Blogia

vgomez

O Sistema Solar, á carreira: móvese case catro veces máis rápido do que se cría

Un traballo de investigación recente publicado na revista Physical Review Letters calculou que o sistema solar no que vivimos desprázase a unha velocidade máis de tres veces superior á que se cría ata o de agora. Foi dirixido por Lukas Böhme, astrofísico da Universidade de Bielefeld, Alemaña, e asegura que os seus resultados poderían alterar varios principios fundamentais da cosmoloxía moderna, como a uniformidade do universo.

Dentro do estudo, os autores describen unha medición máis precisa do movemento solar, o cal foi posible grazas a un reconto detallado de galaxias emisoras de ondas de radio. “A nosa análise mostra que o sistema solar móvese o triplo de rápido do que predicían os modelos actuais”, asegurou Böhme. Convén apuntar que estas galaxias son corpos celestes que emiten radiación de gran lonxitude de onda que, polas súas características, pode atravesar o po interestelar.

Este tipo de ondas son as buscadas polos radiotelescopios que hai repartidos por todo o mundo, xa que non son visibles mediante telescopios ópticos convencionais. Para obter os resultados, o equipo de científicos combinou os datos obtidos polo Observatorio LOFAR con rexistros procedentes doutros dous telescopios de radio.

Este conxunto de datos permitiu identificar un lixeiro exceso de galaxias na dirección do movemento solar (dipolo). Os sinais obtidos superaron o limiar de 5 sigma, cifra a partir da cal se considera unha evidencia sólida dentro da comunidade científica.

A análise confirma que o dipolo observado é 3,7 veces máis intenso dos predito polos modelos estándares do universo, o que obrigaría a revisar o grao de homoxeneidade da materia a gran escala. Segundo cosmólogo Dominik J. Schwarz, “se realmente o noso sistema solar móvese tan rápido, temos que cuestionarnos algúns supostos fundamentais da estrutura do universo”.

Pola súa banda, Schwarz atreveuse a dar outra explicación plausible: “A distribución de galaxias de radio podería ser menos uniforme do que se cría”. Con todo, este escenario implicaría modificar o concepto clásico de isotropía (propiedade de ser idéntico en todas as direccións), que é un dos piares da teoría do Big Bang e da expansión do universo.

O equipo de investigadores lembra que houbo estudos previos baseados en cuásares observados en infravermello que detectaron sinais similares. A coincidencia entre distintos tipos de obxectos espaciais reforza a posibilidade de que esta anomalía sexa realmente unha propiedade real do universo sen explicación completa. Polo menos, polo momento.

FONTE: Rubén Badillo/nationalgeographic.com.es/ciencia      Imaxe:NOIRLab/NSF/AURA/J. da Silva

CANTO SABES DE EUSKADI? X

Continuo coa serie adicada a Euskadi (Pais Vasco). Situado no norte de España e bañado polo mar cantábrico, ten una forte personalidade: dioma, natureza, cultura e gastronómica. Un país cheo de contrastes!

A contestación correcta á pregunta de onte é 20. A saber:

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cales son os puntos máis altos de Euskadi?

- Aketegi

- Gorbea

- Aitxuri

- Aitzgorri

Mañá a solución e una nova proposta

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org     

#DígochoEu: Como se di 'litera' en galego?

Esther resolve esta dúbida!

#DígochoEu

O CEO DO MES: DECEMBRO 20205

Lúa Fría, a última superlúa ata novembro de 2026 e a última lúa chea con estas características ata 2042! A últimas horas do día, a Lúa Fría adquirirá un característico tono alaranxado / diariodesevilla.es

4 de decembro: Lúa Chea. Superlúa (Lúa Fría)

11 de decembro: Cuarto Minguante

20 de decembro: Lúa Nova

21 de decembro: Solsticio de inverno. Comezo do inverno

27 de decembro: Cuarto Crecente

Chuvia de meteoros: Xemínidas: do 1 ao 21, con máximo na noite do 13 ao 14.  O seu corpo proxenitor é o asteroide Faetón (3200) e o seu radiante a constelación de Xémini.

ASÍ NACEU UNHA LENDA

Nacido en 1961 en Alabama (Estados Unidos), Carl Lewis é considerado un dos atletas máis grandes de todos os tempos. O ’Fillo do vento’ destacou en probas de velocidade e salto de lonxitude, combinando unha técnica impecable cunha forza mental extraordinaria.

O seu dominio absoluto nos anos 80 e 90 converteuno nunha lenda do atletismo, comparado con figuras como Jesse Owens, a quen homenaxeou igualando a súa fazaña nos Xogos dos Ánxeles 1984.

Tras retirarse, Carl Lewis promoveu a educación, o deporte e a sustentabilidade, defendendo o poder do esforzo e a preparación mental. O seu legado vai máis aló dos récords, encarna a idea de que o éxito é o resultado de disciplina, fe e determinación.

CANTO SABES DE EUSKADI? IX

Continuo coa serie adicada a Euskadi (Pais Vasco). Situado no norte de España e bañado polo mar cantábrico, ten una forte personalidade: dioma, natureza, cultura e gastronómica. Un país cheo de contrastes!

A contestación correcta á pregunta de onte é 1- Bilbao, 2-Vitoria, 3-Donostia, 4-Baracaldo, 5-Guecho. 6-Irún, 7-Saturce, 8-Portugalete, 9-Basauri e 10-Rentería.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

9. As tres provincias de Euskadi dividense, á súa vez, en 251 municipios (udalerriak), 51 en Áraba, 88 en Guipúscoa e 112 en Biscaia, que se agrupan en comarcas. Cantas?

- 10

- 15

- 20

- 25

Mañá a solución e una nova proposta

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxes: es.wikipedia.org e red2000.com

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CLXXXIII

CORINA (María Corina Machado) 2025

HIDANKYO ( Nihon Hidankyo) 2024

MOHAMMADI ( Marges Mohammadi) 2023

MUKWEGE (Denis Mukwege) 2018

KARMAN (Tawakkul Karman) 2011

OBAMA (Barack Obama) 2009

GORE (Al Gore) 2007

CARTER (Jimmy Carter) 2002

ANNAN (Kofi Annan) 2001

ROBIN (Isaac Robin) 1994

Algúns Premios Nobel da Paz!

A ORIXE DAS PALABRAS: LOITAR A CAPA E ESPADA

Quen loitaa capa e espadafaio con gran empeño, a brazo aberto e con todas as súas forzas, para lograr un obxectivo.

Esta frase popularízase durante o Século de Ouro español (séculos XVI e XVII) a través das chamadas “comedias de capa e espada” nas que certos nobres e cabaleiros loitan ou defenden intereses dese modo para dirimir conflitos esencialmente relacionados co amor e a honra.

A capa e espada era o modo en que loitaban os cabaleiros, leándose a capa ao brazo esquerdo para parar os golpes mentres manexaban a espada coa man dereita, ao contrario que os pícaros, que pelexaban a capotillo e puñal.

Esta maneira de loitar, con todo, é moito máis antiga. Entre outros a mencionan Cervantes (1547-1616) no Quixote e Montaigne (1533-1592) nos seus ensaios, escritos en 1580, quen di que os antigos romanos xa a practicaban. Hoxe usámola para describir a maneira resolta na que saímos en defensa dunha persoa ou situación.

Esta frase é sinónima da que nós empregamos: "loitar contra vento e marea".

FONTE: Charlie López/clarin.com     Imaxe: billiken.lat