#DígochoEu: Non digas *estreno
Esther Estévez Casado estrea e non *estrena como presentadora de “Cachadas”. Hoxe, domindo ás 20:20, temos estrea na TVG!
#DígochoEu
Esther Estévez Casado estrea e non *estrena como presentadora de “Cachadas”. Hoxe, domindo ás 20:20, temos estrea na TVG!
#DígochoEu
Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.
A contestación correcta á pregunta de onte é Dinamita. Alfred Nobel converteuse en multimillonario grazas á invención da dinamita, un descubrimento que non tardaría en ser utilizado ao servizo das guerras. "Alfred Nobel inventou un explosivo máis poderoso que calquera coñecido entón -un medio sumamente eficaz para a destrución- Para aliviar a súa conciencia, instituíu o premio á promoción da paz", comentou Albert Einstein. E así foi. No seu testamento do 27 de novembro de 1895, Nobel asegurouse de que o 94% dos seus activos totais (31 millóns de coroas suecas), irían destinados á creación duns premios que honrasen contribucións notables para a humanidade.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. Cantas persoas se encontraban na cadea ao gañar o premio Nobel da Paz?
- 1
- 3
- 5
- 6
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org
Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.
A contestación correcta á pregunta de onte é Selma Lagerlöf. Todas as mulleres citadas gañaron un nobel, todas o de literatura menos Marie Curie (física e química) e a que tivo a honra de converterse na primeira muller en obter o prestixioso Premio Nobel de Literatura foi a escritora sueca Selma Lagerlöf, unha mestra rural coñecida pola Saga de Gösta Berling (1891) con heroes e cabaleiros, que tivo un grande éxito no país nórdico. A Academia Sueca elixiuna "en recoñecemento ao altivo idealismo, a vívida imaxinación e a percepción espiritual que caracterizan a todas as súas obras".
E imos coa pregunta de hoxe!

8. A orixe dos premios Nobel está unido a un particular invento. Cal?
- Transistor
- Lámpada
- Dinamita
- Máquina de coser
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

VERTICAIS: 2. Asunción 3. Fonsagrada 6. Gata 8. Sargo.
HORIZONTAIS: 1. Arxelia 4. Cunqueiro 5. Baikal 7. Pataca 9. Aranoia 10. OCDE.
Repaso de Cultura Xeral VI!
Continuamos aprendendo con Esther Estévez Casado as normas para distinguir vogais abertas e pechadas con este segundo capítulo!

VERTICAIS: 2. Capital do Paraguai 3. Concello da provincia de lugo e que é o máis grande de Galicia con 438,4 km2 6. Cabo localizado no sur da península Ibérica, fronte ao mar Mediterráneo, pertencente ao municipio de Níjar, na provincia de Almería (Andalucía) 8. Peixe da familia dos espáridos, de corpo oval comprimido lateralmente, cor gris prateada con sete ou oito bandas escuras nos costados e unha negra contra a aleta caudal e con nome científico Diplodus sargus.
HORIZONTAIS: 1. País máis grande de África con 2.381.7412 km 4. Apelido do escritor mindoniense, autor da obra de 1951 Si o vello Sinbad volvese ás illas 5. Lago de orixe tectónico, situado na rexión sur de Siberia (Rusia), considerado a reserva de auga doce máis grande do mundo.7. Moeda de curso legal da rexión administrativa especial de Macao (república Popular China) 9. Afluente do río Miño pola banda esquerda, cunha lonxitude é de 84,5 quilómetros, o que o converte no río máis longo da provincia de Ourense 10. Siglas da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico, fundada en 1961 e con sede central en París.
Esta pode ser unha das cousas máis difíciles do galego así que a explicación de Esther Estévez Casado vai ir amodiño e en varios capítulos.
Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.
A contestación correcta á pregunta de onte é Suecia . A cerimonia ten lugar cada ano na cidade de Estocolmo, en Suecia e desde 1902, os premios entrégaos o Rei de Suecia. O Nobel da Paz é o único que se entrega en Oslo, Noruega.
E imos coa pregunta de hoxe!

7. Que muller gañou por primeira vez o Nobel de Literatura en 1909?
- Grazia Deledda
- Marie Curie
- Sigrid Undset
- Selma Lagerlöf
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es Imaxe da solución: lavanguardia.com