Blogia
vgomez

A PENSAR

O PROBLEMA DA TORTA

Propóñoche o seguinte problema: OS CORTES DA TORTA

 

 

 

É moi sinxelo comprobar que, se realizamos un corte recto a unha torta, obtemos dous anacos. Cun segundo corte recto que cruzamento o anterior, conseguimos catro anacos e cun terceiro corte recto podemos chegar a sete anacos de torta.

Cal é o maior número de anacos que se poden conseguir con sete cortes rectos? Podes deducir unha regra xeral?

FONTE: zientzia-astea.org/es

SOLUCIÓN AO PROBLEMA DO ANIVERSARIO DE CARMEN

Problema-solución / Imaxe: marketingdirecto.com/

Lembrades a pregunta do problema? CANDO É O ANIVERSARIO DE CARME?

Resolvéstelo? Imos ver a solución:

Primeiro temos que pescudar é se Ana coñece o mes ou o día. Se o que sabe é o día, non podería ser o 18 nin o 19, que son os únicos que non se repiten. Como o resto de días repítense en diferentes meses, non hai posibilidade de que Beatriz saiba a data do aniversario como ela mesma afirma. Así pois, debe ser Ana quen coñece o mes.  

Da primeira premisa, sabemos que Ana está segura de que Beatriz non sabe cando é o aniversario, polo que maio e xuño deben ser descartados (o día 19 soamente aparece en maio e o día 18 só aparece en xuño).  

Noutras palabras, se Ana elixise maio ou xuño como resposta, non podería estar segura de que Beatriz non coñecía a data do aniversario, posto que Beatriz podería elixir o 18  ó 19.  

Seguindo con esa premisa, Beatriz sabe que maio e xuño están descartados. Por tanto, debe ser o 16 de xullo, o 15 de agosto ou o 17 de agosto (non pode ser o 14 porque se non, non o sabería).  

Como Ana tamén pode xa estar segura da data, debe saber que é xullo. Se fose agosto, non podería estar segura debido a que hai dúas datas neste mes, o 15 e o 17.

Por tanto, a data do aniversario é o 16 de xullo.

FONTE: zientzia-astea.org/es

PROBLEMA: O ANIVERSARIO DE CARMEN

PROBLEMA: O ANIVERSARIO DE CARMEN

 

Propóñoche o seguinte problema: O ANIVERSARIO DE CARMEN

Ana e Beatriz acaban de facerse amigas de Carmen, e queren saber cando é o seu aniversario. Carmen non lles contesta pero dálles unha lista de 10 posibles datas.

15 de maio - 16 de maio - 19 de maio

17 de xuño - 18 de xuño

14 de xullo - 16 de xullo

14 de agosto - 15 de agosto - 17 de agosto

Entón, Carmen dilles ao oído, a unha delas o mes e a outra o día do seu aniversario, e pregúntalles se poden descubrir a data completa. Entón desenvólvese o seguinte diálogo:

- Ana: Non sei cando é o aniversario de Carmen, pero si sei que Beatriz tampouco o sabe.

- Beatriz: Ao principio non sabía cando era o aniversario de Carmen, pero agora si o sei.

- Ana: Entón eu tamén sei cando é o aniversario de Carmen.

Cando cumpre anos Carmen?

FONTE: zientzia-astea.org/es

SOLUCIÓN AO ENIGMA DOS CATRO NOVES

SOLUCIÓN AO ENIGMA DOS CATRO NOVES

Interrogante / Imaxe: laboremploymentreport.com

Este era o enigma que propoñía onte:

Como podemos facer que catro noves dean como resultado cen?

Atoapche a solución? Non? Pois aquí a tes!


9/9+99=100

 

Non era tan complicado!

O ENIGMA DOS CATRO NOVES

O enigma matemático que hoxe propoño é sinxelo:

Como podemos facer que catro noves dean como resultado cen?

Podemos facer con eles calquera operacion: suma, resta, multiplicación e división.

A pensar!

Mamá a solución!

SOLUCIÓN AO DESAFÍO MENTAL DE ATOPAR UN LIBRO

fotonoticia_20181017150718-1810563139_640_result

 

Fuches quen de conseguilo? O récord estaba en 21 segundos. Arriba tes a solución.

O fundador da compañía Edu Prints Plus, Faisal Naisim, desvelou que o que lle levou a lanzar este desafío mental, tipo "Buscando a Wally", está inspirado no dominio cada vez maior da tecnoloxía nas nosas vidas e na súa particular visión de ler un libro físico en lugar de consumir información nunha pantalla.

FONTE: laregion.es

DESAFÍO MENTAL: ATOPAR UN LIBRO EN MENOS DE 20 SEGUNDOS

fotonoticia_20181017150718_500_result

 

Edu Prints Plus, compañía de carteis educativos con sede en Londres, compartiu o debuxo na súa páxina de Facebook, desafiando aos seus seguidores para detectar o libro oculto en menos de 20 segundos.

O reto consiste en atopar un libro nunha pila de aparellos electrónicos de todas as xeracións ( iPods, radios, computadores, videoconsolas, cámaras...) ilustrados en branco e negro nunha imaxe.

Podes atopalo? Pois en marcha o cronómetro.

Mañá a solución!

FONTE: laregion.es

ILUSIÓN ÓPTICA: "SERPES XIRATORIAS"

Se movemos os ollos e fiXámonos en diferentes partes da ilustración, contribuímos a crear a sensación de movemento.

O efecto de post-imaxe causado polo cansazo da retina (como cando despois de recibir un escintileo intenso de luz como un flash quédanos un punto escuro na nosa visión) produce este tipo de ilusións sorprendentes. Ata que non o imprimes e velo nun papel pensas que é un efecto de animación de ordenador.

Podes ver moitos máis exemplos similares na páxina do xaponés  Akiyoshi  KITAOKA, psicólogo e profesor da universidade de Kyoto, que dedica o seu traballo ao estudo e divulgación da percepción e as ilusións ópticas.

FONTE: educacionplastica.net