Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS

A ORIXE DAS PALABRAS: "HOUSTON, TEMOS UN PROBLEMA"

A ORIXE DAS PALABRAS: "HOUSTON, TEMOS UN PROBLEMA"

Astronautas do Apolo XIII / Imaxe:aldeavillana.com

Ante un momento crítico frecuentemente dicimos a expresión: “Houston, temos un problema”. A súa orixe é que estas foron as palabras de auxilio do astronauta Jack Swigert que pasarían á posteridade, e que deron paso unha frenética actividade na que tanto os tripulantes do Apolo 13 como os enxeñeiros e demais membros da misión en Terra puxeron a proba a súa capacidade de reacción. O 11 de abril de 1970 despegou o Apolo 13, a terceira misión tripulada con intención de aterrar na Lúa. A explosión dun dos tanques de osíxeno da nave facía imposible a aluaxe e poñía en perigo a supervivencia dos astronautas pero, afortunadamente, o 17 de abril toda a tripulación aterraba sa e salva no noso planeta, a bordo do seu peculiar bote salvavidas: o Aquarius.

FONTE: Revista Muy Interesante

A ORIXE DAS PALABRAS: QUE NON CHA DEAN CON QUEIXO

A ORIXE DAS PALABRAS: QUE NON CHA DEAN CON QUEIXO

Viño e queixo / Imaxe:santacecilia.es

Se alguén trata de enganarnos dicimos que quere "dárnola con queixo" e tamén utilizamos a expresión "que non cha dean con queixo" cando queremos advertir a alguén de que non sexa vítima dun engano.

Esta expresión tan utilizada nestes casos, provén de cando os antigos adegueiros recibían a visita dos compradores de viño a granel e ofrecíanlles unha cata, con tal de que probasen os seus caldos antes de compralos.

Sempre existía algunha anada de viño que saía menos bo que outros e para que non se notase a baixa calidade e fose adquirido, servíano acompañado dunha ración de queixo.

O sabor e forte cheiro do queixo disimulaba a baixa calidade do viño, polo que, en moitas ocasións, o adegueiro acababa enganando aos compradores e estes terminaban comprando ese xénero ao mesmo prezo que o de maior calidade.

FONTE: blogs.20minutos.es

A ORIXE DAS PALABRAS: XAQUECA

A ORIXE DAS PALABRAS: XAQUECA

Xaqueca / Imaxe:abcblogs.abc.es

Este vocábulo non figura rexistrado no dicionario da RAE ata 1817, a pesar de que a xaqueca constitúe un padecemento universal, "que está connosco dende sempre", como aseguran os neurólogos. 

Non obstante, documéntase o uso desta palabra en datas moi anteriores nas formas axaqueca e xaqueca, caso do Lapidario (1271-1279), de Alfonso X o Sabio, que reza o seguinte: "A dor que se faze na media cabeça, a que chaman en arábico xaqueca,". Así é, do árabe saqqah adoptamos a palabra que aquí nos atinxe, cuxo significado "metade" ou "lado" define perfectamente a realidade desa dor, que adoita localizarse nun lado do encéfalo, segundo os neurólogos.

Pero a idea de que se trata dunha molestia que afecta parcialmente á nosa cabeza tamén está presente en xaqueca, que aparece case un século máis tarde no dicionario académico. Esta voz procede do termo médico de orixe latino hemicrania, que á súa vez deriva do grego hmikrní ou, o que é o mesmo, "metade do cranio".

FONTE: Revista Muy Interesante

A ORIXE DAS PALABRAS: CARCA

A ORIXE DAS PALABRAS: CARCA

Carca ten a súa orixe na palabra portuguesa corcunda (chepudo) / Imaxe: emol.com

Cala papá, que eres un carca! Esta é unha expresión que decotío empregan os mozos ao falar cos seus proxenitores ou persoas maiores sobre certos temas.

Carca é un adxectivo coloquial  que significa persoa de ideas retrógradas, aínda que tamén pode actuar como substantivo.

A palabra non é de orixe española, é unha españolización da palabra portuguesa corcunda (chepudo), utilizada na guerra civil portuguesa para cualificar os miguelistas ou partidarios de Don Miguel.
Como queira que naquela contenda participaron tropas españolas para liquidar no posible o lexitimismo e a tradición portuguesa, á súa volta a España e en tempos da primeira guerra carlista aplicaron o epíteto de carcunda aos carlistas, homólogos en moitos sentidos aos miguelistas portugueses.

A ORIXE DAS PALABRAS: PALÍNDROMO

A ORIXE DAS PALABRAS: PALÍNDROMO

Portada do libro A Torre da derrota de Gonzalo Navada. Edicións Xerais

A palabra palíndromo procede do grego palíndromos, formada por palín (de novo) e dromos ( pista de carreira). Ou sexa carreira en círculos.

Palíndromo é un adxectivo [Palabra, verso etc.] que pode lerse indistintamente de dereita a esquerda e de esquerda a dereita sen que cambie o sentido.

Aquí temos un exemplo, un poema do libro “A torre da derrota de Gonzalo Navaza. O mesmo título do libro, é un palíndomo. Fíádevos!

azar traza
a torre da derrota
e ti, o navío na noiva noite.

a rosa ve, evasora
a torre da derrota,
e acaso rosa cae
na man.

e ti, Onan na noite.

a terra trona e a nortar reta,
na man
o timón: o mito.

a lúa é aula.
adival a vida.

A ORIXE DAS PALABRAS: ESTÁS EN BABIA!

A ORIXE DAS PALABRAS: ESTÁS EN BABIA!

Cartel da bisbarra de Babia (León) / Imaxe:lacronicadeleon.es

“Estás en Babia!”

Seguramente, alguna vez che dirían esta expresión, cando non estás onde tes que estar, estás ausente, non atento e pensando noutra cousa. Pero cal é a súa orixe?

Babia existe e é unha bisbarra da provincia de León. Durante a Idade Media, ao parecer, abundaba a caza nese lugar e os reis de León elixírono como punto de repouso, particularmente para afastarse dos problemas da corte, complicada coas intrigas palacianas dos nobres. Estas ausencias do rei motivaban a miúdo a inquietude dos súbditos aos cales, cando preguntaban por el, repondianlle evasivamente que o rei estaba en Babia. Incluso algunas veces, estando na corte, cando non querían recibir a algún nobre ou persoa incómoda, comunicábanlle que estaba en Babia, e con isto daban a entender que a súa Alteza non quería saber nada de nada desa persoa.

A ORIXE DAS PALABRAS: MÉXICO

A ORIXE DAS PALABRAS: MÉXICO

Estados Unidos Mexicanos / Imaxe:elabueloeduca.com

México significa "no embigo da Lúa". Do náhuatl Metzthi (lúa) e xictli (embigo). Os aztecas pronunciábano "Meshico", os españois escribíano "México" xa que o "X" pronunciabase "sh" e non existía a pronunciación do "j". Cando cambiou a grafía do "x" á "j" empezóuselle a chamar "Méjico" pero seguíuse escribindo "México".

A ORIXE DAS PALBRAS: ATLAS

A ORIXE DAS PALBRAS: ATLAS

Atlas / Imaxe:servilibro.com 

Os primeiros libros de mapas tiñan na cuberta un gravado dun heroe mitolóxico chamado Atlas heroe mitolóxico chamado Atlas a quen Zeus lle impuxo como castigo soster eternamente sobre os seus ombros a bóveda celeste. O primeiro libro que recibiu o nome de Atlas foi unha colección de mapas de Mercator publicada en 1595.
Agora todos os libros de mapas se lles denominan atlas.