Blogia

vgomez

CANTAS CORES TEN O ARCO DA VELLA

No século XVII, foi precisamente Isaac Newton quen se deu conta de que, cando separamos a luz branca cun prisma (ou pingas de choiva), obtemos o espectro visual da luz de cor (tamén coñecido como arco da vella). No espectro visual, cada cor mestúrase cos seus respectivos ’veciños’. Non é un conxunto distinto de cores, senón un espectro. Pero Newton decidiu que probablemente deberiamos dividir este espectro en anacos, para poder falar máis facilmente sobre el. Ao facer pasar un feixe de luz branca por un prisma de cristal, o físico viu que se separaba en cores puras, os mesmos que aparecen no arco iris. En ambos os casos, o espectáculo cromático débese ao fenómeno da refracción da luz cando pasa dun medio -o aire- a outro -o vidro ou unha pinga-, sae descomposta nunha rica gama de cores, que van do violeta ao vermello. Concretamente, considérase que estes poden definirse en sete cores fundamentais: vermello, laranxa, amarelo, verde,  cian, azul e violeta.

O arco da vella é un fenómeno visual que nunca parece perder a súa maxia, sen importar cantas veces vises un destes grandes arcos multicolores no ceo.

As cores do arco da vella son causados por unha combinación de refracción (flexión) e reflexo (rebote) da luz do sol polas pingas de auga na atmosfera. Ademais, os ángulos dos raios de luz que alcanzan os seus ollos desde os puntos nos que se atopan coas pingas de auga deben estar dentro dun certo rango, e á distancia correcta do observador.

Un dos feitos máis fascinantes sobre o arco da vella é que é imposible que dúas persoas vexan exactamente o mesmo arco da vella. Podes pensar que estás a ver o mesmo; mesmo poderías describirllo á persoa que estea ao teu lado e notarás que se parece ao que describiches pero realmente non estás a ver o mesmo. Por que motivo?

Cando estás a mirar un arco da vella, estás a mirar a luz que se reflicte nas pingas de choiva que se atopan sobre o horizonte. Pero o horizonte sempre é diferente, aínda que ás veces só un pouco distinto do dos demais, e viceversa. E é que os teus ollos e os doutra persoa non poden estar no mesmo lugar no espazo simultaneamente, polo que nunca poderedes contemplar o mesmo arco da vella.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

CANTO SABES DOS INSECTOS? IX

Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.

A contestación á pregunta de onte é Sangue fría. Esa é a forma coloquial, xaque correctamente serían animais poiquilotermos ou ectotérmicos. neste grupo estarían os animais invertebrados, peixes, anfibios e réptiles. Son animais que non regulan a súa temperatura interna. A súa temperatura corporal varía segundo a temperatura do ambiente.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Que insecto pode virar a súa cabeza 180 graos para observar a súa contorna?

- Barbantesa

- Lagosta

- Avispón

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es/natureza Imaxe: pxhere.com/es

#Dígochoeu: Non digas *abuelo

 

Que si, que todos dicimos abuelo e abuela... pero debemos facer un esforzo e usar as palabras que temos no galego. Esther Estévez Casado dinos cales son.

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *andiven

 

Non digas *andiven. ’Andar’ é un verbo regular. Facelo irregular, como pasa no castelán, é incorrecto. Entón? Esther Estévez Casado danos a solución.

#DígochoEu

CANTO SABES DOS INSECTOS? VIII

Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.

A contestación á pregunta de onte é A bolboreta podalirio. Esta bolboreta de nome científico Iphiclides podalirius, pertencente á familia Papilionidae, é unha das bolboretas máis grandes e bonitas de Europa, podendo alcanzar as femias unha envergadura de entre 55 e 75 mm. Os machos son lixeiramente máis pequenos.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Os insectos son animais de sangue quente.

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es/natureza Imaxe: es.tiching.com

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XLI

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XLI

VERTICAIS: 1. Forxa 2. Sufrideira 3. Fragua 4. Zafra 6. Tufo 9. Lima.

HORIZONTAIS: 5. Atizador 7. Tenaces 8. Martelo 10. Pía.

Ferramentos do ferreiro!

#DígochoEu: Non digas *huella dactilar

 

En galego non dicimos *huellas! Temos outros termos dependendo de se nos referimos ás mans ou aos pés. Esther Estévez Casado danos a solución.

#DígochoEu

CRUCIGRAMA XLI

CRUCIGRAMA XLI

VERTICAIS: 1. Taller onde se traballa o ferro 2. Utensilio metálico usado polos caldeireiros e ferreiros, que se coloca debaixo da peza que se vai perforar cun punzón para impedir que este se fane 3. Fogón onde se quentan os metais para despois traballalos ou forxalos 4. Peza de ferro, polo xeral con punta cónica nun dos lados, na que se traballan os metais 6. Instrumento empregado para facer os ollos das ferramentas 9. Barra de aceiro coa superficie estriada que serve para desgastar e alisar materias duras.

HORIZONTAIS: 5. Barra de metal que serve para atizar o lume 7. Ferramenta formada por dous brazos móbiles de metal unidos por un eixe e rematados en forma de gancho, que se utiliza para agarrar, cortar ou arrincar algo 8. Ferramenta composta dunha peza de material forte e pesado como o ferro encaixada nun mango, que se utiliza para dar golpes con diferentes fins 10. Recipiente cóncavo de pedra ou doutro material, para conter líquidos, de diversas formas e tamaños segundo o uso que se lle dá.