Blogia
vgomez

A PENSAR

ENCRUCILLADO CXXXVII

 

 

VERTICAIS: 1. Capital e cidade máis poboada de Samoa 2.  Molusco bivalvo da familia dos donácidos, duns tres centímetros de lonxitude, coa cuncha de cor verde oliva pálida ou parda clara e interior branco, violeta ou laranxa e de nome científico  Donax trunculus 3. Heroe dos que navegaron con Xasón na busca do vélaro de ouro 7. Instrumento que serve para asubiar 8. Anaco de carne máis ou menos graxenta ou de febra torrada que queda despois de derreter as graxas do porco no proceso de elaboración da manteiga 9. Elemento químico non metálico do grupo dos térreos, de gran dureza, utilizado na fabricación de esmaltes e vidros, cuxo símbolo é B.

HORIZONTAIS: 4. Planta, veriedade da ameixeira, acaracterizado por producir como fruto o mirabel, tendo por nome científico Prunus domestica var. syriaca  5. Paxaro da familia dos upúpidos, de peteiro longo e curvado, ás arredondadas e plumaxe de cor castaña rosada, coa parte inferior do lombo e o rabo raiados de branco e negro e notable crista eréctil coa punta das plumas negra e de nome científico Upupa epops  6. Exclamación que expresa o modo brusco en que algo se realiza ou sucede 10. Vento frío e turbulento do nordés ou norte, que en España sopra principalmente sobre o arquipélago das Illas Baleares e o nordés de Cataluña, e que usa o norte dos Pireneos e o suroeste do Macizo Central (Francia) como zona de aceleración, para internarse no Mediterráneo.

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXXVI

Localidades de Murcia!

SOPA DE LETRAS CXXVI

MULA          ÁGUILAS          ALCANTARILLA

CIEZA         ARCHENA         CARTAGENA

TOTANA      MURCIA           MORATALLA

YECLA         JUMILLA          MAZARRÓN

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXXXVI

VERTICAIS: 1. Bilbilitano 3. Ástato 5. Aturuxo 9. Odesa.

HORIZONTAIS: 2. Xarda 4. Aragón 6. Rifts 7. Córsega 8. Rododendro 10. Vaduz.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CXXXVI

VERTICAIS: 1. De Calatayud ou dos seus habitantes 3. Elemento químico de propiedades similares ao iodo, que pertence ao grupo dos halóxenos, e cuxo símbolo é At 5. Berro agudo, forte e prolongado que se emite en sinal de alegría, nas festas e foliadas ou mentres se realizan algúns labores agrícolas 9. Terceira cidade máis importante de Ucraína no que se atopa o porto marítimo comercial mási importante do país.

HORIZONTAIS: 2.  Peixe fusiforme da familia dos escómbridos, de cor verde ou azul irisada con listas verticais negras no lombo e prateada ou branca no ventre, con nome científico Scomber scombrus 4. Principal río de Navarra, despois do Ebro, do que é afluente 6. Fosas tectónicas alongadas onde a cortiza terrestre está a sufrir diverxencia e distensións, produto da separación de placas tectónicas e crecemento simultáneo das mesmas 7. Illa e unha das trece rexións da Francia metropolitana que, xunto cos territorios de Ultramar, conforman a República Francesa, e cuxa capital é Ajaccio 8. Arbusto perenne da familia das ericáceas de follas coriáceas alternas nos extremos das pólas, moi cultivado en xardín polas fermosas flores de diversas cores, dispostas en grupo nos extremos das pólas e do que existen varias especies 10. Capital do Principado de Liechtenstein.

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXXXV

VERTICAIS: 1. Fervenza 3. Liubliana 5. Lambecús 7. Chorima 8. Escoar 9. Uniprovincial.

HORIZONTAIS: 2. Cadaleito 4. Pas 6. Xunco 10. Caprariense.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CXXXV

VERTICAIS: 1. Desnivel brusco ou pronunciado no leito dun río onde se precipita a auga 3. Capital de Eslovenia 5. Popularmente, persoa que adula a outra para conseguir un favor 7. Flor do toxo 8. Tirar a auga ou o aceite sobrante a unha comida 9. Demarcación territorial, que esta composta dunha soa provincia.

HORIZONTAIS: 2. Caixa onde se introduce o cadáver que vai ser enterrado 4. Rio da cornisa cantábrica, que discorre polo centro da comunidade autónoma de Cantabria, que despois de percorrer 57 km desemboca no mar Cantábrico formando a ría de Mogro 6. Planta herbácea de talo ríxido, longo e flexible, acabado en punta, que medra na auga e en lugares moi húmidos, da que existen numerosas especies 10. Xentilicio da illa de Cabrera (Illas Baleares).

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXXV

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXXV

Localidades de Aragón!