Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS? II

Continúo coa serie Canto sabes sobre os Xogos Olímpicos, no que se pon a proba os teus coñecementos sobre os mesmos.

A contestación correcta á pregunta de onte é Olimpia. Unha pequena cidade da antiga Grecia na prefectura de Élide, na península do Peloponeso. A cidade atópase ó pé do monte Cronio e na beira dereita do río Alfeo.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Os últimos Xogos Olímpicos da Antigüidade celebráronse no 393 d. C., case doce séculos despois dos seus comezos. Tras a adopción do cristianismo como relixión oficial do Imperio romano co Edicto de Tesalónica (28 de febreiro de 380), un emperador prohibiu toda celebración pagá, incluídos os xogos olímpicos. Cal era iste emperador, nado en Cauca (actual Coca) en Segovia ?

- Honorio

- Teodosio I

- Magno Máximo

- Constantino III

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal propia a partir de información de wikipedia.org   Imaxes:  historiaybiografias.com e es.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS?

Falta unha semana, para que o próximo venres, 23 de xullo, comecen os Xogos Olímpicos de Tokyo 2020 ou xogos da XXXII Olimpiada. É un bo momento porse ao día sobre a súa historia.

Anímaste? Pois comezamos!

1. Na Antiga Grecia, os Xogos Olímpicos foron unha serie de competicións atléticas disputadas por representantes de diversas cidades-estado gregas a partir do ano 776 a. C. Disputábanse normalmente cada catro anos e sempre no mesmo lugar…

- Santorini

- Atenas

- Olimpia

- Atlántida

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal propia a partir de información de wikipedia.org   Imaxes: olympics.com e okdiario.com/historia

QUE TEÑEN EN COMÚN O GALO KIRIKO E A GUERRA DAS GALAXIAS?



Había unha vez un Belo Dormente, un Cincento e unha Carapuchiña que se salvou a si mesma. O detective e alquimista desta historia é Antonio Rodríguez Almodóvar, que relata: “Os contos sofren moito na súa adaptación ao que podía soportar a sociedade burguesa do século  XIX”.

O filólogo e investigador é un referente da tradición oral en España. Licenciado e doutoramento en Filoloxía Moderna pola Universidade de Sevilla, comezou as súas pescudas, gravadora ao ombreiro, nos anos 70. Percorreu toda a xeografía española para rescatar os contos populares de boca dos que el chama “últimos narradores.

Grazas ao seu traballo varias xeracións introducíronse no mundo da lectura. A mediados dos anos 80 publicou a colección ‘Contos da media luniña’, na que reconstruía máis de 60 historias do folclore oral. ‘O galo Kirico’, ‘A nena do zurrón’ ou ‘Brancaflor’ son algúns dos contos que volveron á vida e Rodríguez Almodóvar é o responsable de que moitos deles utilícense agora como material didáctico. “Isto hai que rehabilitalo, non se pode perder —sinala o escritor— porque os nenos de hoxe teñen dereito a saber como era o entretemento dos seus pais, dos seus avós, dos seus bisavós”. E sen dúbida conseguiu o seu obxectivo: só desta colección vendeu máis de 4 millóns de exemplares.

Antonio R. Almodóvar —como afai asinar— é ensaísta, novelista, poeta e dramaturgo. Autor de máis de medio centenar de títulos, no seu labor científico-literario de recuperación destacan: ‘Contos á calor do lume’, ‘O bosque dos soños’ —polo que recibiu o prestixioso Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil— ou ‘A verdadeira historia de carapuchiña’. Este investigador e académico correspondente da RAE en Andalucía cre no poder universal da narración oral: "Ninguén escapa da maxia dun conto”. E  colorín colorado, mercé ao seu labor, os contos continuaron.

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? IX

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Llobregat. A cunca do río Llobregat transcorre na súa totalidade por territorio de Cataluña, non chegando nunca a ser un accidente xeográfico que separe España de Francia. Algo que si que fai o río Bidasoa no seu tramo final. Pola súa banda, tanto o Miño como o Douro dividen España de Portugal.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Cal é o único río de España que desemboca nunha fervenza sobre o mar?

- Río Xallas (A Coruña)

- Río Eo (Galicia e Asturias)

- Río Sil (Ourense)

- Río Algar (Alacante)

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

SABÍAS QUE... A CURUXA

A curuxa (Tyto alba) é unha rapaz nocturna da familia Tytonidae de tamaño medio. Mide uns 35 cm de altura, o longo dun xornal. As femias adoitan ser un pouco máis grandes que os machos, posúen a parte superior do corpo de cor ocre dourado, salpicado de numerosas  motas en tons  gises, mentres que a parte  ventral é branca, e do mesmo xeito que a parte dorsal, está  punteada de pintiñas grises, sendo as das femias máis numerosas e grandes.

Presenta un característico disco facial en forma de corazón, que actúa de antena parabólica captando e distribuíndo o son cara aos oídos, cuxo sentido está enormemente desenvolvido. Da súa cara tamén destaca a posición frontal dos seus ollos, o que lles permite calcular a profundidade e ver en tres dimensións. Os seus ollos son completamente negros, a diferenza dos dos bufos, que son amarelos, e teñen a peculiaridade de que non moven o globo ocular, co que para ver lateralmente teñen que virar a cabeza. Para iso, o pescozo permítelles movementos de ata 180º a cada lado. Os seus ollos son o dobre de sensibles á luz que os nosos, o que lles permite ver na escuridade.

