Blogia
vgomez

A PENSAR

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS LXVIII

Especias e condimentos alimentarios!

SOPA DE LETRAS LXVIII

CEBOLA          ALLO          PRIXEL          AZAFRÁN

CANELA          SAL            VAINILLA      PEMENTO

CRAVO           AZUCRE      CEBOLIÑO     OUREGO

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXXV

VERTICAIS: 1. Guadalope 2. Portugalete 5. Tennessee 6. Sapoconcho 8. Cabala

HORIZONTAIS: 3. Caxato 4. Shinano 7. Ferradura 9. Boteiros 10. Ereván

Cultura xeral !

ENCRUCILLADO LXXV

VERTICAIS: 1. Segundo afluente máis longo pola marxe dereita do río Ebro, cunha lonxitude 160 km 2. Municipio vasco da provincia de Biscaia, pertencente á comarca do Gran Bilbao e famoso pola súa ponte que o une co municipio de Getxo 5. Estado dos EE UU que ten por capital Mashville 6. Réptil da familia dos emídidos, do que existen varias especies, que en Galicia hiberna enterrado na lama do fondo das pozas onde vive, e se alimenta de insectos, vermes e moluscos 8. Peixe fusiforme da familia dos escómbridos, de cor verde ou azul irisada con listas verticais negras no lombo, prateada ou branca no ventre e de nome científico Scomber scombrus.

HORIZONTAIS: 3. Pau ou vara con puño que se leva na man para apoiarse ao andar 4. Río máis longo de Xapón 7. Peza de ferro curvada que se coloca nos pezuños dalgúns animais sobre todo dos cabalos pero tamén das vacas e dos bois para protexelos 9. Personaxes emblemáticos do Entroido de Viana do Bolo (Ourense) 10. Capital de Armenia.

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS

CASTELAO  (Daniel Rodríguez Castelao) 1964

NOVONEYRA (Uxío Novoneyra) 2010

MURGUÍA (Manuel Murguía) 2000

XOCAS (Xaquín Lorenzo) 2004

FOLE (Ánxel Fole) 1997

DIESTE (Rafael Dieste) 1995

CUNQUEIRO (Álvaro Cunqueiro) 1991

RISCO (Vicente Risco) 1981

CABANILLAS (Ramón Cabanillas) 1976

CUEVILLAS (Florentino López Cuevillas) 1968

CURROS (Manuel Curros Enríquez) 1967

PONDAL (Eduardo Pondal) 1965

ROSALÍA (Rosalía de Castro) 1963

VIQUEIRA (Xoán Vicente Viqueira) 1974

AÑÓN (Francisco Añón) 1966

XELA (Xela Arias) 2021

Algúns dos homenaxeados no Día das Letras Galegas!

SOPA DE LETRAS ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS

CASTELAO        NOVONEYRA    MURGUÍA         XOCAS           

FOLE                 DIESTE             CUNQUEIRO     RISCO            

CABANILLAS    CUEVILLAS       CURROS           PONDAL

ROSALÍA          VIQUEIRA         AÑÓN               XELA

SOLUCIÓN AO ENCRUCILLADO LXXIV

VERTICAIS: 1. Catoira 2. Bernesga 3. Pitiusas 6. Maine 8. Escacho.

HORIZONTAIS: 4. Enxebre 5. Meirama 7. Magdalena 9. Praia 10. Birrio.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO LXXIV

VERTICAIS: 1. Concello pontevedrés pertencente á comarca de Caldas, famoso pola súa Romaría Viquinga 2. Río que pasa por León, afluente do río Esla, pola súa beira dereita, que á súa vez o é do río Douro 3. Denominación que se lle dá ás illas de Ibiza e Formentera, e numerosos islotes, como Espalmador, Espardell, etc. situadas no mar mediteráneo 6. Estado dos Estados Unidos de América con capital en Augusta 8. Peixe da familia dos tríglidos, do que existen varias especies, de corpo alongado, espiñas no opérculo e cor principalmente vermella, que é moi abundante nas augas galegas e de nome científico Chelidonichthys lucernus.

HORIZONTAIS: 4. Que é característico e propio dun país ou dunha rexión e que non está falseado, deformado ou mesturado con nada alleo 5. Lago galego coñecido por ser o lago artificial máis grande do mundo, situado na val das Encrobas, no municipio coruñés de Cerceda, no interior dunha antiga mina de lignito, un carbón mineral que abasteceu á central térmica homónima 7. Río colombiano, tamén chamado río Grande, que desemboca no mar Caribe e nace no departamento do Huila,  navegable desde Fonda ata a súa desembocadura, e o seu principal afluente é o río Cauca 9. Capital de Cabo Verde 10. Ave da orde dos apodiformes, coa plumaxe de cor negra, parecida á anduriña, aínda que de maior envergadura, de patas moi curtas e de nome científico Apus apus.