Blogia
vgomez

A PENSAR

SOPA DE LETRAS V

CHOPO         PIÑEIRO      CASTIÑEIRO         FREIXO

CARBALLO    ACIVRO       CERQUIÑO            TEIXO

SOBREIRA    ÉRBEDO       PRADAIRO            SALGUEIRO

AMIEIRO       FAIA

CÓCTEL DE SABERES XV

A contestación a pregunta de música de onte é Vivaldi. As catro estacións  é un conxunto de 4 concertos para violín do compositor barroco Antonio Vivaldi (1678-1741). Compúxoas en 1723, e é súa obra máis coñecida e, tamén, unha das máis popularizadas de toda a música clásica. Os concertos publicáronse en 1725 formando parte dun conxunto de doce concertos, op. 8, co título Il Cimento dell’armonia e dell’inventione. Os primeiros catro concertos chamáronse Le quattro stagioni e fan referencia a cada unha das estacións do ano. Cada concerto segue a estrutura de tres movementos, cun movemento lento central (lento, adagio, largo), no medio de dous movementos rápidos (allegro, presto, etc.).

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Deporte. Dende 1896 celebráronse ininterrompidamente os Xogos Olímpicos cada catro anos.

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia

CÓCTEL DE SABERES XIV

A contestación a pregunta de literatura de onte é Dante Alighieri . É a creación máis importante de Dante (1265-1321) e unha das obras fundamentais da transición do pensamento medieval (teocentrista) ao renacentista (antropocentrista). É considerada a obra mestra da literatura italiana e unha dos cumes da literatura universal. A obra está dividida en tres partes (Inferno, Purgatorio e Paraíso), cada unha das cales consta de 33 cantos, que co canto que serve de introdución suman un total de cen cantos.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Música. Quen compuxo As catro estacións?

- Mozart

- Beethoven

- Vivaldi

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA VII

VERTICAIS: 1.Cerceta  3.Lavandeira  4.Paporroibo  5.Mazarico  9.Gaivota

HORIZONTAIS: 2.Píllara  6.Papallás  7.Bufo  8.Andoriña  10.Ferreiriño 11.Cuco  12.Liñaceiro  13. Pombo  14.pardal

Crucigrama das aves galegas. Continuará!


CRUCIGRAMA VII

Verticais: 1. Ave palmípede da familia dos anátidos, máis pequena ca o pato, da que existen distintas especies e que podes observala no Esteiro do Miño  3. Paxaro da familia dos motacílidos, do que existen diversas especies, de cor gris ou verdosa polo lombo e branca ou amarela polo ventre, cunha cola longa que abanea con elegancia ao andar, voo lixeiramente ondulado e que vive en lugares húmidos  4. Paxaro da familia dos muscicápidos, de cor olivácea nas partes superiores, coa parte dianteira da cabeza e da gorxa e o peito rubios e ventre abrancazado. O seu nome científico é   Erithacus rubecula  5. Ave da orde dos caradriformes, de peteiro longo, delgado e curvado na punta cara a baixo, patas longas, que vive na beiramar e en xeral en lugares húmidos e se alimenta principalmente de miñocas, moluscos e insectos, da que existen varias especies  9. Ave da familia dos láridos, mariña e cosmopolita, de tamaño medio, ás longas, patas palmadas, plumaxe xeralmente de cor gris na parte superior das ás e, no lombo e no resto do corpo, branca, da que existen varias especies e que abundan no noso pob, causando algún que outro dano nos tellados das casas.

