SOPA DE LETRAS CLIX
MEDICINA BIOLOXÍA MATEMÁTICAS
FÍSICA FARMACIA FILOSOFÍA
HISTORIA QUÍMICA ENFERMARÍA
ECONOMÍA DEREITO ODONTOLOXÍA
VETERINARIA PSICOLOXÍA CRIMINOLOXÍA
MEDICINA BIOLOXÍA MATEMÁTICAS
FÍSICA FARMACIA FILOSOFÍA
HISTORIA QUÍMICA ENFERMARÍA
ECONOMÍA DEREITO ODONTOLOXÍA
VETERINARIA PSICOLOXÍA CRIMINOLOXÍA
Onte propúxenvos a útima cuestión complexa e xeroglífica: CÉLEBRE MATEMÁTICO, FÍSISCO E ASTRÓNOMO BRITÁNICO.
Esta é a solución!
10.000 m2 é unha hectárea (Ha); L2 é LL; o lim do sumatorio é a definición do número irracional e; e o eixo de coordenadas que falta é o Y: Ha-LL-e-y
Polo tanto Edmond Halley.
Ata a próxima serie!
FONTE: Miguel Barral/bbvaopenmind.com
Onte propúxenvos unha cuestión complexa e xeroglífica: UN CLÁSICO ENTRE OS MATEMÁTICOS.
Esta é a solución!
A relación entre a área e o radio ao cadrado dunha circunferencia é Pi.
Polo que Pi-T-Agora-S
E agora a proposta de hoxe, e última da serie!
6. Seguindo estes mesmos criterios identifica: CÉLEBRE MATEMÁTICO, FÍSICO E ASTRÓNOMO BRITÁNICO.
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: Miguel Barral/bbvaopenmind.com Imaxe: martinova4/Getty Images
Onte propúxenvos un desafío de altos voos. Era o seguinte:
Sara quere ir de Madrid a Tokio. Para iso, voa primeiro a Nova York onde colle un avión ata Londres e, desde aquí, outro a Tokio.
Pablo tamén quere ir desde Madrid a Tokio pero, no seu caso, voa directamente de Madrid a Londres e, desde alí, toma un voo a Tokio.
Se, en total, Sara está a voar durante 27 horas e 15 minutos e Pablo 14 horas e 30 minutos, e tendo en conta que o voo de Nova York a Londres dura 4 horas e 45 minutos máis que o de Madrid a Londres, e que o voo de Londres a Tokio dura 12 horas, canto dura o voo de Madrid a Nova York?
E se, en cada escala, tanto Sara como Pablo só perden unha hora, cal é a hora local cando chegue a Tokio cada un se ambos partiron de Madrid ás 14:00 h?
Esta é a solución:
27:15
M NY M-L + 4:45 L 12:00
ML L 12:00 T
14:30
O voo Madrid-Londres dura 2:30 h. O de Nova York a Londres 2:30 + 4:45 = 7:15 horas. E o voo Madrid-Nova York 27:15 – 12-7:15 = 8:00 horas.
Se Sara sae ás 2 pm de Madrid entón: 2pm + 8 horas – 6 horas (a diferenza horaria) + 1 hora (no aeroporto de NY) + 7:15 horas + 5 horas (a diferenza horaria) + 1 hora + 12 horas + 8 horas (a diferenza horaria)= 02:15 am do día 3.
No caso de Pablo: 2 pm + 2:30 horas – 1 hora (a diferenza horaria) + 1 hora + 12 horas + 8 horas (diferenza horaria)= 12:30 pm do día 2.
4. Apoiándote nos debuxos a esta complexa e xerogífica cuestión: UN CÁSICO ENTRE OS MATEMÁTICOS
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Miguel Barral/bbvaopenmind.com Imaxe: martinova4/Getty Images
Onte propúxenvos, por segunda vez, un problema aritmético no que deberiades de empregar o menor número de pasos posible, facendo un debuxo que axudase a entender o problema coa solución.
