Blogia
vgomez

A PENSAR

SOPA DE LETRAS CXLIX

TURRÓN                   PELADILLAS

PANETTONE             UVAS

TORTA                      ANANÁS

POLVORÓNS             MAZAPÁNS

BOMBÓNS                 CHAMPAÑA

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXLVII

 

VERTICAIS: 1. CNI 2. Chafarinas 3. Visgo 4. Peirao 5. Watt 7. Cobre.

HORIZONTAIS: 2. CIA 6. Algaria 8. Poio 9. Impostor.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CXLVII

VERTICAIS: 1. Centro Nacional de Intelixencia de España 2. Arquipélago español do mar Mediterráneo, situado fronte ás costas do norte de África, das que dista 4 km 3. Planta leñosa e perenne, de follas lanceoladas opostas, flores amarelas e froito en baga, que vive parasita sobre troncos e pólas de árbores e que ten por nome científico Viscum album 4. Construción na marxe dun río ou do mar, que polo xeral forma parte dun porto e que se utiliza principalmente para facilitar o embarque e desembarque de persoas e mercancías e para abrigo das embarcacións 5. Apelido do enxeñeiro mecánico, inventor e químico escocés que realizou melloras na máquina de Newcomen e que deron lugar á coñecida como máquina de vapor de auga, que resultaría fundamental no desenvolvemento da primeira Revolución Industria 7. Elemento químico metálico de cor vermella escura, moi dúctil e maleable, que se usa en aliaxe con outros, entre outras cousas, para facer cables eléctricos e cuxo símbolo é Cu.

HORIZONTAIS: 2. Central de Intelixencia Americana 6. Mamífero carnívoro da familia dos vivérridos, de cara e corpo alongados, fociño aguzado, cola longa, patas curtas e pelame con manchas ou raias escuras e de nome científico Viverra civetta 8.  Concello da comarca de Pontevedra, na provincia do mesmo nome, situado na banda norte da ría de Pontevedra, pertencente ás denominadas Rías Baixas, no que se atopa un Mosterio do mesmo nome 9. Persoa que engana aos demais finxindo ser o que non é ou quen non é.

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXLVIII

Dinosauros!

SOPA DE LETRAS CXLVIII

ARQUEOPTERIX             ORNITOMIMO

VELOCIRAPTOR             GALLIMIMO

ALOSAURIO                    DIPLODOCUS

AMARGASAURIO           TIRANOSAURIO

MAMENQUISAURIO       TECODONTOSAURI

BRAQUIOSAURIO           ESPINOSAURIO

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXLVI

VERTICAIS: 1. Febra 2. Peitoril 3. Po 7. Mata 10. Sa.

HORIZAONTAIS: 4. Beirut 5. Buxo 6. Bertorella 8. Celanova 9. PISA.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CXLVI

VERTICAIS: 1. Carne sen graxa 2. Muro ou armazón de madeira, ferro, ou outro material, á altura do peito, que se coloca como protección en balcóns, terrazas, beiras das pontes etc. 3. Río más largo de Italia 7. Operación de matar o porco 10. En estado de boa saúde, libre de enfermidade.

HORIZAONTAIS: 4. Capital do Líbano 5. Arbusto da familia das buxáceas, de follas perennes, pequenas e brillantes, e de madeira moi dura que se emprega para facer culleres, cuncas, gaitas etc. con nome cientíco Buxus sempervirens 6. Peixe mariño da familia dos gádidos do que existen varias especies, parecido á pescada, coas aletas do ventre en forma de filamento, que habita en fondos areosos e é apreciado pola súa carne delicada 8. Municipio, e vila do mesmo nome, da provincia de Ourense, famoso por dous monumentos: o mosteiro de San Salvador e a capela mozárabe de San Miguel 9. Programa para a Avaliación Internacional dos Estudantes.

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXLVII

Personaxes da serie Asterix!