Blogia
vgomez

ENCRUECILLADO CXLIV

ENCRUECILLADO CXLIV

VERTICAIS: 2. Capital do Reino Hachemita de Xordania 3. Que actúa con coidado, rapidez e eficacia 4. En astronomía, ángulo formado polo plano vertical dun astro e o plano meridiano do punto de observación 7. Peixe mariño da familia dos gádidos, de corpo alongado e longas aletas dorsal e ventral, que ten, segundo a especie, tres ou cinco filamentos, a modo de barba, no bico.

HORIZONTAIS: 1. Extensión de monte, polo xeral illado e de difícil acceso, poboado de distintas especies caducifolias, de herbas, mofos e liques e na que convive así mesmo unha gran diversidade de fauna 5. Estado soberano situado na península de Indochina e é único país sen saída ao mar no sudeste de Asia e cuxa capital e cidade máis poboada é Vientián 6. Municipio da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño, que por certo é o meu concello 8. Elemento químico metálico de transición, de cor e brillo semellantes aos da prata, moi denso, bo condutor da electricidade, o único líquido a temperatura ambiente, que se emprega en medicina e na fabricación de aparellos como termómetros e barómetros e cuxo símbolo é Hg 9. Moeda oficial da República de Costa Rica en América Central, cuxo símbolo é ₡ 10. Golpe de chuvia forte, abundante e de pouca duración.

0 comentarios