SOPA DE LETRAS CXLII
TUTU (Desmond) CALCUTA (Teresa de)
YOUSAFZAI (Malala) GBOWEE (Leymah)
OBAMA (Barack) GORE (Al)
CARTER (Jimmy) ANNAN (Kofi)
PERES (Shimon) ARAFAT (Yasir)
MANDELA (Nelson) GORBACHOV (Mijaíl)
BRANDT (Willy)
TUTU (Desmond) CALCUTA (Teresa de)
YOUSAFZAI (Malala) GBOWEE (Leymah)
OBAMA (Barack) GORE (Al)
CARTER (Jimmy) ANNAN (Kofi)
PERES (Shimon) ARAFAT (Yasir)
MANDELA (Nelson) GORBACHOV (Mijaíl)
BRANDT (Willy)
VERTICAIS: 1. Cabra 3. Manchea 4. Segovia 6. Permafrost 10. Buxo.
HORIZONTAIS: 2. Hamás 5. Cripton 7. Ramallah 8. Burela 9. Kibbutz.
Máis cultura xeral!
VERTICAIS: 1. Peixe de tamaño medio, corpo redondo e cor vermella con bandas transversais máis escuras, tamén coñecido como galiña de mar e de nome científico Helicolenus dactylopterus 3. Conxunto de cousas que se poden coller dunha vez coa man 4. O castelo de Coca é unha fortificación da localidade de Coca, contruída no século XV dentro do estilo gótico-mudéxar, pero en que provincia está? 6. Terreo que permaneceu conxelado durante polo menos dous anos e que está conformado por terra, rochas e sedimentos amalgamados nun todo polo xeo, o cal actúa como cemento 10. Arbusto da familia das buxáceas, de follas perennes, pequenas e brillantes, e de madeira moi dura que se emprega para facer culleres, cuncas, gaitas etc., e de nome científico Buxus sempervirens.
HORIZONTAIS: 2. Acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, Movemento de Resistencia Islámica, unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina 5. Elemento químico do grupo dos gases nobre que existe en moi pequena cantidade na atmosfera terrestre, que se emprega na fabricación de lámpadas, e de símbolo é Kr 7. Cidade sede do goberno e a capital de facto do Estado de Palestina, situada en Cisxordania, a 15 km ao noroeste de Xerusalén 8. Concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Mariña Central, bañado polo Mar Cantábrico polo norte e leste, cun porto, un dos máis importantes da costa galega, cunha gran frota pesqueira, destacando a pesca da pescada e do bonito 9. Explotación agrícola, de produción e consumo comunitarios, propia de Israel.
Algúns premios Nobel da historia en Física e Medicina e Fisioloxía!
AGOSTINI (Pierre) FLEMING (Alexander)
ENTHOVEN (Guillermo) HESS (Walter Rudolf)
OCHOA (Severo) EULER (Ulf von)
KARIKÓ (Katalín) MONTAGNIER (Luc)
CURIE (Marie e Pierre) MARCONI (Guglielmo)
EINSTEIN (Albert) BOHR (Aage)

VERTICAIS: 1. Leucemia 2. Lápida 4. Criptografía 5. Madeira 9. Nobel.
HORIZONTAIS: 3. Bacoreta 6. Mascate 7. Baio 8. Leiro 10. Chorima.
Máis cultura xeral!

VERTICAIS: 1. Tipo de cancro do sangue que comeza na medula ósea, o tecido brando que se atopa no centro dos ósos, onde se forman as células sanguíneas e que se caracteriza por un aumento excesivo e permanente dous glóbulos brancos 2. Lousa con algunha inscrición gravada, en especial a que se coloca sobre unha sepultura 4. Método de protección da información e as comunicacións mediante o uso de códigos, de modo que só aqueles a quen está destinada a información poidan lela e procesala 5. Arquipélago de orixe volcánico do océano Atlántico que, xunto coas illas Salvaxes, constitúe unha rexión autónoma de Portugal, sendo, así mesmo, unha rexión ultraperiférica da Unión Europea 9. Premio internacional que se outorga cada ano para recoñecer a persoas ou institucións que levasen a cabo investigacións, descubrimentos ou contribucións notables á humanidade no ano anterior ou no transcurso das súas actividades.
HORIZONTAIS: 3. Peixe de corpo alongado e sen escamas en forma de proxectil, peciforme, moi similar ao atún vermello, dorso azulado que tende ao prateado nos seus extremos, a súa aleta caudal é de forma de media lúa, no seu ventre atópanse unhas características manchas escuras, e de nome científico Euthynnus alltteratus 6. Capital de Omán 7. Cabalo ou egua de cor branca amarelada ou acastañada 8. Concello da provincia de Ourense e pertencente á comarca do Ribeiro e ubicado na ribeira do río Avia 10. Flor do toxo, considerada flor nacional de Galicia.

Localidades de Castela-A Mancha!