SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXXIII
Localidades de Cantabria!
Localidades de Cantabria!
SANTANDER LAREDO TORRELAVEGA
COMILLAS REINOSA SANTOÑA
SOBA CARTES CAMARGO
POTES ASTILLERO LIÉRGANES

VERTICAIS: 2. Anfioxo 3. Escangallar 5. Ictericia 6. Meninxe 9. Belgrado.
HORIZONTAIS: 1. Choca 4. Brionia 7. Heliografía 8. Verborrea 10. Astato.
Máis cultura xeral!

VERTICAIS: 2. Animal mariño do subtipo dos cefalocordados, semellante a un peixe, co corpo alongado e transparente, sen escamas, rodeado por unha aleta estreita e de nome científico Branchiostoma lanceolatum 3. Botar a perder unha cousa, separando as partes que a compoñen de tal xeito que quede inservible 5. Coloración amarela da pel e das mucosas debido a un aumento da bilirrubina que se acumula nos tecidos 6. Cada unha das tres membranas que envolven o encéfalo e a medula espiñal 9. Capital de Serbia.
HORIZONTAIS: 1. Campaíña de metal que se pendura ao pescozo das reses de gando e que levan tamén algunhas máscaras do Entroido 4. Planta herbácea da familia das cucurbitáceas, de raíz carnosa, canles finos, flores brancas e froito en baga, de cor vermella cando está maduro e de nome científico Bryonia cretica 7. Descrición ou fotografía do Sol 8. Abundancia ou exceso de palabras, xeralmente inútiles ou baleiras de contido 10. Elemento químico de propiedades similares ao iodo, que pertence ao grupo dos halóxenos, cuxo símbolo é At.

VERTICAIS: 1. Fagot 2. Acedía 4. Hedra 6. Enxoito 9. Birr.
HORIZONTAIS: 3. Cesio 5. Deltoide 7. Doha 8. Porén 9. Bátega.
Máis cultura xeral!

VERTICAIS: 1. Instrumento músico de vento, formado por un longo tubo de madeira con chaves e furados, que se toca por unha embocadura que vai no cabo dun pequeno tubo curvado, con dobre palleta de cana 2. Peixe da superorde dos teleósteos, do que existen varias especies, semellante ao linguado, aínda que máis pequeno e de inferior calidade 4. Planta sempre verde, de talo leñoso e flores diminutas reunidas en acios, que gabea polos valos, as árbores etc., e que pode acadar os trinta metros de lonxitude 6. Que perdeu a humidade que tiña 9. Divisa oficial de Etiopía.
HORIZONTAIS: 3. Elemento químico metálico do grupo dos alcalinos, de cor branca prateada, semellante ao potasio e de símbolo Cs 5. Músculo que está situado na cara superior do ombro, e une a clavícula coa omoplata 7. Capital de Catar 8. Conxunción que introduce unha oposición ou puntualización a algo que se dixo anteriormente 9. Chuvia forte e de pouca duración.

VERTICAIS: 1. Celosía 4. Windhoek 6. Radon 7. Lucecú 8. Rivas.
HORIZONTAIS: 2. Wagner 3. Amieiro 5. Avenoiteira 9. Turner 10. Segura.
Máis cultura xeral!

VERTICAIS: 1. Enreixado moi mesto de barras de madeira ou metal cruzadas, que se coloca nas ventás para mirar o exterior sen ser visto, ou como adorno 4. Capital de Namibia 6. Símbolo do elemento químico do grupo dos gases nobres, radioactivo, orixinado por descomposición do radio 7. Insecto da orde dos coleópteros, do que a femia se asemella a un verme por carecer de ás e élitros e por ter o abdome de forma alongada, formado por aneis que emiten luz na escuridade e de nome científico Lampyris noctiluca 8. Apelido do escritor coruñes, autor da novela O lapis do carpinteiro (1998).
HORIZONTAIS: 2. Organización paramilitar de orixe ruso, mercenarios na guerra de Ucraina 3. Árbore da familia das betuláceas, que pode acadar os vinte metros de altura, de copa moi poboada, con follas arredondadas e dentadas, flores en amento, casca de cor parda e madeira de cor clara, moi dura e lixeira e de nome científico Alnus glutinosa 5. Ave nocturna da familia dos caprimúlxidos, de cor apencada parda e cinsenta, boca grande rodeada de barbas na parte superior e de nome científico Caprimulgus europaeus 9. Apelido, polo que é coñecida, a cantante raíña do rock and roll, que faceceu recentemente aos 83 anos 10. Río que discorre polas provincias de Xaén, Albacete, Mrcia e Alicante, e que desemboca en Guardamar-Alicante, no mar Mediterráneo.