#DígochoEu: Non digas *levadeiro
En galego temos o verbo levar, pero non temos nada *levadeiro! A alternativa dánola Esther Estévez Casado.
#DígochoEu
En galego temos o verbo levar, pero non temos nada *levadeiro! A alternativa dánola Esther Estévez Casado.
#DígochoEu
Nada que teña unha letra j pode ser galego! Así que non podemos *enjuagar nada! A alternativa dánola Esther Estévez Casado.
Licenciado en Psicoloxía Clínica e da Saúde pola Universidade Complutense de Madrid e Doutor en Educación, Rafa Guerrero dedicou gran parte da súa carreira profesional á investigación, ao exercicio clínico e a docencia na Facultade de Educación na Universidade Complutense de Madrid e do Centro Universitario Cardeal Cisneros.
Conferenciante en congresos nacionais e internacionais e formador de profesores e pais en numerosos colexios e centros educativos, Guerrero acaba de publicar os libros ’Como estimular o cerebro do neno’ e ’Educar no vínculo’, que se suman ao seu anterior título, ‘Educación emocional e apego’.
Que aspectos emocionais e intelectuais debemos atender na formación do cerebro dun neno? O psicólogo defende o desenvolvemento dun apego seguro desde a infancia. "Se queremos que o día de mañá os nosos fillos teñan a capacidade de regularse emocionalmente, tomar decisións, que sexan empáticos, capaces de planificarse, concentrarse, facerse cargo da xestión dos seus impulsos... Require de tres pasos: que os pais saiban autorregular as súas propias emocións, que poidan regular as emocións dos seus fillos e finalmente ensinen estratexias para que os nenos aprendan a regularse sós e péchese o círculo", explica o experto.
Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.
A resposta á pregunta do día anterior é Fento. Os fentos son un grupo de plantas vasculares (con xilema e floema) que se reproducen a través de esporas e que carecen de sementes e flores. Pola contra as briófitas son as plantas terrestres non vasculares, e crese que son as descendentes das algas verdes e foron as primeiras en evolucionar fai 500 millóns de anos tras colonizar os espazos terrestres.
E imos coa pregunta de hoxe!

24. Como vimos nesta serie, existen árbores tan famosas que mesmo teñen nome propio. Sabes cal é o nome da árbore que vemos nesta imaxe?
- Xeneral Sherman
- Gran Pai Árbore
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: monumentaltrees.com e pinterest.es

