Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS? IV

Continúo coa Canto sabes sobre os Xogos Olímpicos, no que se pon a proba os teus coñecementos sobre os mesmos.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1896. Desde aquela oportunidade, foron realizados cada catro anos en diversas cidades do mundo, sendo as únicas excepcións as edicións de 1916, 1940 e 1944, debido ao estalido da primeira e segunda guerra mundial e a postergada de 2020 para 2021, pola pandemia do COVID-19.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Existen dous tipos de Xogos Olímpicos: os Xogos Olímpicos de Verán e os Xogos Olímpicos de Inverno, que se realizan cun intervalo de dous anos. Segundo a Carta Olímpica…

- Os Xogos olímpicos de verán celébranse durante o terceiro ano dunha Olimpíada, e os Xogos Olímpicos de Inverno durante o seu primeiro ano.

- Os Xogos olímpicos de verán celébranse durante o primeiro ano dunha Olimpíada, e os Xogos Olímpicos de Inverno durante o seu terceiro ano.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal propia a partir de información de wikipedia.org     Imaxes: sexenio.com.mx e  bbc.com

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XII

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Si, pero só en Menorca e Eivissa. Aínda que en Mallorca hai torrentes de auga, os dous únicos ríos cun leito identificable son os de río de Cala Galdana ou  Algendar, en Menorca, e o de Santa  Eulària en Eivissa, aínda que o caudal deste último é moi estacional.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Que río pasa por Roma?

- Po

- Támesis

- Trebia

- Tíber

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XI

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é No curso medio-baixo dun río (chairas aluviais). Fórmanse con maior facilidade nos ríos das chairas aluviais con pendente moi escasa, dado que os sedimentos adoitan depositarse na parte convexa do meandro, mentres que na cóncava, debido á forza centrífuga, predomina a erosión e o retroceso da beira.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Hai ou non ríos nas illas Baleares?

- Si, pero están todos en Mallorca

- Non, non hai ningún

- Si, pero só en Menorca e Eivissa

- Si, pero só en Menorca e Mallorca

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono Capítulo 9: Especial Brasil

 

Esta semana o #ApuntamentoLusófono foi sobre o portugués do Brasil. Esther e Rodrigo comentaron as semellanzas e diferenzas, pero as dúas horas de directo en Twitch tamén deron para cantar e bailar e mesmo para falar dos signos do zodíaco!

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS? III

Continúo coa Canto sabes sobre os Xogos Olímpicos, no que se pon a proba os teus coñecementos sobre os mesmos.

A contestación correcta á pregunta de onte é Teodosio I. Tamén coñecido como Teodosio o Grande, foi emperador romano desde o 19 de xaneiro do 379, investido como Dominus Noster Flavius Theodosius Augustus e deificado trala súa norte, o 17 de xaneiro de 395, como Divus Theodosius.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Os Xogos Olímpicos modernos inspiráronse nos do século VIII a. C. organizados polos antigos gregos na cidade de Olimpia, entre os anos 776 a. C. e o 393 d. C. No século XIX, xurdiu a idea de realizar uns eventos similares aos organizados na antigüidade, os que se concretarían principalmente grazas ás xestións do nobre francés Pierre Frèdy, barón de Coubertin, quen fundou o Comité Olímpico Internacional (COI) en 1894. Desde entón, o COI converteuse no órgano coordinador do Movemento Olímpico, coa Carta Olímpica que define a súa estrutura e autoridade. A primeira edición dos chamados Xogos Olímpicos da era moderna levaronse a cabo en Atenas, capital de Grecia, a partir do 6 de abril do ano…

- 1894

- 1895

- 1896

- 1897

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal propia a partir de información de wikipedia.org     Imaxe es.wikipedia.org

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXXIX

VERTICAIS: 1. Heliógrafo 2. Nicosia 3. Retrincos 5. Piarda 7. Nádega 9. Escudo.

HORIZONTAIS: 4. Kilimanjaro 6. Narciso 8. Celanova 10. Masma.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO LXXIX

VERTICAIS: 1. Instrumento utilizado para emitir sinais telegráficos por medio dun espello móbil que reflicte os raios do Sol. 2. Capital, cidade máis grande e sede do goberno da illa de Chipre 3. Título do libro de 61 páxinas, publicado en 1934 por Nós, consistente nunha colección de relatos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, composta por cinco narracións autobiográficas ("O segredo", "O inglés", "Peito de lobo", "O retrato" e "Sabela"), ordenadas cronoloxicamente e escritas cun mesmo criterio 5. Peixe da familia dos aterínidos duns dezaseis centímetros de lonxitude, cor verdosa con pintas negras no dorso e abrancazada no ventre, que vive preto da costa formando cardumes e de nome científico Atherina presbyter 7. Cada unha das dúas porcións carnosas e arredondadas situadas entre o final da columna vertebral e o comezo das coxas 9. Moeda oficial de Portugal antes do euro.

HORIZONTAIS: 4. Monte localizado no norte de Tanzania, xunto á fronteira con Kenya, sendo o punto máis alto de África, cunha altitude de 5.895 m 6. Planta bulbosa anual da familia das amarilidáceas, da que existen distintas especies, con follas radicais estreitas e flores moi aromáticas, brancas ou amarelas, con forma de tubo 8. Localidade da provincia de Ourense na que está a capela mozárabe de San Miguel (única no seu estilo en Galicia) e o Mosteiro de San Salvador (fundado por San Rosendo a mediados do século IX) 10. Río galego que nace na serra do Xistral, no concello do Valadouro, e que desemboca na ría de Foz, xunto á praia da Rapadoira e á praia de Altar no mar Cantábrico.

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? X

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Río Xallas (A Coruña). A fervenza do Ézaro ou Cadoiro é unha fervenza, duns 7 metros de altura, que forma o río Xallas na súa desembocadura ao mar na enseada do Ézaro en Santa Uxía do Ézaro, unha parroquia do concello de Dumbría.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Os meandros son as curvas que describen os ríos ao seu paso e prodúcense…

- No curso alto dun río onde hai maior pendente.

- Sempre no curso medio.

- No curso medio-baixo dun río (chairas aluviais).

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org