SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS LXXV

Vacinas no mundo conta a COVID-19!

Vacinas no mundo conta a COVID-19!

PHIZER MODERNA HANSSEN SPUTNIK
ASTRAZENECA GSK NOVAMAX CUREVAC
SINOVAC SINOPHARM

VERTICAIS: 1. Mustallar 4. Ciprés 6. Anticiclón 7. Volanta 8. Lerma.
HORIZONTAIS: 2. Asemade 3. Ulla 5. Tegucigalpa 9. Montes 10. Anxioloxía.
Máis cultura xeral!

VERTICAIS: 1. Pico situado na Serra dos Ancares, cunha altitude de 1935 metros, que erve de fronteira natural entre as provincias de León e Lugo e que é o punto a máis altitude da provincia de Lugo 4. Árbore da familia das cupresáceas, de tronco medianamente groso e moi alto, con pólas erguidas e pegadas a el, copa en forma de cono e follas pequenas, mestas e de cor verde escura, con nome científico Cupressus sempervirens 6. Área de altas presións atmosféricas, que adoita ir acompañada de bo tempo na superficie 7. Arte de pesca de fondo, de forma rectangular e composta por un só pano, que pode alcanzar unha extensión considerable 8. Río de México, o máis longo dos ríos interiores, que se orixina nos mananciais de Almoloya do Río, no Estado de México, atravesa cara ao noroeste do Val de Toluca, Querétaro, Guanajuato, Michoacán e desagua no lago de Chapala en Jalisco.
HORIZONTAIS: 2. Ao mesmo tempo, simultaneamente 3. Rio galego, que nace nos montes de Olveda, provincia de Lugo, e cuxo curso limita as provincias da Coruña e Pontevedra desembocando na ría de Arousa á altura de Catoira tras percorrer 132 km 5. Capital da República de Honduras 9. Apelido do músico galego, nado en Lugo o 13 de abril de 1840 e finado o 24 de xuño de 1899, famoso especialmente por ser o autor da versión musical do poema "Negra Sombra" de Rosalía de Castro 10. Rama da medicina que estuda o sistema vascular.

Variedade de patacas!

MONALISA KENNEBEC SPUNTA PONTIAC
AGRIA ELODIE VITELOTTE UNIVERSA
BARAKA DESIRÉE REDPOTIAC JAERLA

VERTICAIS: 1. Cimbro 3. Machucar 4. Mckinley 5. Oslo 6. Reo 9. Ob.
HORIZONTAIS: 2. Olympia 7. Melancoholemia 8. Cravo 10. Lalín.
Máis cultura xeral!

VERTICAIS: 1. Arbusto dioico da familia das cupresáceas, de follas en agulla e froitos en piñas con forma de bagas, primeiro de cor verdosa e negras azuladas ao madureceren e con nome científico Juniperus communis 3. Desfacer ou comprimir moito unha cousa, dándolle golpes ou facendo presión sobre ela 4. Montaña máis alta de América do Norte, tamén coñecida como Denali, cunha altitude de 6190 m, situada na cordilleira de Alaska, no centro-sur do estado de Alaska (Estados Unidos) 5. Capital e cidade máis poboada de Noruega 6. Peixe da familia dos salmónidos de ata oitenta centímetros e cor prateada ou castaña con pintas negras, que nace nos ríos de augas claras e frescas, onde vive os primeiros anos, logo baixa ao mar e torna ao río onde naceu para desovar, con nome científico Salmo trutta trutta 9. Río da Rusia asiática ou Siberia que nace no krai de Altái e flúe en direccións NON e N ata desaguar no golfo homónimo (mar de Kara, océano Ártico), cunha lonxitude de 3650 km, pero se se considera o sistema Obi-Irtish, alcanza o 5410 km, que o sitúan como o sétimo río máis longo do mundo, por detrás do Amazonas, Nilo, Yangtsé, o Misisipi- Misuri, o Yeniséi-Angará e o río Amarelo.
HORIZONTAIS: 2. Capital do estado estadounidense de Washington 7. Libro de Antón Reixa, constructo híbrido, mestura de poesía, fotografía e ensaio antropolóxico do ano 2020 8. Gomo do craveiro que ten a forma dun cravo e que se usa como especia 10. Municipio pontevedrés, capital da comarca do Deza.