Escintileos de luz solar nos mares do norte de Titán, no infravermello próximo / NASA/JPL/Univ. Arizona/Univ. Idaho
Titán, a lúa máis grande de Saturno, é o único lugar do sistema solar, ademais da Terra, cunha densa atmosfera e líquido estable na súa superficie. Cuberta por ríos e mares de metano líquido, intriga aos científicos, que mesmo planean enviar ata alí un submarino que investigue as súas misteriosas concas. Agora, astrónomos da Universidade de Cornell estimaron que Kraken Mare, o maior mar dese mundo, ten preto do seu centro polo menos 300 metros de profundidade, espazo suficiente para mergullar a Torre Eiffel de París e, o que é moito máis interesante, que o explore un dispositivo robótico.
Despois de examinar os datos dun dos últimos sobrevoos da misión Cassini en Titán, os investigadores detallaron os seus achados nun estudo publicado en Journal of Geophysical Research.
"A profundidade e composición de cada un dos mares de Titán xa se mediron, excepto o mar máis grande, Kraken Mare, que non só ten un gran nome, senón que tamén contén ao redor do 80% dos líquidos da superficie desta lúa", sinala o autor principal do informe.
O xélido Titán está envolto nunha bruma dourada de nitróxeno gasoso. Pero ao mirar a través das nubes, a paisaxe lunar ten unha aparencia similar á da Terra, con ríos, lagos e mares de metano líquido, segundo a NASA.
Os datos para este descubrimento recompiláronse no sobrevoo T104 de Cassini o 21 de agosto de 2014. O radar da nave espacial examinou Ligeia Mare, un mar máis pequeno na rexión polar norte da luna, para buscar a misteriosa «Illa Máxica» que desaparecía e reaparecía.
Mentres Cassini navegaba a 21.000 km por hora a case mil quilómetros sobre a superficie de Titán, a nave espacial usou o seu altímetro de radar para medir a profundidade do líquido en Kraken Mare e Moray Sinus, un estuario situado no extremo norte do mar. Os científicos de Cornell, xunto cos enxeñeiros do Laboratorio de Propulsión a Reacción (JPL) da NASA, descubriran como discernir a batimetría (profundidade) do lago e o mar ao observar as diferenzas de tempo de retorno do radar na superficie líquida e o fondo do mar, así como a composición do mar ao recoñecer a cantidade de enerxía de radar absorbida durante o tránsito a través do líquido.
Resulta que Moray Sinus ten uns 85 metros de profundidade, menos que as profundidades do centro de Kraken Mare, que era demasiado profundo para que o radar puidese medilo, polo que deducen que ten polo menos 300 metros. Sorprendentemente, a composición do líquido, principalmente unha mestura de etano e metano, estaba dominada polo metano e era similar á composición da próxima Ligeia Mare, o segundo mar máis grande de Titán.
Antoriormente especulouse con que Kraken podería ser máis rico en etano, tanto polo seu tamaño como pola súa extensión ás latitudes máis baixas da lúa. Segundo os científicos, a observación de que a composición líquida non é marcadamente diferente dos outros mares do norte é un achado importante que axudará a avaliar modelos do sistema hidrolóxico similar á Terra de Titán.
Un enigma é a orixe do metano líquido. A luz solar de Titán, unhas 100 veces menos intensa que a da Terra, converte constantemente o metano da atmosfera en etano. Durante períodos de aproximadamente 10 millóns de anos, este proceso esgotaría por completo as reservas de superficie de Titán, segundo indican no estudo.
O autor do estudo cre que nun futuro afastado, un submarino, probablemente sen un motor mecánico, navegará por Kraken Mare. "Grazas ás nosas medicións -sinala-, agora os científicos poden inferir a densidade do líquido con maior precisión e, en consecuencia, calibrar mellor o soar a bordo do barco e comprender os fluxos direccionais do mar".
FONTE: abc.es/ciencia

Sandra Díaz, Sandra Lavorel e Mark Westoby / D.M. Cáceres/R. C./C. Stacey
Os ecólogos Sandra Myrna Díaz (Córdoba-Arxentina, 1961), Sandra Lavorel (Lyon-Francia, 1965) e Mark Westoby (Hayes-Middlesex-Reino Unido, 1947) foron galardoados polas súas achegas na investigación e catalogación das características funcionais das plantas co Premio Fronteiras do Coñecemento na categoría de Ecoloxía e Bioloxía da Conservación.
Cada ano, os científicos describen unhas 20.000 novas especies de plantas e animais. Pequenos bloques para construír o monumental edificio que supón o inventario completo do mundo natural, unha tarefa colosal que comezou en 1758 coa 10ª edición do libro Systema Naturae do sueco Carl Linnæus. Pero, ademais de ter un nome para cada especie, tamén é importante coñecer as súas características. A achega dos galardoados ao coñecemento do reino vexetal permitiu catalogar a relación de cada planta e os seus trazos físicos (como a altura, o tipo de follas ou o tamaño das súas sementes) coa contorna no que viven.
FONTE: elcomercio.es e elmundo.es
En galego si que temos o verbo explotar, pero sabías que as bombas non *explotan? Esther Estévez Casado acláranolo.
Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.
A resposta á pregunta do día anterior é Pomo. En botánica, un pomo é un tipo de froito complexo de forma arredondada ou piriforme co mesocarpo carnoso e o endocarpo que contén as sementes, producido por plantas da especie vexetal da subfamilia Maloideae da familia Rosaceae. Outros exemplos de froitos deste tipo serían: peras, marmelos, nespera...
E imos coa pregunta de hoxe!

23. Na seguinte lista (con imaxes superiores) hai unha planta que non é briófita. Cal é?
- Hepática
- Fento
- Musgo
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: wikipedia.org, sites.google.com e yinyangperu.com