Blogia

vgomez

CANTO SABES DOS INSECTOS? VII

Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.

A contestación á pregunta de onte é O escaravello peloteiro. Concretamente a especie Onthophagus taurus (escaravello peloteiro cornudo), pode levantar nada menos que 1.141 veces o seu propio peso. Habita no paleártico: Eurasia (desde a península ibérica ata Afganistán) e o Magreb.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Bonita, verdade? Sabes que bolboreta é?

- Macaón

- Podalirio

- Gran bruxa gris

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es/natureza Imaxe: desmotivaciones.es

TODO UN SISTEMA SOLAR NA ESTRELA MÁIS PRÓXIMA AO SOL

Representación artística de Próxima b, unha terra que tamén está na órbita de Próxima Centauri - ESO/M. Kornmesser

Hai tan só uns días fíxose publica unha investigación que acababa de confirmar a existencia de Próxima b, un  exoplaneta parecido á Terra na estrela máis próxima ao Sol. Pero a estrela que acubilla a esta terra, de nome Próxima Centauri, está a dar moito máis que falar estes días. Varias investigacións están a sinalar a posibilidade de que alí existan máis planetas, á parte de Próxima b: todo un sistema solar por descubrir e observar coa próxima xeración de instrumentos.

Agora, Fritz Benedict, investigador emérito no Observatorio McDonald, na Universidade de Texas en Austin, Estados Unidos, anunciou uns achados que confirman un estudo anterior que suxería a existencia de Próxima c, un mundo frío situado máis aló de Próxima b. Grazas á análise de vellos datos recolleitos polo telescopio espacial Hubble, o astrónomo asegura dar con probas de que existe un mundo, que podería ser unha  superterra ou un minineptuno, que tarda 1.907 días en dar unha volta ao redor de Próxima Centauri. Os seus achados foron publicados esta semana no encontro anual da American Astronomical Society.

Próxima b foi descuberto en 2016 polo equipo do español Guillem Anglada-Escudei, a través do método da velocidade radial: este non se basea en observar directamente os planetas nin en detectar os tránsitos, as baixadas de brillo que provocan os planetas ao pasar por diante das súas estrelas, senón en estudar o efecto da súa masa sobre o movemento das estrelas. Grazas a isto pódese deducir a masa e a distancia á que está o planeta da súa estrela, pero vólvese necesario facer máis observacións para afinar os parámetros e confirmar os achados. 

Un estudo dirixido por astrónomos do observatorio de Xenebra (Suíza) confirmaba a existencia de Próxima b e melloraba as estimacións sobre a súa masa. Pero ademais diso, estes científicos suxerían a existencia dun novo planeta en Próxima Centauri. Aínda que Próxima b está moi preto da súa estrela, sete veces máis preto dela que Mercurio do Sol, os astrónomos atoparon indicios de que podería haber outro pequeno mundo situado aínda máis preto. Podería ser que á parte de Próxima b houbese un mundo aínda máis interior.

A historia non acaba aquí. A principios deste ano o equipo de Mario Damasso, do Instituto Nacional de Astrofísica (INAF), en Italia, propuxo a existencia de Próxima c, outro planeta situado na órbita de Próxima Centauri pero moito máis lonxe que Próxima b. A través da técnica da velocidade radial, Damasso e colegas concluíron que este exoplaneta está a unha distancia un 50% maior á que está a Terra do Sol e que ten entre catro e oito masas terrestres.

Hai uns días, a investigación impulsada por Fritz Benedict, astrónomo do Observatorio McDonald, veu a apoiar con novos resultados o proposto por Damasso, á vez que afinou as súas estimacións.

A confirmación de Fritz Benedict chegou porque decidiu recuperar uns datos cos que xa traballou hai décadas. Foron recollidos polo telescopio espacial Hubble, nos anos noventa, e teñen rexistrada a posición de Próxima Centauri. Así, grazas á astrometría, Benedict localizou sinais da presenza dun planeta cun período de 1.907 días, o que coincide coas estimacións de Damasso. Segundo os seus cálculos, Próxima c ten ao redor de sete masas terrestres.

Significa todo isto que se pode afirmar que hai un sistema solar con varios planetas en Próxima Centauri? Segundo Fritz Benedict, para confirmar a existencia de Próxima c será necesario esperar a novas observacións, incluíndo as de imaxe directa realizadas por instrumentos como SPHERE, para o que comentou que haberá que esperar a que pase a pandemia de  COVID-19 e a que «Próxima  Centauri saia de detrás do Sol» (en realidade será o Sol o que se mova).

Benedict tamén destacou a contribución que podería ter a misión europea Gaia, que podería mellorar 50 veces a resolución dos seus resultados de astrometría conseguidos co Hubble, e que podería detectar tanto as perturbacións causadas por Próxima b como por Próxima c en Próxima Centauri.

Ademais diso, o astrónomo afirmou que este posible planeta será un branco moi importante para a próxima xeración de telescopios espaciais (como WFIRST), así como os telescopios xigantes terrestres, que poderá usar técnicas de imaxe directa para estudar as atmosferas destes  exoplanetas, co importante que iso é para estudar como son e se poderían albergar vida.

