Blogia
vgomez

A PENSAR

LABIRINTO LÓXICO I

En 2009 Erich Friedman (1965) creou un novo tipo de labirinto lóxico: os “hamilton mazes”, nos que o obxectivo é atopar o único ciclo hamiltoniano posible nun  grafo dado. Aquí tes un exemplo:

Atopa neste labirinto o ciclo hamiltoniano; é dicir, un loop que pasa por todos os puntos unha única vez.

Mañá a solución!

FONTE: bbvaopenmind.com/ciencia

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO L

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO L

 

VERTICAIS: 1. Ártabro 2. Onza 3. Sargadelos 6. Ancara.

HORIZONTAIS: 4. Maragota 5. Yangtzé 7. Cunqueiro 8. Pinta 9. Rublo 10. Quinta.

Repaso de Cultura Xeral II!

ENCRUCILLADO L

ENCRUCILLADO L

 

VERTICAIS: 1. Denominación que o xeógrafo Otero Pedrayo deu ao arco ou golfo litoral formado polas rías de Ferrol, ría de Betanzos-Ares e do Burgo, que se corresponde co que os xeógrafos grecorromanos Estrabón, Pomponio Mela e Plinio designaron como Portus Magnus Artabrorum 2. Nome da illa principal do arquipélago das Ons 3. Cerámica símbolo da nosa cultura, dos nosos soños e ilusións, e da alma gallega 6. Capital de Turquía.

HORIZONTAIS: 4. : Peixe da familia dos lábridos de tons verdes ou castaños e ata sesenta centímetros de lonxitude, que se alimenta principalmente de moluscos e crustáceos, que vive en zonas rochosas con moitas algas e de nome científico Labrus bergylta 5. Río máis importante en lonxitude de China cun curso total de 6.300 km, que o converten o terceiro máis longo do mundo e, así mesmo, o máis longo de Asia 7. Apelido do autor do libro de relatos escrito en 1971: Os outros feirantes 8. O 23 de setembro de 1991, no peirao de Camposancos, na nosa localidade, acolleu a botadura da réplica dunha carabela, construída polos estaleiros Castro por encargo da comisión para a celebración do quinto centenario do descubrimento de América, que tiña por nome… 9. Unidade monetaria actual da Federación Rusa 10. Propiedade rural composta de casa e terreo de labranza ao redor.

SOLUCIÓN AO PASATEMPO MATEMÁTICO II

Aquí tes a solución ao pasatempo matemático de Hamilton de onte. Lemrarás que o obxectivo era completar unha “viaxe ao redor do mundo” que, empezaba en Nova York (N) e finalizaba na localidade austriaca de Innsbruk (I), establecendo un camiño  hamiltoniano (pasar por todos e cada un dos  vértices do dodecaedro unha única vez).

Mañá un labirinto lóxico ou ciclo hamiltoniano!

FONTE: bbvaopenmind.com/ciencia

PASATEMPO MATEMÁTICO II

Propóñoche outro pasatempo matemático ideado por William Rowan Hamilton, do que xa falamos o día anterior.

Neste caso tes que completar unha “viaxe ao redor do mundo” que, empezando en Nova York (N) e finalizando na localidade austriaca de  Innsbruk (I), demanda establecer un camiño  hamiltoniano (pasar por todos e cada un dos  vértices do  dodecaedro unha única vez).

Mañá a solución!

FONTE: bbvaopenmind.com/ciencia

SOLUCIÓN AO PASATEMPO MATEMÁTICO I

Aquí tes a solución ao pasatempo matemático de onte. Lembrarás que o obxectivo era trazar un percorrido que empera e rematara no mesmo punto tras pasar por todos e cada un dos restantes vértices do dodecaedro unha única vez.

Mañá outro pasatempo matemático de Hamilton!

FONTE: bbvaopenmind.com/ciencia

PASATEMPO MATEMÁTICO I

Quebracabezas ou pasatempo matemático, bautizado como “Icosian Game”, ieado polo matemático dublinés William Rowan Hamilton (1805-1865).

Traza un percorrido que empece e remate no mesmo punto tras pasar por todos e cada un dos restantes vértices do  dodecaedro unha única vez.

Mañá a solución!

FONTE: bbvaopenmind.com/ciencia

#DígochoEu: Non, o *roce non fai o cariño

 

Temos un problema: o *roce non fai o cariño en galego, porque *roce é incorrecto! Esther Estévez Casado ten a solución.

#DígochoEu