Blogia
vgomez

COMUNICADOS

NOTA INFORMATIVA

NOTA INFORMATIVA

Este blog estará inactivo por motivo dunha operación ocular. No momento que o médico oftalmólogo mo permita volverei de novo a publicar. Profesionalmente, tardarei algo máis, ata que me firmen a alta médica. Espero que sexa pronto!

Unha aperta

VÍCTOR

CHEGARON AS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

CHEGARON AS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Vacacións de Semana Santa / Imaxe:blablebliblogg.blogspot.com

Por fin! Xa era hora!

Hoxe, despois de recoller as temibles notas ás 11:55, rematan as clases desta segunda avaliación.

Estaremos de vacacións ata o día 7 de abril, martes, en que comezaremos a 3ª avaliación e definitiva deste curso.

Boas vacións a tod@s!

7º CONCURSO DE RELATOS CURTOS: "CIENCIA QUE CONTA"

7º CONCURSO DE RELATOS CURTOS: "CIENCIA QUE CONTA"

 

Gústache escribir? Si. Pois entón isto interésache!

O grupo DIVULGATIVA da Universidade de Vigo, convoca o 7º concurso de relatos curtos "Ciencia que conta", que ten como obxectivo contribuír a concienciar ao conxunto da sociedade galega sobre a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e benestar social de Galiza, fomentando a cultura científica.

A temática do concurso é de relatos curtos vencellados á ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e no benestar dunha sociedade, nomeadamente a galega, e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.

Participarás na categoría de Educación Secundaria e o prazo para o envío dos traballos remata o 15 de novembro de 2014.

Hai bos premios e como en edicións anteriores, os mellores relatos de cada categoría (en total sobre corenta) serán publicados nun libro.

Se estas interesado-a, aquí tes as bases do concurso. Preme AQUÍ.

COMEZA O CURSO 2014/2O15

COMEZA O CURSO 2014/2O15

O comezo de curso afecta a toda a familia / Imaxe:deficcionesyrealidades.com.mx 

 

Rematadas as probas extraordinarias de setembro e os prazos de matrícula, comeza oficialmente o curso 2014/2015 no noso IES. Este será o calendario de inicio:

Luns, día 15 de setembro. Comezo oficial do curso. Presentacións:

     - 1º ESO: 12:30 horas

     - 2º ESO: 13 horas

     - 3º ESO: 13:15 horas

     - 4º ESO: 13:30 horas

     - 1º Bacharelato: 16 horas

     - 2º Bacharelato: 16:30 horas

     - Ciclos: 16:50 horas

Martes, día 16 de setembro: Comezo das clases:

     - 1ª hora (8:20-9:10): Titor, horarios...

     - 2ª hora e sucesivas (9:10-14:00): Clase segundo o horario.

O resto do curso estará marcado polo calendario escolar. Estes son os aspectos máis salientables do memo:

- Vacacións de Nadal: desde o día 22 de decembro de 2014 ata o día 7 de xaneiro de 2015, ambos inclusive.

- Vacacións de Entroido: días 16, 17 e 18 de febreiro de 2015.

- Vacacións de Semana Santa: desde o día 30 de marzo ata o 6 de abril de 2015, ambos inclusive.

- Días non lectivos: Día do Ensino (o 31 de outubro de 2014) e dúas festas locais (23 de setembro -día de Santa Trega- e unha por determinar polo Consello Escolar)

O curso rematará, a efectos lectivos, o día 19 de xuño de 2015.

Se queres coñecer polo miúdo este calendario escolar só tes que premer AQUÍ.

MODIFICACIÓN NO CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO

MODIFICACIÓN NO CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO

 

Houbo algunha modificación no calenario das probas extraordinarias de setembro, polo que debedes revisar as vosas datas, premendo:

- EXAMES POLA MAÑÁ

- EXAMES POLA TARDE

No referente a Ciencias da Natureza, mantéñense as mesmas datas:

- Alumando de 2º con CCNN pendentes de 1º: martes, día 2, ás 9 horas no salón de actos.

- Alumnado de 2º con CCNN suspensas: mércores, día 3,ás 12:30 horas no salón de actos.

-Alumnado de 1º con CCNN suspensas: mércores, día 3, ás 12:30 horas no salón de actos.

FONTE: IESA Sangriña

DATAS DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO 2014

DATAS DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO 2014

 

Acaban de publicarse as datas das probas extraordinarias de setembro 2014. Referente á materia de Ciencias da Natureza estes son os días:

Alumnado con CCNN pendentes de 1º ESO: 2 de setembro, martes, ás 9 horas no salón de actos.

Alumnado con CCNN de 1º ESO suspensas: 3 de setembro, mércores, ás 12:30 horas no salón de actos.

Alumnado con CCNN de 2º ESo suspensas: 3 de setembro, mércores, ás 12:30 horasno salón de actos.

Para o resto de materias, PREME nos seguintes enlaces:

- EXAMES POLA MAÑA

- EXAMES POLA TARDE

A entrega de notas será o venres, día 5 de setembro ás 10:30 horas

FONTE:IES A Sangriña.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2014/2015

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2014/2015

 

O DOGA de onte, publicou orde do 13 de xuño de 2014 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014/15 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade  Autónoma de Galicia.

Os datos máis salientables son:

- Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional a impartición efectiva de clases realizarase do día 15 de setembro de 2014 ao 19 de xuño de 2015, ambos inclusive.

- Períodos de vacacións:

Nadal: desde o día 22 de decembro de 2014 ata o día 7 de xaneiro de 2015, ambos inclusive.

Entroido: días 16, 17 e 18 de febreiro de 2015.

Semana Santa: desde o día 30 de marzo ata o 6 de abril de 2015, ambos inclusive.

- Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos o 31 de outubro de 2014.

- Días non lectivos: 23 de setembro e un día a propoñer polo Consello Escolar.

Para coñecer polo miúdo o contido completo do calendario escolar do próximo curso, preme AQUÍ.

ISTO REMATOU!

ISTO REMATOU!

 

Hoxe, 20 de xuño, remata o curso e... Deus vaia con el!

Pero... Antes das vacacións hai aínda uns pequenos atrancos: AS NOTAS!Enfadado

O luns, día 23, comezan as avaliacións, nas que o equipo de profesores que imparten no curso e grupo reúnense. Seguirán o día 24, martes.

O día 25, mércores,  será a entrega de notas, de 12 a 13 horas, na aula de titoría.

E ese día: VACACIÓNS!Todo bien

Espero que todo vaia ben e que os resultados sexan os esperados!