FONTE: Gonzalo López Sánchez/abc.es/ciencia

#DígochoEu: Non digas *a partires nin *a pesares

 

De onde saíu isto? Non digas *a partires nin *a pesares. E entón como é? Esther Estévez Casado danos a solución.

#DígochoEu

CANTO SABES DOS INSECTOS? VI

Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.

A contestación á pregunta de onte é Si. Non son exactamente dentes ao uso, é dicir, non posúen pezas de esmalte, pero si contan con dentículos, 47 dentes cos que perforan a pel e succionan o sangue das vítimas.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. O insecto máis forte do mundo é...

- A formiga tecedora

- O escaravello Hércules

- O escaravello  peloteiro

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es/natureza Imaxe: desmotivaciones.es

DESCOBREN OUN PEQUENO DINOSAURO CARNÍVORO CON PATAS DE RAPTOR E ÁS

Reconstrución artística dun individuo adulto e un máis novo do Overoraptor chimentoi / Conicet. gov.ar/Ilustración: Gabriel Lio

Paleontólogos arxentinos presentaron unha nova especie de dinosauro de 90 millóns de anos de antigüidade que tiña patas semellantes a un raptor e ás na parte superior do seu corpo, polo que o seu achado achega información para comprender como evolucionaron e xurdiron as aves.

O achado deste dinosauro emparentado coas aves produciuse na provincia de Río Negro, na Patagonia. Trátase dun animal pequeno e áxil que non superaba o metro e medio de lonxitude. Aínda que non podía voar, este dinosauro podía efectuar movementos semellantes aos que realizan as aves modernas durante o voo e usaría as ás para equilibrarse nos momentos en que corría, por exemplo, para atacar ás súas presas. 

"Este animal posuía unha garra moi afiada no dedo índice do seu pé, a cal seguramente lle servía para atacar ás súas presas, e tiña unha pata alongada e grácil, o que indica que era un animal corredor", comentou o autor principal do estudo publicado na revista The Science of Nature.

Os achados achegan novos datos sobre como evolucionaron as aves a partir deste grupo de dinosauros. 

Ata o achado desta nova especie, todos os dinosauros  carnívoros que se coñecían da Patagonia con aspecto de aves pertencían ao grupo dos unenlágidos, os cales eran áxiles e camiñaban nas patas traseiras. Estas especies, tiñan unha garra recurvada no dedo índice do pé, puntiaguda, de pequeno tamaño, que seguramente era de axuda para estes carnívoros ao momento de atrapar ás súas presas.

"Ao contrario do que asumimos nun comezo, o Overoraptor non é integrante desta familia dos unenlágidos, senón doutro grupo que inclúe a unha especie de Madagascar chamada Rahonavis", precisase no estudo. Engadindo: "Agora, sabemos que os continentes austrais estiveron habitados por variados paravianos, incluíndo aos unenlágidos e os ’overoraptores’; isto fala dunha gran diversidade de formas que apenas estamos a empezar a coñecer".

O nome Overaptor  chimentoi alude ao patrón de cor overo, con manchas escuras, co cal os seus fósiles foron preservados, e fai referencia ao paleontólogo Nicolás Chimento que efectuou o seu achado inicial en 2013.

FONTE: elmundo.es/ciencia

CANTO SABES DOS INSECTOS? V

Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.

A contestación á pregunta de onte é Bolboreta ás de paxaro. Esta bolboreta de nome científico Ornithoptera alexandrae, pertence á familia Papilionidae, e é a bolboreta diurna máis grande do mundo. Habita en Nova Guinea (Papúa Nova Guinea).​

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Os mosquitos teñen dentes?

- Si

- Non

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es/natureza Imaxe: desmotivaciones.es

#DígochoEu: Non digas nin *eso nin *esos

 

Non digas nin *eso e nin *esos... Queres saber por que? Esther Estévez Casado danos a razón.

#DígochoEu

SE A AUGA DO MAR É AZUL, POR QUE A ESCUMA É BRANCA?

A que nunca te paraches a pensalo! Se a auga do mar é azul, por que a escuma é branca?

A escuma está formada por infinidade de burbullas de aire que se forman no segmento máis alto das ondas. Cando rompe unha onda o aire (que teñen menos densidade que a auga) sobe á superficie, onde forman unha fina película de auga rechea de aire.

Esta capa reflicte a luz sen apenas absorbela, facendo un efecto de espello que nós percibimos de cor branca, o cal contrasta coa cor escura que adopta o mar cando o miramos desde arriba, xa que absorbe case todas as lonxitudes de onda, sen apenas reflectir ningunha.

Marea de escuma no Porto de A Guarda / Imaxe: youtube

Non confundamos a escuma natural do mar, citada anteriormente, coa  escuma debida á contaminación orgánica. As verteduras que veñen cargados de fertilizantes, deterxentes e abonos son perfectos para xerar unha gran cantidade de escuma e con moita menos axitación que a escuma natural. Cando unha auga contaminada con estes químicos son axitados pola ondada, adoitan causar grandes cantidades de escuma. A duración da mesma, de novo depende da temperatura ambiental, da da auga e da concentración dos contaminantes nese momento. É o mesmo que botar lavalouzas nun vaso de auga en casa e removelo cunha culler. Dependendo da concentración de lavalouzas, farase máis ou menos escuma.

FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia e meteorologiaenred.com Imaxe: pxhere.com/es