SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXCIV
VERTICAIS: 1. TEHERÁN 2. CHIPRE 3. MONLLO 6. CHEDEIRO.
HORIZONTAIS: 4. REXO 5. ALFOZ 6. COPERNICIO 8. TENCA 9. ADELFA 10. ORMUZ.
Máis cultura xeral!
VERTICAIS: 1. TEHERÁN 2. CHIPRE 3. MONLLO 6. CHEDEIRO.
HORIZONTAIS: 4. REXO 5. ALFOZ 6. COPERNICIO 8. TENCA 9. ADELFA 10. ORMUZ.
Máis cultura xeral!
Continúo coa serie adicada a Nepal, que non só é o país das montañas maxestosas e os templos sacros. É tamén unha terra onde as tradicións milenarias seguen vivas en cada xesto cotián, en cada celebración, en cada palabra.
A contestación correcta á pregunta de onte é 150.000 km². Exactamente 147.181 km². A modo comparativo, para que teñas unha idea, unha extensión similar a de Bangladés (148.460km²) e menos do dobre de Castilla-A Mancha (79.500 km²).
E imos coa pregunta de hoxe!
4. Cal é, aproximadamente, a poboación de Nepal?
- 25 millóns de habitantes
- 30 millóns de habitantes
- 35 millóns de habitantes
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes :mapas-del-mundo.net e guiaparaviajeros.com
321 O emperador romano Constantino declara o domingo («venerable día do Sol») como sétimo día da semana, en lugar do sábado.
1876 En Estados Unidos, Alexander Graham Bell patenta o teléfono, baseado en deseños do italiano Antonio Meucci.
1924 Karl Wilhelm Reinmuth descobre o asteroide Arcadia (1020).
1991 en España, o Congreso aproba a creación do Instituto Cervantes.
FONTE: hoyenlahistoria.com Imaxes: bbc.com e nexofin.com
VERTICAIS: 1. Capital da República Islámica de Irán 2. País insular do Mediterráneo con capital en Nicosia 3. Brazado de vides, trigo, herba seca etc., atado 6. Especie de plataforma ou piso do carro, dun remolque etc., en que se coloca a carga.
HORIZONTAIS: 4. Que goza de boa saúde, que se conserva ben 5. Concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central, que limita ao norte co concello de Foz, ao leste co de Mondoñedo, ao sur co de Abadín e ao noroeste co do Valadouro 6. Elemento químico sintético, altamente radioactivo e superpesado, pertencente ao grupo 12 dos metais de transición e de símbolo Cn 8 Especie de peixe de auga doce e salobre da familia dos ciprínidos e de nome científico Tinca tinca 9. Arbusto ornamental da familia das apocináceas, de follas perennes, lanceoladas e velenosas e flores grandes brancas, vermellas ou rosáceas, segundo a variedade e de nome científico Nerium oleander 10. Anaco de océano relativamente estreito entre o Golfo de Omán ao sueste e o Golfo Pérsico ao suroeste, que se atopa na ruta comercial do petróleo máis importante do mundo.
Continúo coa serie adicada a Nepal, que non só é o país das montañas maxestosas e os templos sacros. É tamén unha terra onde as tradicións milenarias seguen vivas en cada xesto cotián, en cada celebración, en cada palabra.
A contestación correcta á pregunta de onte é Katmandú. Localízase no val de Katmandú no Nepal central, próxima ao río Vishnumati, a 1370 metros de altitude. É a única cidade do país co status administrativo de Mahanagar (cidade metropolitana). En 2025 tiña unha poboación de 1,5 millones habitantes.
E imos coa pregunta de hoxe!
3. Cal é, aproximadamente, a extensión de nepal?
- 100.000 km2
- 125.000 km2
- 150.000 km2
- 175.000km2
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: mundo-albergues.com e greattibettour.com
A viñeta de Davila (Luis Davila, Bueu-Pontevedra, 1972), publicada no Faro de Vigo, saca punta da situación bélica no conflito do Oriente Próximo.
Como dixo o teólogo e escritor francés, François Fénelon (1651-1715): A guerra é un mal que deshonra ao xénero humano.
Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Nepal, que non só é o país das montañas maxestosas e os templos sacros. É tamén unha terra onde as tradicións milenarias seguen vivas en cada xesto cotián, en cada celebración, en cada palabra.
A contestación correcta á pregunta de onte é Ao norte con China (Tibet) e ao sur, leste e oeste coa India. Este país ubicado na Ásia do sur, sen saída ao mar, xeograficamente atópase situado no Himalaya, rodeado pola República Popular China, agás no sur pola India. Atópase separado de Bután polo estado indio de Sikkim, polo chamado Corredor de Siliguri.
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Cal é a capital de Nepal?
- Pokhara
- Bharatpur
- Kathmandu
- Biratnagar
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: mapamundi.org.br e medium.com
1836 En Texas termina o sitio del Álamo, cercado por 1400 soldados mexicanos.
1853 En Venecia estréase a ópera A Traviata, de Giuseppe Verdi
1862 En España incéndiase o Alcázar de Segovia, sede da Academia de Artillería durante o reinado de Carlos III.
1869 Dmitri Mendeléyev presenta a súa primeira táboa periódica á Sociedade Química de Rusia.
1902 En Madrid, fúndase o Real Madrid Club de Fútbol.
1970 No Reino Unido, os Beatles publicación o seu último sinxelo Let it be.
1983 En Estados Unidos sae á venda o primeiro teléfono celular do mundo, o Motorola DynaTAC.
1986 Último avistamento do cometa Halley nas proximidades da órbita da Terra; calcúlase que a seguinte visita sexa no ano 2061.
FONTE: hoyenlahistoria.com Imaxes: es.linkedin.com e es.wikipedia.org