Blogia
vgomez

A PENSAR

O EURO DESAPARECIDO!


Aquí tes un reto sinxelo, pero que esperta un gran misterio. É un misterio que ocorreu nun bar, había 3 persoas tapeando e espero que esteades moi atentos, que esta pantasma non deixa psicofonías nin humidades…

Nun Bar, chámese ’X’, tres persoas toman uns refrescos e tapas. O contido é indiferente, a clave é que a conta saíulles a 25 euros. Ata aí todo normal, barato ou caro dependerá do bar, da cidade, do IPC e das ganas de jarana dese grupo. O caso é que pagan 10 euros cada un, achegando un billete. O camareiro devolve 5 euros en moedas. Como 5 non se divide entre 3, colleron 1 euro cada un e deixáronlle 2 euros de propina ao camareiro.

Repito, le atentamente:

Nun bar van cobrar 25 euros a tres persoas. Pagan 10 euros cada un, é dicir, 30 euros en total. O camareiro devolve 5 euros e reparte 1 euro a cada un e sobran 2 euros que se entregan de propina.

A ver, por unha banda, ao chegar a conta, achegaron 30 euros ao camareiro, verdade? O valor inicial foi de 30 euros, polo que as contas teñen que chegar a ese valor.

E, con todo, custoulles 9 euros por persoa, é dicir 27 euros, e engadimos 2 euros de propina. Iso suma 29 euros, non 30…

Que ocorreu con ese euro desaparecido? Quedou con el o camareiro?

Mañá a solución!

FONTE: Santi Cremades/muyinteresante.es

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXLV

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXLV

Palabras do Samaín galego!

SOPA DE LETRAS CXLV

SOPA DE LETRAS CXLV

SAMAÍN          CEMITERIO          NOITE

DEFUNTOS      CABAZA               MEDO

CAVEIRA         TERROR               TRUCO

TRATO            CANDEAS             DISFRACE

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXLIV

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXLIV

VERTICAIS: 2. Ammán 3. Espelido 4. Acimut 7. Barbada.

HORIZONTAIS: 1. Fraga 5. Laos 6. Punxín 8. Mercurio 9. Colón 10. Ballón.

Máis cultura xeral!

ENCRUECILLADO CXLIV

ENCRUECILLADO CXLIV

VERTICAIS: 2. Capital do Reino Hachemita de Xordania 3. Que actúa con coidado, rapidez e eficacia 4. En astronomía, ángulo formado polo plano vertical dun astro e o plano meridiano do punto de observación 7. Peixe mariño da familia dos gádidos, de corpo alongado e longas aletas dorsal e ventral, que ten, segundo a especie, tres ou cinco filamentos, a modo de barba, no bico.

HORIZONTAIS: 1. Extensión de monte, polo xeral illado e de difícil acceso, poboado de distintas especies caducifolias, de herbas, mofos e liques e na que convive así mesmo unha gran diversidade de fauna 5. Estado soberano situado na península de Indochina e é único país sen saída ao mar no sudeste de Asia e cuxa capital e cidade máis poboada é Vientián 6. Municipio da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño, que por certo é o meu concello 8. Elemento químico metálico de transición, de cor e brillo semellantes aos da prata, moi denso, bo condutor da electricidade, o único líquido a temperatura ambiente, que se emprega en medicina e na fabricación de aparellos como termómetros e barómetros e cuxo símbolo é Hg 9. Moeda oficial da República de Costa Rica en América Central, cuxo símbolo é ₡ 10. Golpe de chuvia forte, abundante e de pouca duración.

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXLII

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXLII

Algúns premios Nobel da Paz da historia !

SOPA DE LETRAS CXLII

SOPA DE LETRAS CXLII

TUTU (Desmond)           CALCUTA (Teresa de)

YOUSAFZAI (Malala)     GBOWEE (Leymah)

OBAMA (Barack)            GORE (Al)

CARTER (Jimmy)            ANNAN (Kofi)

PERES (Shimon)             ARAFAT (Yasir)

MANDELA (Nelson)        GORBACHOV (Mijaíl)

BRANDT (Willy)

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXLIII

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXLIII

 

VERTICAIS: 1. Cabra 3. Manchea 4. Segovia 6. Permafrost 10. Buxo.

HORIZONTAIS: 2. Hamás 5. Cripton 7. Ramallah 8. Burela 9. Kibbutz.

Máis cultura xeral!