Blogia
vgomez

COMUNICADOS

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2012/2013

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2012/2013

O DOGA do pasado venres, día 11, publicou a RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao curso 2012/13.

A avaliación de diagnóstico correspondente ao curso 2012/13 terá lugar os días 23 e 24 de maio de 2013 para cuarto curso de educación primaria, e os días 28 e 29 de maio de 2013 para segundo curso de educación secundaria obrigatoria.

As competencias básicas que se avaliarán serán a competencia en comunicación lingüística, a competencia matemática e a competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.

Se queres coñecer polo miúdo a citada resiolución so tes que premer AQUÍ.

ESTAMOS DE VOLTA!

ESTAMOS DE VOLTA!

Remataron as vacacións e de volta ás clases! Arrinca a segunda avaliación que nos levará ata o 22 de marzo, venres, día da entrega de notas e comezo das vacacións de Semana Santa.

51 días lectivos repartidos en 11 semanas e 3 meses; eso si cun pequeno parón no mes de febreiro, nas vacacións de ENTROIDO: 11 (luns), 12 (martes) e 13 (mércores).

Este trimestre é fundamental, polo que é moi importante poñer gañas dende o primeiro día.

Ánimo e sorte!

CHEGARON AS VACACIÓNS

CHEGARON AS VACACIÓNS

 

Dende hoxe, día 22 de decembro de 2012 ata o 7 de xaneiro de 2013, inclusive, estaremos de vacións. Tempo de descando e lecer. As clases retomarémolas o día 8, martes.

Boas vacións a tod@s!

VACACIÓNS E DÍAS NON LECTIVOS

VACACIÓNS E DÍAS NON LECTIVOS

Os días non lectivos para o presente curso escolar 2012/2013 propostos polo noso centro son: 7 de decembro de 2012 (venres) e 20 de maio de 2013 (luns).

A Consellería de Educación propuxo o día 2 de novembro de 2012 (venres) como Día do Ensino, polo tanto non lectivo.

Finalmente os períodos de vacacións serán:

Nadal: Do 22 dedecembro de 2012 ao 7 de xaneiro de 2013, ámbolos dous inclusive.

Entroido:11, 12 e 13 de febreiro de 2013.

Semana Santa: Do 25 de marzo ao 1 de abril de 2013, ámbolos dous inclusive.

CURSO 2012/2013: CALENDARIO DE SETEMBRO

CURSO 2012/2013: CALENDARIO DE SETEMBRO

Logo do IES A Sangriña / Imaxe:centros.edu.xunta.es

Rematado o período de matricula, para o alumnado que tivo que recuperar en setembro, comeza o curso escolar no noso IES. Este é o calendario para o alumnado de 1º e 2º ESO:

Día 17 de setembro, luns, PRESENTACIÓNS: Ás 12:30 - 1º ESO, ás 13:00 - 2º ESO, no resto da mañá os restantes cursos de ESO e pola tarde PCPI e Adultos.

Día 18 de setembro, martes, PRESENTACIÓNS dos cursos de Bacharelato e Ciclos.

Día 19 de setembro, mércores: Ás 10 horas, PRESENTACIÓN COS TITORES E ENTREGA DE HORARIOS. A partir das 10:15 INICIO DAS CLASES.

Para saber os horarios para o resto de cursos preme AQUÍ.

Bo comenzo de curso a todos e todas!

FONTE:centros.edu.xunta.es/iesasangrina/

MODIFICACIÓNS NO CALENDARIO DE EXÁMES DE SETEMBRO

MODIFICACIÓNS NO CALENDARIO DE EXÁMES DE SETEMBRO

Poño en coñecemento xeral que houbo modificacións no calendario de exames de setembro, polo que aconsello que o revisedes para evitar problemas puntuais.

Faino premendo AQUÍ.

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO 2012

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO 2012

A Xefatura de Estudos caba de publicar o calendario de exames  para a convocatoria estraordinaria de setembro 2012, que se celebrarán os días 3 e 4 (luns e martes). Na materia de CCNN e no referente á Titoría de 1º A tedes toda a información en DÍA A DÍA. Para o resto de cursos e materias a información tédela premedo AQUÍ.

LIBROS DE TEXTO CIENCIAS DA NATUREZA PRÓXIMO CURSO

LIBROS DE TEXTO CIENCIAS DA NATUREZA PRÓXIMO CURSO

Estes son os libros de texto de Ciencias da Natureza do próximo curso.

1º ESO: ( O mesmo do ano pasado)

Ciencias da Natureza 1.

Autor/es: Zubiaurre Cortés, Sabino; Osuna Alcalaya, M.ª del Carmen; Plaza Escribano, Concepción; Hernández Gómez, Jesús; Martínez Casillas, Jesús.
ISBN: 978-84-678-0046-3
Idioma: Galego

2º ESO: (Libro novo)

Ciencias da Natureza 2.

Autor/es: Zubiaurre Cortés, Sabino; Osuna Alcalaya, M.ª del Carmen; Plaza Escribano, Concepción; Hernández Gómez, Jesús; Martínez Casillas, Jesús.
ISBN: 978-84-678-2376-9
Idioma: Galego