Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CXLI

VERTICAIS: 1. Elemento favorable que moitas veces xorde como por milagre ou de forma inesperada e que resolve unha situación problemática sen ningún esforzo por parte de quen o recibe 2. Capital da República de Nicaragua 4. Peixe da familia dos lábridos, de cor parda con cinco bandas transversais máis escuras as femias e alaranxada con ocelos vermellos na parte inferior os machos, dúas manchas negras na aleta dorsal e unha na metade do pedúnculo caudal e de nome científico Symphodus bailloni 5. Parte da medicina que estuda e trata as enfermidades mentais 7. Elemento químico de propiedades intermedias entre os metais e os metaloides, de cor branca azulada e brillante, fácil de fragmentar e pulverizar, que aumenta a dureza dos metais cos que se asocia e de símbolo Sb 8. Sen igual, que non ten comparación

HORIZONTAIS: 3. Peza de pan redonda e aplanada, que pode pesar máis dun quilo 6. Árbore da familia das betuláceas de mediana altura, follas pequenas co bordo dentado e rematadas en pico, cortiza branca ou prateada e copa irregular, que se atopa na beira dos ríos e nas zonas húmidas das rexións de clima frío ou temperado e de nome científico Betula pubescens 9. Persoa natural ou habitante de Mondoñedo 10. Auga en inglés.

0 comentarios