SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS VII

Moi fácil! A segunda parte será máis compricado!

Moi fácil! A segunda parte será máis compricado!

MUROS BETANZOS NOIA LOBIOS
VERÍN TUI BAIONA LALÍN
RIBADEO MONFORTE XINZO PONTEAREAS
REDONDELA

VERTICAIS: 1. Escola 2. Compás 3. Folio 5. Encerado 6. Microscopio 8. Bolígrafo 9. Tableta 11. Mochila
HORIZONTAIS: 4. Pupitre 7. Lapis 10. Calculadora 12. Caderno 13. Carpeta 14. Xiz
Elementos do estudo!

VERTICAIS: 1. Establecemento público, de propiedade privada ou do Estado, onde se dá calquera tipo de ensinanzas e, en particular, centro de ensino primario 2. Instrumento composto de dous brazos articulados por un extremo, que serve para trazar curvas regulares ou para medir 3. Folla de papel dun tamaño que corresponde á metade dun prego e ao dobre dunha cuartilla 5. Cadro, de diferentes materiais, que se usa normalmente nas escolas para escribir ou debuxar 6. Instrumento óptico que aumenta a imaxe das cousas que se ven a través del, de modo que permite examinar o que é demasiado pequeno para aprecialo a simple vista 8. Instrumento para escribir que consta dunha barra con tinta introducida nun cilindro e dunha punta rematada nunha boliña que, ao apoiala sobre o papel, permite o paso da tinta 9. Computador persoal de man co que se interactúa por medio dunha pantalla táctil 11. Bolsa que se leva ao lombo, colgada dos ombreiros.
HORIZONTAIS: 4. Mesa de madeira coa tapa en forma de plano inclinado que se emprega para escribir nas escolas 7. Instrumento para escribir, debuxar ou pintar, formado por unha fina barra de grafito ou doutro material, recuberta por unha envoltura de madeira 10. Máquina que serve para realizar operacións matemáticas por medio de procedementos mecánicos ou electrónicos 12. Conxunto de follas de papel, unidas de diversas formas, que se utilizan para escribir nelas 13. Utensilio formado xeralmente por un cartón dobrado pola metade, ás veces forrado doutro material, usado para gardar dentro papeis 14. Arxila branca rica en calcio que, entre outros usos, se emprega preparada en barriñas para escribir en certas superficies.
A contestación a pregunta de historia de onte é César Augusto. Tamén coñecido como Octavio, foi o primeiro emperador romano, xa que co seu antecesor morreu a República que gobernara Roma. Ademais, foi o emperador romano que máis tempo estivo no poder. Gobernou entre o ano 27 a. C. e o 14 d. C., ano da súa morte.
E imos coa pregunta de hoxe!

Platón / Imaxe: caracteristicas.co/platon
18. Filosofía. O verdadeiro nome de Platón era Temístocles de Atenas?
- Verdaeiro
- Falso
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia
A contestación a pregunta de xeografía de onte é Serbia. Situada na península balcánica, no sueste de Europa, limita con Hungría ao norte; con Rumania e Bulgaria ao leste; con Macedonia do Norte e Albania ao sur; e con Bosnia e Hercegovina, Croacia e Montenegro ao oeste.
E imos coa pregunta de hoxe!

17. Historia. Quen foi o prieiro emperador romano?
- Xulio Cesar
- Nerón
- Calígula
- César Augusto
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia
A contestación a pregunta de deporte de onte é Falso. Existen varias excepcións. As edicións de 1916, 1940 e 1944 foron aprazadas debido ao estalido da Primeira Guerra Mundial e, posteriormente pola Segunda Guerra Mundial. Senllos conflitos bélicos pausaron a celebración dos Xogos Olímpicos desde que se celebrasen en Atenas a partir do 6 de abril de 1896.
E imos coa pregunta de hoxe!

16. Xeografía. Cal destes países non ten acceso ao mar?
- Exipto
- Chipre
- Eslovenia
- Serbia
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia

Un repaso ás árbores galegas!