Blogia
vgomez

COMUNICADOS

ALUMNOS DO NOSO IES CAMPIÓNS DO MUNDO DA "D3MOBILE.ES METROLOGY WORD LEAGUE"

ALUMNOS DO NOSO IES CAMPIÓNS DO MUNDO DA "D3MOBILE.ES METROLOGY WORD LEAGUE"

Irene, Jorge, Alejandro e  Antonio Lomba

Un grupo de alumnos de 2º de bacharelato do IES A Sangriña da Guarda acaba de gañar o campionato do mundo da “d3mobile.es metrology word league”, unha competición internacional de modelado en 3D de precisión co móbil para estudantes de 4º da ESO e bacharelato. O Instituto da Sangriña proclamouse gañador desta competición por segundo ano consecutivo. No ano 2013 xa conseguira gañar o campionato cun equipo formado por estudantes de 4º ESO.

A competición está organizada pola Universidade de Santiago de Compostela a través do grupo de investigación USCAN3D. Pola FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología). Polo CEM (Centro Español de Metrología) e polo Instituto Geográfico Nacional.

O obxectivo desta competición é fomentar vocacións científicas e técnicas entre os xoves e espertar a súa capacidade investigadora a vez que aprenden a usar novas técnicas e ferramentas relacionadas coas novas tecnoloxías.

Dende que en xaneiro dera comezo a metrology word league, o equipo do IES A Sangriña da Guarda “tecnosang 2.1” compatibilizou, no sen esforzo, as esixencias do último curso do bacharelato coas propias da competición. As veces tiveron que traballar contrareloxo para entregar a tempo algunha das probas. Os integrantes do equipo e futuros estudantes de enxeñería, son Irene Rodríguez Rodríguez, Jorge Piedra Dorado e Alejandro González Martínez, coordinados polo profesor de tecnoloxía Antonio Lomba Baz.

A competición consiste en utilizar o seu teléfono móbil e un ordenador persoal, xunto cun software específico, para crear modelos tridimensionais a escala de obxectos reais. A técnica utilizada para realizar estes modelos recibe o nome de fotogrametría. A realización de modelos tridimensionais con esta técnica utilízase a nivel profesional en distintos ámbitos, é a que usan, por exemplo, para crear as tomas de "ollo de falcón" nos partidos de tenis.

Os integrantes do equipo campión queren agradecer o apoio e os ánimos de toda comunidade educativa así como o trato dispensado polos organizadores do evento.

A cerimonia de entrega de premios celebrarase o xoves 26 de xuño ás 12:00 no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela).

Os meus parabén para eles!

FONTE:tecnoloxía.con antonio lomba

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2014/2015

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2014/2015

 

Convócanse axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para o seu uso no curso escolar 2014/2015.

As principais novidades desta convocatoria son:

1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto (non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario). Non obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.

2. O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos,  ao rematar o curso escolar 2014/2015 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros). 

3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.

As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro no que estea matriculado o alumno ou alumna. Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 28 de xullo de 2014, ambos inclusive. Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2014, ambos inclusive.

Para máis información premer AQUÍ.

FONTE: Consellería de Educación e O. U.

O REI DE ESPAÑA ABDICA

O REI DE ESPAÑA ABDICA

AXUDAS DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2014

AXUDAS DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2014

 

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014 para alumnado que están cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria; 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2013/14, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos:

- Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2012/13.

- Ter acadado no curso 2012/13 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, na área ou materia de lingua inglesa.

 

Prazo de solicitude: Ata o 28 de abril (inclusive)

 

Para máis información preme AQUÍ.

 

FONTE: edu.xunta.es

PARABÉNS AO ALUMNADO DO RALLY MATEMÁTICO DO NOSO IES

PARABÉNS AO ALUMNADO DO RALLY MATEMÁTICO DO NOSO IES

 

Oito alumnos e alumnas de 2° ESO B do noso IES, acompañados pola súa profesora de matemáticas Carmen, gañaron o Rally Matemático de Galicia, quedando campións galegos e representarán á nosa Comunidade Autónoma na final de Toulouse (Francia) que terá lugar o 23 de maio de 2014.

Parabéns a todo o equipo! 

FONTE: Portal do IES A Sangriña

CAMBIO DE HORA

CAMBIO DE HORA

Ás 3 da madrugada atraseromos unha hora e serán as 2 / Imaxe:bolsaclick.com

O cambio de hora prodúcese, como é habitual, ao iniciarse o último domingo de outubro. Nesta madrugada, exactamente ás 3, hora peninsular, xa domingo 27 de outubro, haberá que atrasar o reloxo ata as 2, co que este día terá, oficialmente, unha hora máis.

Unha hora máis para dormir, a cambio, a partir dese momento, anoitecerá antes, noites máis longas... En resumo as tardes quedan reducidas a mínima expresión e todo, ao parecer, co obxectivo é aforrar enerxía.

Como curiosidade direivos que o cambio de hora é unha medida que empezouse a adoptar durante a Primeira Guerra Mundial. En España, esta medida lévase aplicando dende 1974, aínda que a última regulación á que nos adaptamos chegou da man da directiva Europea 2000/84, que entre outras cousas unifica os días nos que se producen os cambios de hora en todos os países da Unión Europea, sendo estes o último domingo de marzo e outubro, respectivamente.

É o que hai!

ARRANCA A 1ª AVALIACIÓN DO CURSO

ARRANCA A 1ª AVALIACIÓN DO CURSO

Despois das presentacións dos pasados días, arranca a 1ª avaliación do curso que abrangue o que queda de setembro, outubro, novembro e ata o día 20 de decembro, día da entrega de notas e comezo das vacacións de Nadal. Quitando sábados e domingos, así coma os días festivos (1 de novembro-Todos os Santos e 6 de decembro-Día da Constitución), a festa local (23 de setembro-Santa Tegra), e o día non lectivo (31 de outubro-Día do Ensino), dan un total de 62 días lectivos.

Un bo plantexamento é comezar con bo pé, traballando dende o primeiro día, para evitar sorpresas de última hora.

Bo comezo de curso a tod@s!

CALENDARIO INICIO CURSO 2013/2014

CALENDARIO INICIO CURSO 2013/2014

 

Este é o calendario de inicio de curso que terá o noso IES:

16 de setembro, luns: Presentación ESO, co seguinte horario: 1º ESO (12:30), 2º ESO (13:00), 3º ESO (16:00) e 4º ESO (16:30).

17 de setembro, martes: Presentación Bacharelato diurno, co seguinte horario: 1º Bach. (12:30)  e 2º Bach. (13:00).

18 de setembro, mércores: Presentación Ciclos, ás 12:30 horas.

19 de setembro, xoves: Presentación 1º PCPI, ás 12:30 horas.

20 de setembro, venres: Presentación titorias e comezo clases en horario normal para ESO e Bacharelato diurno.

24 de setembro, martes: Presentación 2º PCPI, ás 17:00 horas, ESA I e ESA II, ás 18:00 e 1º e 2º de Bacharelato nocturno, ás 19:00 horas.

25 de stembro, mércores: Comezo clases en horario normal para 1º e 2º de PCPI, ESA I e II, Bachaeralato nocturno e Ciclos.

Por certo, o luns día 23 é festivo local, festa de Santa Trega.