ILUSIÓN ÓPTICA: "SERPES XIRATORIAS"
Se movemos os ollos e fiXámonos en diferentes partes da ilustración, contribuímos a crear a sensación de movemento.
O efecto de post-imaxe causado polo cansazo da retina (como cando despois de recibir un escintileo intenso de luz como un flash quédanos un punto escuro na nosa visión) produce este tipo de ilusións sorprendentes. Ata que non o imprimes e velo nun papel pensas que é un efecto de animación de ordenador.
Podes ver moitos máis exemplos similares na páxina do xaponés Akiyoshi KITAOKA, psicólogo e profesor da universidade de Kyoto, que dedica o seu traballo ao estudo e divulgación da percepción e as ilusións ópticas.
FONTE: educacionplastica.net
0 comentarios