Este era o problema 2: Sofía colle o tren sendo de día, viaxa durante 5 horas e chega ao seu destino ás 11 h. Fernando subiuse ao tren ao mesmo tempo que Sofía e a súa viaxe durou 2 horas menos. A que hora chegou Fernando ao seu destino?
Esta é a solución!
Poposta para hoxe: Un desafío de altos voos!
3. Sara quere ir de Madrid a Tokio. Para iso, voa primeiro a Nova York onde colle un avión ata Londres e, desde aquí, outro a Tokio.
Pablo tamén quere ir desde Madrid a Tokio pero, no seu caso, voa directamente de Madrid a Londres e, desde alí, toma un voo a Tokio.
Se, en total, Sara está a voar durante 27 horas e 15 minutos e Pablo 14 horas e 30 minutos, e tendo en conta que o voo de Nova York a Londres dura 4 horas e 45 minutos máis que o de Madrid a Londres, e que o voo de Londres a Tokio dura 12 horas, canto dura o voo de Madrid a Nova York?
E se, en cada escala, tanto Sara como Pablo só perden unha hora, cal é a hora local cando chegue a Tokio cada un se ambos partiron de Madrid ás 14:00 h?
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Miguel Barral/bbvaopenmind.com
Onte propúxenvos un sinxelo problema aritmético no que deberiades de empregar o menor número de pasos posible, facendo un debuxo que axudase a entender o problema coa solución.
Este era o problema 1: Pablo ten cinco canicas vermellas e tamén ten canicas azuis. En total ten once canicas. As canicas de Xulia son verdes e azuis. Xulia ten tantas canicas azuis como Pablo e ademais ten dúas canicas verdes menos que canicas vermellas ten Pablo. Cantas canicas ten Xulia?
Aquí tedes a solución!
Como vedes a técnica do debuxo é moi interesante, xa que o noso cerebro procesa esta combinación de información verbal e numérica, e convértea nunha representación mental a fin de identificar a mellor estratexia de resolución.
E aquí tedes outro problema no que tedes que empregar a mesma técnica!
2. Sofía colle o tren sendo de día, viaxa durante 5 horas e chega ao seu destino ás 11 h. Fernando subiuse ao tren ao mesmo tempo que Sofía e a súa viaxe durou 2 horas menos. A que hora chegou Fernando ao seu destino?
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Miguel Barral/bbvaopenmind.com
Cal é a mellor forma de enfrontarse (e resolver con éxito) ao enunciado dun problema matemático? Talvez facendo un debuxo? Iso é, polo menos, o que suxire un novo e rechamante estudo efectuado por investigadores das Universidades de Xenebra e Borgoña.
Non é unha suposición trivial. Asúmese que, cando nos enfrontamos ao enunciado dun problema matemático que inclúe tanto información matemática (números e operacións aritméticas), como non matemática (o contexto do problema e as características das entidades que o protagonizan), o noso cerebro procesa esta combinación de información verbal e numérica, e convértea nunha representación mental a fin de identificar a mellor estratexia de resolución. E, doutra banda, cada vez máis estudos suxiren que os debuxos esquemáticos que usualmente elabóranse para resolver este tipo de problemas son un reflexo das devanditas representacións mentais.
Póñámolo en práctica!
Propóñovos unha serie de sinxelos problemas aritméticos usando en cada caso o menor número de pasos posible, e facendo un debuxo que axudase a entender o problema e resolvelo.
Comezamos!
1. Pablo ten cinco canicas vermellas e tamén ten canicas azuis. En total ten once canicas. As canicas de Xulia son verdes e azuis. Xulia ten tantas canicas azuis como Pablo e ademais ten dúas canicas verdes menos que canicas vermellas ten Pablo. Cantas canicas ten Xulia?
Mañá a solución e un novo problema!
FONTE: Miguel Barral/bbvaopenmind.com
VERTICAIS: 1. Intersticio 2. Praia 3. Narciso 5. Hungría 8. Lobios.
HORIZONTAIS: 4. Gaián 6. Segre 7. Cornecho 9. Taibo 10. Felón.
Máis cultura xeral!