Blogia
vgomez

A PENSAR

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS LXVIII

Partes do porco!

SOPA DE LETRAS LXVIII

CACHUCHA     ORELLA      FOCIÑO     LACÓN      XAMÓN

COSTELAR      SOÁ            RAXO         PEZUÑO   TOUCIÑO

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXXIII

VERTICAIS: 1. Cantiga 3. Epístola 5. Caligrama 7. Anáfora 8. Cuarteto.

HORIZONTAIS: 2. Fábula 3. Estrofa 4. Acróstico 6. Elexía 9. Pastorela.

Termos literarios!

ENCRUCILLADO LXXIII

VERTICAIS: 1. Composición en verso á que se lle pon música para ser cantada 3. Composición en prosa ou en verso en que se segue o modelo dunha carta 5. Verso ou composición poética en que as palabras forman un debuxo relacionado co contido do poema 7. Recurso de expresión que consiste na repetición dunha ou máis palabras ao principio de dous ou máis versos dun poema, ou ao comezo de dúas ou máis oracións dun texto en prosa 8. Estrofa de catro versos hendecasílabos.

HORIZONTAIS: 2. Relato breve de ficción, en verso ou en prosa, xeralmente con animais como personaxes, do que se tira unha ensinanza moral 3. Cada unha das divisións dun poema, formadas por un número establecido de versos, cunha disposición determinada de metros e de rimas 4. Composición poética, na que as letras iniciais, mediais ou finais dos versos forman, lidas verticalmente, unha palabra ou frase. 6. Poema lírico de ton melancólico e triste 9. Composición poética de orixe provenzal que se presenta xeralmente en forma de diálogo amoroso entre un cabaleiro e unha pastora.

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS LXVII

Para facer música!

SOPA DE LETRAS LXVII

ÓBOE           ZANFONA           XILÓFONO         CONTRABAIXO

ÓRGANO      BOMBARDINO   MANDOLINA      CASTAÑOLA

REQUINTA   HARMÓNICA

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXXII

VERTICAIS: 1. Harare 2. Lena 3. Furabolos 4. Pimentel 5. Reo 8. Mera 9. Cúmulos.

HORIZONTAIS: 6. Nadir 7. Mármore 9. Copérnico.

Cultura xeral XXII!

ENCRUCILLADO LXXII

VERTICAIS: 1. Capital e cidade máis populosa de Cimbabue, denominada Salisbur ata 1982 2. Río máis longo de Rusia con 4.400 km, e undécimo máis longo do mundo 3. Popularmente, o segundo dedo da man, entre o polgar e o maior. 4. Apelido do escritor vangardista lucense, autor dun breve caderno de poemas titulado Tiscos de 1950 5. Peixe da familia dos salmónidos de ata oitenta centímetros e cor prateada ou castaña con pintas negras, que nace nos ríos de augas claras e frescas, onde vive os primeiros anos, logo baixa ao mar e torna ao río onde naceu para desovar, sendo o seu nome científico Salmo trutta trutta 8. Río galego, pertence á vertente cantábrica, que nace na Serra da Faladoira e desemboca na ría de Ortigueira, formando a enseada do mesmo nome 9. Nubes grosas de formas arredondadas e de cor branca, máis brillantes polos bordos, que parecen de algodón.

HORIZONTAIS: 6. Punto da esfera celeste diametralmente oposto ao cénit, situado exactamente debaixo do observador 7. Rocha calcaria metamórfica, dura e compacta, mesturada frecuentemente con outros minerais que lle dan cores diversas, ás veces formando vetas, e que se pode puír finisimamente 9. Apelido do astrónomo prusiano do Renacemento, que formulou a teoría heliocéntrica do sistema solar, concebida en primera instancia por Aristarco de Samos.