ENCRUCILLADO LXXVII
VERTICAIS: 1. Pico situado na Serra dos Ancares, cunha altitude de 1935 metros, que erve de fronteira natural entre as provincias de León e Lugo e que é o punto a máis altitude da provincia de Lugo 4. Árbore da familia das cupresáceas, de tronco medianamente groso e moi alto, con pólas erguidas e pegadas a el, copa en forma de cono e follas pequenas, mestas e de cor verde escura, con nome científico Cupressus sempervirens 6. Área de altas presións atmosféricas, que adoita ir acompañada de bo tempo na superficie 7. Arte de pesca de fondo, de forma rectangular e composta por un só pano, que pode alcanzar unha extensión considerable 8. Río de México, o máis longo dos ríos interiores, que se orixina nos mananciais de Almoloya do Río, no Estado de México, atravesa cara ao noroeste do Val de Toluca, Querétaro, Guanajuato, Michoacán e desagua no lago de Chapala en Jalisco.
HORIZONTAIS: 2. Ao mesmo tempo, simultaneamente 3. Rio galego, que nace nos montes de Olveda, provincia de Lugo, e cuxo curso limita as provincias da Coruña e Pontevedra desembocando na ría de Arousa á altura de Catoira tras percorrer 132 km 5. Capital da República de Honduras 9. Apelido do músico galego, nado en Lugo o 13 de abril de 1840 e finado o 24 de xuño de 1899, famoso especialmente por ser o autor da versión musical do poema "Negra Sombra" de Rosalía de Castro 10. Rama da medicina que estuda o sistema vascular.
0 comentarios