Blogia
vgomez

COMUNICADOS

CAMBIO DE HORA

CAMBIO DE HORA

Cambio de hora / Imaxe:elecodepinoso.es

Mañá domingo, día 25 de marzo terá lugar  cambio de hora, recuperando o horario de verán. Ás 2:00 da madrugada o reloxo cambiarase ás 3:00, adiantado unha hora, polo que esta noite terá unha hora menos.

En España, esta medida lévase adoptando dende 1974, aínda que a última regulación á que nos adapatamos chegou da man da directiva Europea 2000/84, que entre outras cousas unifica os días nos que se producen os cambios de hora en todos os países da Unión Europea, sendo estes o último domingo de marzo e outubro, respectivamente.

VERÁN 2012: APRENDIZAXE DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

VERÁN 2012: APRENDIZAXE DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou o pasado luns a convocatoria de 2.495 axudas para os alumnos e alumnas que queiran realizar actividades de aprendizaxe de linguas estranxeiras no 2012. A convocatoria vai dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e os catro cursos da ESO, que poderán gozar de estadías formativas en ‘vilas inglesas’ en Galicia e de actividades para a aprendizaxe do francés; e aos estudantes de bacharelato e os ciclos de grao superior de Formación Profesional, que desenvolverán as actividades formativas en Canadá, Reino Unido, Francia e Alemaña

Destinos

No caso do alumnado de bacharelato, convócanse prazas para actividades de aprendizaxe de inglés en Canadá e Reino Unido e de francés en Francia, cunha duración de tres semanas. Ademais repetirase unha experiencia especialmente enriquecedora posta en marcha pola actual Consellería, nomeadamente a integración dun grupo de 20 estudantes de 1º de bacharelato durante 4 semanas a principios de curso no sistema educativo canadense, compartindo aulas cos seus alumnos e profesores.

A Consellería convoca tamén, por segundo ano consecutivo, prazas para que o alumnado de ciclos formativos de grao superior realicen actividades de formación en inglés en Canadá e en alemán en Alemaña, cunha duración de 3 semanas.

No caso dosestudantes de 1º, 2º, 3º, e 4º da ESO e 6º de primaria, poderán optar a participar en actividades nas denominadas ‘vilas inglesas’ que se desenvolverán en Galicia durante os meses de xullo e agosto con profesores nativos, así como a prazas destinadas ao aprendizaxe de francés dentro da Comunidade, todas elas en períodos de 2 semanas.

As solicitudes

Os interesados deben inscribirse na dirección web http://www.edu.xunta.es/axudasle, onde tamén se farán públicas as listaxes cos nomes dos alumnos e alumnas que se beneficiarán das achegas.

FONTE: Consellería de Educación e O. U.

CAMPAMENTOS VERÁN 2012

CAMPAMENTOS VERÁN 2012

A Xunta de Galicia organiza Acción de Verán 2012, no marco da Campaña de Verán 2012, con campamentos de verán para mozos e mozas de entre 9 e 17 anos. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado publicou no  Diario Oficial de Galicia (DOG), de 09 de febriero 2012, as tarifas e prezos correspondentes aos campamentos de verán, albergues e campos de traballo durante o ano 2012.

No Diario oficial de Galicia (GOG) de onte, publicase a ORDE do 29 de febreiro de 2012 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2012 e se procede á súa convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes iniciase hoxe e ata o  día 20 de marzo. Se estás interesado e queres coñecer os requisitos e acceder á solicitude só tes que pinchár AQUÍ.


DE VOLTA ÁS CLASES

DE VOLTA ÁS CLASES

Non queda outro remedio. As vacacións remataron. Hoxe comenza a 2ª Avaliación, que durará ata o 30 de marzo (último día de clase e entrega de notas).

Neste trimestre teremos uns día de descanso no Entroido (20,21 e 22 de febreiro).

Espero que empecemos con gañas, pois hai que pensar que é un trimeste fundamental pois vainos posicionar claramente de cara a última avaliación e resultados finais.

Boa sorte a tod@s!

 

VACACIÓNS DE NADAL

VACACIÓNS DE NADAL

 

Hoxe ás 14 horas comenzan as VACACIÓOOOONS de Nadal. Tempo de descanso e de festas, fundamentalmente familiares. Este parón levaranos ata o día 9 de xaneiro, luns, no que retomaremos a actividade escolar.

Espero que disfrutedes e que recarguedes as pilas!

4º CONCURSO DE RELATOS CIENCIAQUECONTA

4º CONCURSO DE RELATOS CIENCIAQUECONTA

 

A Universidade de Vigo  convoca o 4º Concurso de Relatos CIENCIAQUECONTA. Este é un concurso de relatos que ten como obxectivo contribuír a concienciar ao conxunto da sociedade galega sobre a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e benestar social de Galiza, fomentando a cultura científica.

Temática: Concurso de relatos curtos vencellados á ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e no benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.

A quen vai dirixido? A todos e todas e nomeadamente ao alumnado. Hai unha categoría xeral na que pode participar toda a comunidade educativa e tres categorías para o alumnado: Primaria, Secundaria e Bacharelato-Ciclos.

O prazo para o envío dos traballos remata o 10 de novembro de 2011 e os premios son moi interesantes (1º premio: un ordenador ultraportatil).

Se estás interesado pincha AQUÍ para ver a bases deste concurso e coñecer os relatos dos concursos pasados.

Anímate e participa!

CURSO ESCOLAR 2011-2012 ( e III)

CURSO ESCOLAR 2011-2012 ( e III)

Días sen clases / Imaxe:bart-simpsons.estranky.cz

Días non lectivos: Ao día 23 de setembro, día de Santa Trega, ao 31 de outubro, día do Ensino, hai que engadirlle o día que acaba de propoñer o Centro, e que debe ratificar a Consellería, o 18 de maio de 2012, completando así o cupo para o presente curso escolar.

CURSO ESCOLAR 2011/2012 (II)

CURSO ESCOLAR 2011/2012 (II)

 

Esta será a organización dos primeiros días do presente curso escolar 2011/2012 do noso IES:

Venres, 16 de setembro, ás 12,20: Presentación do alumnado de 1º e 2º ESO. Ao remate o alumnado de 2º ESO recollerá os libros de texto en sistema de préstamo. Ás 13 horas reunión do alumnado matriculado en 1º PCPI.

Luns, 19 de setembro, ás 12,20: Presentación do alumnado de 3º, 4º ESO e Bacharelato.

Martes, 20 de setembro: Comenzo clases, en horario normal. Ás 12,20: Presentación alumnado de Ciclos Formativos. Ás 16,30: Presentación alumnado de 1º PCPI. Ás 17,30: Presentación Bacharelato Adultos, ESA e 2º PCPI.

Bo curso a tod@s!