Blogia
vgomez

A PENSAR

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXLI

VERTICAIS: 1. Maná 2. Managua 4. Budión 5. Psiquiatría 7. Antimonio 8. Senlleiro.

HORIZONTAIS: 3. Fogaza 6. Bidueiro 9. Mindoniense 10. Water.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CXLI

VERTICAIS: 1. Elemento favorable que moitas veces xorde como por milagre ou de forma inesperada e que resolve unha situación problemática sen ningún esforzo por parte de quen o recibe 2. Capital da República de Nicaragua 4. Peixe da familia dos lábridos, de cor parda con cinco bandas transversais máis escuras as femias e alaranxada con ocelos vermellos na parte inferior os machos, dúas manchas negras na aleta dorsal e unha na metade do pedúnculo caudal e de nome científico Symphodus bailloni 5. Parte da medicina que estuda e trata as enfermidades mentais 7. Elemento químico de propiedades intermedias entre os metais e os metaloides, de cor branca azulada e brillante, fácil de fragmentar e pulverizar, que aumenta a dureza dos metais cos que se asocia e de símbolo Sb 8. Sen igual, que non ten comparación

HORIZONTAIS: 3. Peza de pan redonda e aplanada, que pode pesar máis dun quilo 6. Árbore da familia das betuláceas de mediana altura, follas pequenas co bordo dentado e rematadas en pico, cortiza branca ou prateada e copa irregular, que se atopa na beira dos ríos e nas zonas húmidas das rexións de clima frío ou temperado e de nome científico Betula pubescens 9. Persoa natural ou habitante de Mondoñedo 10. Auga en inglés.

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXXXIX

VERTICAIS: 1. Árnica 2. Ereván 3. Escachizar 6. Ighil 7. Caluga.

HORIZONTAIS: 3. Escandio 4. Zamborca 5. Clinómetro 8. Volterra 9. Nacho.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CXXXIX

VERTICAIS: 1.  Planta herbácea perenne da familia das compostas, de follas entre ovais e lanceoladas, talo piloso, flores grandes de cor amarela e de nome científico Arnica montana 2. Capital de Armenia 3. Romper algo en anacos pequenos 6. Pequena cidade e comuna rural situada na provincia da o Hauz, dentro da rexión de Marrakech-Tensift-Ao Hauz en Marrocos, epicentro do recente terremoto nese país 7. Parte posterior do pescozo, onde empeza a cabeza.

HORIZONTAIS: 3. Elemento químico metálico do grupo dos térreos, de cor branca prateada, moi dúctil, brando e de baixa densidade, cuxo símbolo é Sc 4. Peixe da familia dos clupeidos, de cor azul verdosa no lombo e prateada nos flancos e no ventre, que pode alcanzar os sesenta centímetros de lonxitude, vive en augas profundas e desova no curso baixo dos ríos, e con nome científico Alosa alosa 5. Aparello para medir a pendente dun terreo ou a inclinación dun estrato ou dunha falla respecto ao plano horizontal 8. Apelido do neurocientífico italiano que recentemente descubriu un novo tipo de célula no cerebro humano: astrocitos glutamatérxicos 9. Que ten o nariz pequeno ou romo.

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXXVIII

Localidades de Extremadura!

SOPA DE LETRAS CXXVIII

CÁCERES         TRUJILLO           ALBURQUERQUE

ZAFRA              OLIVENZA          ALCÁNTARA

HERVÁS            CORIA                GUADALUPE

LLERENA          PLASENCIA       BADAXOZ

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXXXVIII

 

VERTICAIS: 1. CELOSÍA 3. RUDA 4. SUCRE 6. PROÍDO 9. FELUXE.

HORIZONTAIS: 2. IEN 5. UDRA 6. PAPARDA 8. CAIMÁN 10. ESMOLA.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CXXXVIII

VERTICAIS: 1. Enreixado moi mesto de barras de madeira ou metal cruzadas, que se coloca nas ventás para mirar o exterior sen ser visto, ou como adorno 3.   Planta herbácea perenne da familia das rutáceas, de ata setenta centímetros, talos de base leñosa moi ramificados, follas alternas azuladas e pequenas flores amarelas en corimbo, que despide un cheiro forte e ten propiedades medicinais, de nome científico Ruda graveolens 4. Capital de Bolivia 6. Sensación molesta e desagradable que se sente na pel e que incita a rascarse 9. Substancia graxa e negra que o fume deposita na superficie dos corpos que están ao seu alcance.

HORIZONTAIS: 2. Unidade monetaria utilizada en Xapón 5. Nome do cabo que se atopa en Bueu (Pontevedra), que separa a ría de Pontevedra coa ría de Aldán e xusto enfrente atópanse as illas de Ons A 6.  Peixe da subclase dos acantopterixios duns corenta e cinco centímetros, corpo alongado, mandíbulas aguzadas, a superior máis curta ca a inferior, falsas aletas detrás da caudal e da anal, e cor azulada polo dorso e prateada polos flancos e o ventre, e con nome científico Scomberesox saurus  8. Réptil propio dos ríos de América, parecido ao crocodilo pero máis pequeno e do que existen varias especies, co fociño ancho e arredondado, sen división do tabique nasal e con ocos no maxilar superior onde encaixan os dentes do maxilar inferior 10. Aquilo que se lles dá aos que non teñen medios propios para vivir.