente dos Estados Unidos John F. Kennedy (1917-1963):

O home ten que establecer un final para a guerra. Senón, esta establecerá un fin para a humanidade

E a última, quinta, é do activista estadounidense Martin Luther King (1929-1968):

Unha nación que gasta máis diñeiro en armamento militar que en programas sociais achégase á morte espiritual.

Nesta escalada, a onde imos e en mans de quen estamos? 

FONTE: lavanguardia.com

TAL DÍA COMO HOXE: 10 DE MARZO...

241 a.C. a frota romana afunde á cartaxinesa na Batalla das Illas Egadas, poñendo fin á Primeira Guerra Púnica.

1126 Alfonso VII de León entra en León e proclámase rei de Castela e León.

1526 Carlos I de España casa en Sevilla coa súa prima, a infanta Isabel de Portugal.

1876 Alexander Graham Bell realiza con éxito a súa primeira proba de teléfono.

1969 En Memphis, James Earl Ray é declarado culpable polo asasinato de Martin Luther King, Jr..

1977 Edward W. Dunham, e Douglas J. Mink por medio do Kuiper Airborne Observatory, descobren os aneis de Urano.

1986 Avistamento do cometa Halley Boop que só pasa cada 75 anos.

FONTE: hoyenlahistoria,com    Imaxes: chicago tribune/facebook.com e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE NEPAL? VI

Continúo coa serie adicada a Nepal, que non só é o país das montañas maxestosas e os templos sacros. É tamén unha terra onde as tradicións milenarias seguen vivas en cada xesto cotián, en cada celebración, en cada palabra.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2. A saber...

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é a forma de goberno de Nepal?

- Ditadura

- Monarquía

- República

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

TAL DÍA COMO HOXE: 9 DE MARZO...

1796 Casan en Francia Napoleón Bonaparte e Xosefina de Beauharnais.

1831 En Francia créase a Lexión Estranxeira.

1842 Estréase a ópera de Giuseppe Verdi Nabucco, na Scala de Milán.

1873 En Canadá fúndase a Real Policía Montada.

1959 Ponse en venda Barbie, a boneca máis famosa do mundo.

1961 O Sputnik 9 leva á cadela Chernushka ao espazo.

FONTE: hoyenlahistoria,com    Imaxes: bbc.com e bogue.mx

HUMOR REAL: ESTAMOS OU NON ESTAMOS?

A viñeta de Davila (Luis Davila, Bueu-Pontevedra, 1972), publicada no Faro de Vigo, saca punta da situación bélica no conflito do Oriente Próximo e na participación de España neseconflito. 

Pero estamos ou non estamos? Esa é a cuestión!

CANTO SABES DE NEPAL? V

Continúo coa serie adicada a Nepal, que non só é o país das montañas maxestosas e os templos sacros. É tamén unha terra onde as tradicións milenarias seguen vivas en cada xesto cotián, en cada celebración, en cada palabra.

A contestación correcta á pregunta de onte é 30 millóns de habitantes. Exactamente 29,629,409 millones de habitantes (2025).

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal destas bandeiras é a de Nepal?

- 1

- 2

- 3

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e populationpyramid.net/es   Imaxes : populationpyramid.net/es e es.wikipedia.org

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo de 2026, únete a mulleres e nenas de todo o mundo para esixir igualdade de dereitos e tamén unha xustiza que garanta que estes dereitos cúmpranse, exerzan e gocen.

Hoxe en día, ningún país pechou as brechas legais entre homes e mulleres. Actualmente, as mulleres só teñen o 64% dos dereitos xurídicos dos que gozan os homes en todo o mundo. En áreas fundamentais da vida, como o traballo, o diñeiro, a seguridade, a familia, a propiedade, a mobilidade, os negocios e a xubilación, a lei prexudícaas sistematicamente.

É algo polo que homes e mulleres temos que loitar!

TAL DÍA COMO HOXE: 8 DE MARZO...

1126 En España, Alfonso VII é proclamado rei de Castela e de León, tras a morte da súa nai Pega.

1820 Fernando VII, xura a Constitución española de 1812 e suprime a Inquisición.

1921 Á saída do Congreso dos Deputados (en Madrid) é asasinado o presidente do Goberno, Eduardo Dato.

1933 No Teatro Beatriz de Madrid, Federico García Lorca estrea o seu drama Vodas de sangue.

1943 Desde Roma, Juan de Borbón e Battenberg, herdeiro do trono español, escribe unha carta ao xeneral Franco na que expresa o seu desexo dun rápido retorno á monarquía, simbolizada na súa persoa.

1971 En Nova York, Cassius Clay é derrotado polo campión do mundo de boxeo dos pesos pesados, Joe Frazier.

1977 A ONU proclamou o 8 de marzo como Día Internacional polos Dereitos da Muller e a Paz Internacional.

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: eldebate.com e historia.com