Horizontais: 2. Ave limícola de plumaxe gris ou parda na parte superior e xeralmente branca na parte inferior, de patas curtas e ás rematadas en punta, da que existen diversas especies e que ANABAN está a facer unha campaña de aniñamento nos areais preto da praia do Muíño  6. Ave da familia dos fasiánidos, de cor acastañada cunha mancha branca e moura na gorxa a xeito de colar no macho, e de cor máis apagada con pencas escuras no peito e sen colar na femia. Ten por nome cientíco Coturnix coturnix  7. Ave rapaz nocturna da familia dos estríxidos, de cor parda polo dorso e máis clara con riscos verticais escuros nas partes inferiores, ollos grandes, dous feixiños de plumas erguidas na cabeza a modo de orellas, da que existen varias especies  8. Paxaro da familia dos hirundínidos, coa parte superior de cor negra azulada, a inferior branca e a testa e a gorxa vermellas, ás rematadas en punta e cola gallada e que forma parte dunha canción de Xoan Pardo 10. Ave insectívora da familia dos páridos, de peteiro fino e do tamaño do gorrión da que existen varias especies. O seu cando dise que anuncia a choiva  11. Ave da familia dos cucúlidos, de cor cinsenta nas partes superiores e o pescozo e abrancazada con bandas grises nas inferiores, coa cola máis escura, que se caracteriza polo seu canto, contendo o seu nome  12. Paxaro da familia dos frinxílidos coa plumaxe de tons pardos, co peito e a testa encarnados durante a época estival nos machos. tamén se coñece como nabiñeiro  13. Ave da familia dos colúmbidos, de cor gris cinsenta, coas patas e o peito granates, pintas brancas nas ás e no pescozo e no extremo do rabo unha ancha banda negra. Ten por nome científico Columba palumbus  14. Paxaro da orde dos paseriformes, moi común, de pequeno tamaño, con plumas pardas raiadas de escuro e peteiro curto e curvo, que se alimenta de grans, sementes, insectos etc., e do que existen varias especies. Tamén se coñece como gorrión.


SOLUCIÓN CRUCIGRAMA V

Verticais: 1. Ulla 2. Tamuxe 4. Eo 7. Anllóns 8. Navia 9. Lérez 10. Eume

Horizontais: 3. Limia 5. Louro 6. Tambre 11. Verdugo 12. Sar

Un repaso da hidrografía galega!

CRUCIGRAMA V

Verticais: 1. Río da vertente Atlántica que desemboca en Catoira, formando despois a ría de Arousa 2. Afluente do Miño, coñecido tamén como Carballas, e que discorre polo concello de O Rosal 4. Río que fai de fronteira enre Galicia e o Principado de Asturias 7. Río da vertente Atántica que desemboca na ría de Corme e Laxe 8. Río da vertenta Cantábrica, que aínda que nace en Galicia, desemboca nun pobo co mesmo nome que o do río 9. Río pertencente á vertente Atlántica e que na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra 10. Río que desemboca na Ría de Ares, no Golfo Ártabro.

Horizontais: 3. Río que nace na provincia de Ourense pero que desemboca no océanao Atlántico en Viana do Castelo  5. Río afluente, pola dereita, do Miño, que desemboca neste no concello de Tui 6. Río que desemboca no océano Atlántico, formando un esteiro antes de abrirse na ría de Muros e Noia 11. Río que desemboca en Ponte Sampaio, ao fondo da ría de Vigo 12. Río coruñes que aparece nun libro de poemas de Rosalía de Castro, escrito íntegramente en lingua castelá.

Mañá a solución!

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA ESPECIAL LETRAS GALEGAS

VERTICAIS: 1. Curros (Manuel Curros Enríquez)  2. Pondal (Eduardo Pondal) 3. Novoneyra (Uxio Novoneyra) 5. Cabanillas (Ramón Cabanillas) 7. Cuevillas (Ramón Cuevillas) 8. Murguía (Manuel Murguía)  9. Castelao (Daniel Rodríguez Castelao) 10. Dieste (Rafael Dieste)

HORIZONTAIS: 4. Pedrayo (Ramón Otero Pedrayo) 6. Rosalía (Rosalía de Castro) 9. Cunqueiro (Álvaro Cunqueiro) 11. Pimentel (Luis Pimentel) 12. Risco (Vicente Risco) 13. Fole (Ánxel Fole)