O seu voo é incriblemente silencioso grazas ás súas plumas, que teñen unha estrutura especial que permite que a fricción co aire sexa amortecida. Isto permítelles aproximarse ata as súas presas sen ser detectadas.

Aliméntanse principalmente de micromamíferos, como ratos ou pequenas toupas, o cal a converte nunha gran aliada do agricultor. Engolen ás súas presas enteiras, pero non dixiren a pel, nin o pelo nin os ósos, así que os expulsan mediante egagrópilas, que son estes refugallos regurgitados en forma de bólas.

Mostran unha clara preferencia por instalarse en lugares humanizados, con abundancia de campiñas e pasteiros para cazar. Aniña en campanarios, faiados, celeiros, naves, ruínas, etc.

Son incriblemente fieis ás súas parellas. Durante o cortexo, o macho realiza exhibicións de voo á femia, e antes de que esta comece a posta de ovos, el obséquiaa cunha presa. Ela pon entre 4 e 6 ovos, e entre a posta dun ovo e outro pasan dous ou tres días. A femia incúbaos durante pouco máis dun mes, mentres o macho dedícase a conseguir alimento para ambos. Unha vez nacidos as crías, encárganse os dous adultos de fornecer comida ás crías. Varios estudos reflectiron que nos 3 meses que dura a reprodución, unha parella é capaz de achegar ao niño máis de 1.000 roedores.

Permanecen toda a súa vida no mesmo territorio, sempre que o seu hábitat non sexa alterado.

Coma outras aves de rapina nocturnas, pero especialmente no seu caso por ser unha seguidora da agricultura, a curuxa está asociada con moitas supersticións. En moitas rexións o seu berro considérase desavegoso e anuncio dunha morte próxima. Cravábanse curuxas enriba das portas para protexer as casas do lóstrego e as desgrazas. Pola contra, noutras zonas o seu papel coma cazadora de ratos fixo que se lle facilitaran furados axeitados en edificios para que puideran criar.

FONTE: orballo.eu e gl.wikipedia.org

A ORIXE DAS PALABRAS: CANELA

A caneleira (Cinnamomum zeylanicum ou Cinnamomum verum) é unha árbore tropical da familia das lauráceas. Ten a folla perenne, duns 10–15 m; é orixinaria da Sri Lanka (antiga Ceilán). Aprovéitase como especia a súa codia interna desecada, chamada canela verdadeira, extraída pelando as pólas e se emprega en rama ou moída (en po).

A canela é unha especia que o mesmo serve para aromatizar un arroz con leite que para darlle un toque exótico a unha carne asada.

A palabra  canela tomámola prestada do francés antigo canele alá polo século  XIII. É un diminutivo de cana, pola forma que adopta esta cortiza de árbore cando se seca (a famosa canela en rama). É posible que a súa orixe última estea no italiano cannella (‘caniña’), aínda que isto non é seguro.

Nas linguas románicas esta imaxe da canela como cana desprazou á denominación latina, que era cinnamum. Por iso, hoxe en español, galego e portugués dise canela; en francés, cannelle; en catalán, canyella; e en italiano, cannella.

O latín cinnamum tamén ten a súa historia. Este nome era un préstamo do grego kínnamon. Os gregos, á súa vez, aprenderan a palabriña en cuestión dos fenicios, que falaban unha lingua semítica, irmá do hebreo. Neste último idioma, para comparar,  canela dise qinnamôn.

Curiosamente, onde se conservou o nome latino é nalgunhas linguas xermánicas. O inglés mantense moi próximo co seu cinnamon. En alemán a evolución foi máis radical, pero detrás da palabra Zimt, o que se esconde é o latín cinnamum (> zinemin > zinment > zimet > Zimt).

A  canela é deliciosa en si e de seu, pero estou seguro de que apreciarás mellor o seu aroma agora que coñeces a orixe do seu nome.

FONTE: gl.wikipedia.org e blog.lengua-e.com

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? VIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Río Amur. É un longo río do extremo sueste de Rusia e o extremo nordés de China (sérvelles de fronteira durante un longo tramo) que flúe, principalmente, en dirección este ata  desaguar no mar de Ojotsk. Ten unha lonxitude de 2.874 km pero se se considera xunto cunha das súas fontes, o río  Argún, alcanza o 44.44 km que o converten no décimo río máis longo do mundo

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Os ríos adoitan exercer como fronteira natural entre países. Cal destes destes ríos NON exerce como tal?

- Douro

- Llobregat

- Miño

- Bidasoa

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

"VIVE GALICIA", UN TEMA DE NOELIA SOLLEIRO

 

"Vive Galicia" é o tema gañador da Canción do Verán 2021 da CRTVG. Unha composición da cantante Noelia Solleiro Bermúdez, nacida en Vigo o 8 de maio de l985, pero que viviu a maior parte dos seus anos en Tui.

A autora define iste traballo como un tema "positivo, fresco e enérxico que fala sobre a nosa terra".

Parabéns!