#DígochoEu: Non digas *mascarilla
Aquí temos outro castelanismo acabado en -illa que convén eliminar: *macarilla. Esther Estévez Casado danos unha solución ben fácil!
#DígochoEu
Aquí temos outro castelanismo acabado en -illa que convén eliminar: *macarilla. Esther Estévez Casado danos unha solución ben fácil!
#DígochoEu
Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.
A contestación á pregunta de onte é Saltamontes arco iris. Este saltamontes de nome científico Dactylotum bicolor, pertence á familia Acrididae, sendo orixinario dos Estados Unidos, Canadá e o norte de México e exhibe aposematismo (coloración de advertencia). Foi descrito por primeira vez polo entomólogo alemán Toussaint de Charpentier en 1843.
E imos coa pregunta de hoxe!

4. Esta bolboreta é a máis grande do mundo. As súas ás teñen unha envergadura duns 25 cms. Cal é?
- Bolboreta arlequín
- Bolboreta ás de paxaro
- Bolboreta monarca
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: muyinteresante.es/natureza
De sol, de natación, de mergullo... Hai moitos tipos, pero en galego non lle chamamos *gafas! E atentos porque tampouco é correcto dicir *lentillas. Esther Estévez Casado danos a solución.
#DígochoEu
Doutor en Neurociencia pola Universidade deOxford e doutor en Medicina pola Universidade de Granada, Francisco Moura é catedrático de Fisioloxía na Universidade Complutense de Madrid. Referente internacional en Neuroeducación, destaca a importancia que teñen as emocións na aprendizaxe e é autor dunha obra mítica neste campo, ‘Neuroeducación: só pódese aprender aquilo que se ama’. Segundo afirma: “Tentar ensinar sen coñecer como funciona o cerebro, pronto será como deseñar unha luva sen nunca antes ver unha man”.
No seu último libro, ‘Neuroeducación e lectura: da emoción á comprensión das palabras’, Francisco Moura analiza a relación entre o cerebro, a lectura, a linguaxe e as emocións. Neste sentido, asegura que a lectura é “a gran revolución” que transformou o mundo, traspasando xeografías, culturas e pontes, "porque nace da necesidade humana de comunicarnos e compartir cos demais”. Para el, a maxia da lectura reside en que cada ser humano crea un mundo único e irrepetible nas palabras escritas: “O que escribiu o escritor ten un sentido que é renovado e evocado, de novo, de maneira diferente, universal e única, por cada lector”. Admirador e defensor dos mestres, a eles dedícalles o seu último libro cunhas fermosas palabras: "Aos mestres, que nos ensinaron a ler e que tanto fixeron por abrir as portas a ese universo dun coñecemento e unha emoción nova".
Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.
A contestación á pregunta de onte é Verdadeiro. As cascudas son incriblemente veloces. Ao ser a presa de moitos depredadores, fuxir rápido é o seu mecanismo de defensa. Estes insectos rastreros poden desprazarse cunha velocidade de 1,5 metros por segundo (5,4 km/h). Para poñer as cousas en perspectiva, o equivalente humano é de ao redor de 320 km/h!
E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é o insecto que aparece na imaxe?
- Saltamontes arco iris
- Saltamontes tartaruga
- Weta xigante
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: muyinteresante.es/natureza
Xa está aquí o truco definitivo para que non te trabuques co ’te’ e co ’che’. Esther Estévez Casado explíacnolo en só 1 minuto!
#DígochoEu
Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.
A contestación á pregunta de onte é Mosquitos. O animal máis mortífero é o mosquito, ao que só o ser humano fai competencia de preto. Case 700 millóns de persoas contraen algunha enfermidade causada por un mosquito cada ano. E máis dun millón delas morren. A malaria é unha destas enfermidades, pero non é nin moito menos a única. Febre amarela, dengue, chikungunya, virus zika… todas estas enfermidades son só algunhas das causadas por estes insectos.
E imos coa pregunta de hoxe!

2. Se as cascudas tivesen o tamaño dun humano alcanzarían unha velocidade de máis de 300 Km/h.
- Verdadeiro
- Falso
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: muyinteresante.es/natureza
Neste documental contarémosche 14 mil millóns de anos de historia, a través dunha viaxe rápida de 120 minutos, desde o principio do tempo ata a actualidade, facendo escala para explorar os puntos de inflexión, momentos históricos e as extraordinarias conexións entre o pasado afastado e a nosa vida cotiá. Esta é unha nova forma de ver a historia do universo, o planeta Terra e a humanidade: o xurdimento da vida, o avance do home e o crecemento da civilización.