Blogia
vgomez

A PENSAR

ENCRUCILLADO LII

ENCRUCILLADO LII

 

VERTICAIS: 1. Arquipélago español do mar Mediterráneo, situado fronte ás costas do norte de África, das que dista 4 km e constituído por tres illas principais: illa do Congreso, Isabel II e illa do Rei 3. Río de Rusia cunha cunca de aproximadamente 3.000.000 de km² que chega ata terras de Casaquistán, Mongolia e China, sendo o máis occidental dos tres grandes cursos de auga de Siberia 6. Montaña máis elevada dos Pireneos, cunha altitude de 3.404 metros sobre o nivel do mar, a segunda da Península Ibérica e a terceira de España 7. Moeda de Samoa (Estado Independente de Samoa), introducida en 1967.

HORIZONTAIS: 2. O Rei Alfonso XIII tamén era coñecido como o… 4. Crustáceo mariño da orde dos decápodos, de cacho groso de forma ovada e superficie pouco rugosa, dotado de grosas pinzas no primeiro par de patas, de cor entre rosa e castaña no dorso e tirando a branca no ventre, con nome científico Cancer pagurus 5. Capita da República de Bulgaria 6. Parque Natural do Baixo Miño integrado na Serra do Galiñeiro 8. O cabo de Gata está localizado no sur da península ibérica, fronte ao mar Mediterráneo, na provincia de… 9. Apelido do escritor lugués autor do libro de contos Á lus do candil (orixinalmente Á lús do candil e subtitulada Contos a carón do lume), publicado en 1953.

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS XLVIII

Probas médicas!

SOPA DE LETRAS XLVIII

LAPAROSCOPIA      PCR      ECOGRAFÍA     CITOLOXÍA

MANTOUX               OCT      BAIPÁS            HOLTER

MAMOGRAFÍA         RCP      BIOPSIA          TAC

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LI

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LI

 

VERTICAIS: 2. Centola 3. Dírham 5. Everest 9. ARN.

HORIZONTAIS: 1. Sucre 4. Tui 5. Eo 6. Xiga 7. Murguía 8. Batea.

Repaso de Cultura Xeral III!

ENCRUCILLADO LI

ENCRUCILLADO LI

 

VERTICAIS: 2. Crustáceo mariño da orde dos decápodos, dotado de pinzas no primeiro par de patas, co cacho ovado, robusto e con numerosas protuberancias, de cor vermella ou rosada e de nome científico Maja squinado 3. Moeda oficial ol Reino de Marrocos 5. É o máis alto cumio do mundo, dentro da cadea do Himalaia,  situado sobre a fronteira entre o Nepal e mailo Tíbet (China) 9. Sigla do ácido ribonucleico, ácido nucleico que participa na síntese dlas proteínas e realiza a función de mensaxeiro da información xenética.

HORIZONTAIS: 1. Capital histórica e constitucional de Bolivia, pero non sede do Gobernó nin capital Administrativa 4. Foi unha das sete capitais do Reino de Galicia, situada en Pontevedra 5. Río con curso fluvial no noroeste da Península Ibérica que discorre por terras de Galicia e Asturias, delimitando ao cabo a fronteira entre ambas e que desemboca no mar Cantábrico 6. Prefixo do Sistema Internacional de Unidades que denota un factor de 109, ou 1 000 000 000 7. Apelido do escritor e historiador galego, marido, da tamén escritora, Rosalía de Castro 8. Viveiro que consiste nunha plataforma ancorada no mar da que penden varias cordas, onde se cría o mexillón ou outros moluscos.

SOLUCIÓN AO LABIRINTO LÓXICO II

Auí tes a solución ao labirinto lóxico de Friedman, proposto onte. lembrrás que o obxectivo era atopar o ciclo hamiltoniano; é dicir, un loop que pasa por todos os puntos unha única vez.

Espero que che gustasen estes pasatempos matemáticos e labirintos lóxicos!

FONTE: bbvaopenmind.com/ciencia

LABIRINTO LÓXICO II

Aquí tes ouro exemplo de labirinto lóxico proposto por Erich Friedman en 2009. 

Neste caso, atopa o ciclo hamiltoniano; é dicir, un loop que pasa por todos os puntos unha única vez.

Mañá a solución!

FONTE: bbvaopenmind.com/ciencia

SOLUCIÓN AO LABIRINTO LÓXICO I

Aquí tes a solución ao labirinto lóxico proposto por Erich Friedman en 2009. Lembrarás que o obxectivo era atopar no labirinto o ciclo hamiltoniano; é dicir, un loop que pasase por todos os puntos unha única vez.

Mañá outro exemplo de labirinto lóxico de Friedman.

FONTE: bbvaopenmind.com/ciencia