Blogia
vgomez

COMUNICADOS

LIBROS DE TEXTO CIENCIAS DA NATUREZA PRÓXIMO CURSO

LIBROS DE TEXTO CIENCIAS DA NATUREZA PRÓXIMO CURSO

Estes son os libros de texto de Ciencias da Natureza do próximo curso.

1º ESO: ( O mesmo do ano pasado)

Ciencias da Natureza 1.

Autor/es: Zubiaurre Cortés, Sabino; Osuna Alcalaya, M.ª del Carmen; Plaza Escribano, Concepción; Hernández Gómez, Jesús; Martínez Casillas, Jesús.
ISBN: 978-84-678-0046-3
Idioma: Galego

2º ESO: (Libro novo)

Ciencias da Natureza 2.

Autor/es: Zubiaurre Cortés, Sabino; Osuna Alcalaya, M.ª del Carmen; Plaza Escribano, Concepción; Hernández Gómez, Jesús; Martínez Casillas, Jesús.
ISBN: 978-84-678-2376-9
Idioma: Galego

CALENDARIO ESCOLAR PROXÍMO CURSO 2012/2013

CALENDARIO ESCOLAR PROXÍMO CURSO 2012/2013

 

O pasado venres, día 22 de xuño, o DOGA publicou a ORDE, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 13 de xuño de 2012 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2012/2013 nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Aspectos relevantes:

-O curso académico abranguerá desde o día 1 de setembro de 2012 ata o 31 de agosto de 2013.

-Nos primeiros días do mes de setembro e ata o día 6 como máximo realizaranse as probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2011-2012 para o alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

-Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional, a impartición efectiva de clases realizarase do día 17 de setembro de 2012 ao 21 de xuño de 2013, ambos os dous inclusive. Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a proba de acceso á universidade.

-Períodos de vacacións:

1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2012 ata o día 7 de xaneiro de 2013, ambos os dous inclusive.

2. Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o 1 de abril de 2013, ambos os dous inclusive.

3. Entroido: días 11, 12 e 13 de febreiro de 2013

-Días non lectivos

1. Son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro (BOE do 7 de novembro), e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da dita consellería.

2. Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local, ás cales se refire o punto anterior, non coincidan con días de clase, os consellos escolares, os consellos sociais ou, no seu defecto, os responsables dos centros de menos de tres unidades poderán solicitar, segundo proceda, un ou dous días non lectivos, que deberán preverse na programación xeral do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica.

3. Ademais dos anteriores, sen prexuízo do establecido no artigo 8.2 e co fin de unificar a realización dos patróns de cada nivel educativo, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2012-2013 se celebrará o 2 de novembro de 2012.

-Sesións de avaliación.

 As sesións de avaliación final do alumnado da ESO, do primeiro curso de bacharelato, do primeiro curso dos programas de cualificación profesional inicial, do primeiro curso dos ciclos formativos de formación profesional no réxime ordinario e dos ciclos formativos no réxime de persoas adultas, deberán realizarse a partir do día 21 de xuño de 2013.

Para un completo coñecemento da ORDE que regula o curso escolar do próximo curso só te que premer AQUÍ.

REMATA O CURSO

REMATA O CURSO

A partir de hoxe as ulas quedarán baleiras, o curso rematou. Teremos que volver só un momento de novo a elas o próximo xoves, día 28 ás 12:00, para recoller AS NOTAS, para algúns Todo bien e para outros Llora. E despois? VACACIÓNS!!!

Espero que todo resulte ben!

COMENZO DO CURSO 2012/2013

COMENZO DO CURSO 2012/2013

 

Á espera da publicación do calendario escolar do próximo curso 2012/2013, acábase de coñecer que o alumnado de infantil e primaria comezarán as clases o 12 de setembro, mentres que en secundaria e bacharelato farano o 14. Todos rematarán o 21 de xuño, fóra do alumnado de segundo de bacharelato, que o farán antes para levar a cabo as probas de acceso á universidade.

AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2012/2013

AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2012/2013

Libros de texto / Imaxe:alcazabapapeleria.com

A Consellería de Educación convoca axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2012/2013.

Estes son os requisitos:

1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2012/2013, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.

2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.

Para máis información preme AQUÍ.

FONTE:Consellería de Educación e O. Universitaria

TALLER DE NÓS MARIÑEIROS

TALLER DE NÓS MARIÑEIROS

 

Hoxe, 18 de maio, ás 17 horas, co gallo do Día Internacional dos Museos, vaise celebrar no Museo do Mar da Guarda un obradoiro de nós mariñeiros, dirixido principalmente ós nenos da vila. O número de prazas será limitado para asegurar un correcto desenvolvemento.Os interesados teñen que dirixirse ó Departamento de Cultura do Concello da Guarda ou chamar ao teléfono 986 61 00 00 ext. 5.

FONTE: galiciasuroeste.info

ÚLTIMO TRAMO

ÚLTIMO TRAMO

Hoxe retomamos as clases e comenza a 3ª Avaliación, que durará ata o día 22 de xuño, venres, no que rematarán as clases oficias. Os días 25, 26 e 27 serán as avaliacións e o día 28 a entrega de notas.

Neste trimestre temos como descanso:

  • 1 de maio, martes. (Día do Traballo)
  • 17 de maio, xoves. (Día das Letras Galegas)
  • 18 de maio, venres. (Día non lectivo escollido polo Centro)

A empezar con ánimo!

VACACIÓNS !

VACACIÓNS !

 

Vacacións...! Palabra máxica. Tempo de descanso e recuperación de enerxía para afrontar a última parte do curso. As clases retómanse o día 10 de abril, martes.

Que o padese ben!