Blogia
vgomez

COMUNICADOS

AVALIACIÓNS

AVALIACIÓNS

O curso está a piques de rematar. Reséñase o calendario desta última avaliación:

Probas da 3ª avaliación:

1ºA ESO 18 de xuño, mércores

1ºB/C/D 19 de xuño, xoves

 

Remate das clases: 20 de xuño, venres.

Avaliacións:

1ºA ESO 23 de xuño, luns

1ºB/C/D 24 de xuño, martes

2ºC1 24 de xuño, martes

Entrega de notas: 25 de xuño, mércores ás 10 horas.

 

AULAFORO

AULAFORO

Eva Luna e Alfonso paseando por Madrid

Dous alumnos do noso IES: Eva Luna Morano Uris e Alfonso Español Losada de 3º B ESO,  en represantación dos alumnos-as que participaban na AULAFORO de Caixa Madrid, viaxaron  a Buitrago de Lozoya (Madrid) onde participaron  con outros rapaces e rapazas de 25 centros de Extremadura, Illas Canarias, Baleares, Galicia e Castela-A Mancha, nunha intensa fin de semana (9 ao 11 de maio) chea de coloquios, grupos de traballo, debates e como non outras actividades de lecer e culturais. Foron acompañados por Miguel Trigo (Profesor do Departamento de Bioloxía-Xeoloxía e membro da A21EG, á que esta ligada a actividade).

AULA FORO é un proxecto educativo que fomenta a práctica de hábitos democráticos na escola: informarse, preocuparse  polo mundo no que vivimos, debatir cuestións que nos afectan e votar con hábitos propios das sociedades democráticas. En resumo unha temática ambiental e de consumo responsable dentro da palabra clave: participación.

Agora, de volta e con enerxías e coñecementos renovados, teñen a oportunidade e a responsabilidade de transmitir aos seus compañeiros e compañeiras todo o aprendido nestes días.

 

BALEA EN OIA

BALEA EN OIA

Foto: J. Lores

Na pasada fin de semana, entre as rochas de "O Serrallo" de Viladesuso (Santa María de Oia) atopouse un cetáceo duns 5 m de loxitude en estado de descomposición.

9 DE MAIO: DÍA DE EUROPA

9 DE MAIO: DÍA DE EUROPA

 

O 9 de maio de 1950, Rober Schuman presentou a súa proposta para a creación dunha Europa organizada, requisito indispensable para o mantemento de relacións pacíficas. Esta proposta, coñecida como "Declaración Schuman", considérase o xerme da creación do que actualmente é a Unión Europea. O 9 de maio converteuse no símbolo europeo (Día de Europa) que, xunto coa bandeira, o himno, o lema e a moeda única (o euro) identifican a entidade política da Unión Europea. No Día de Europa celébranse actividades e festexos que achegan Europa aos seus cidadáns e irmandan os distintos pobos da Unión.

Se queres coñecer polo miúdo esta celebración pincha en :EUROPA - O portal da Unión Europea

PROFES DE A GUARDA PREMIADOS

PROFES DE A GUARDA PREMIADOS

O pasado venres, 25 de abril, tivo lugar no salón de actos da Consellería da Presidencia, a entrega conxunta dos Premios de Innovación Educativa 2007, cos que foron galardoados distintos profesores que exercen na Guarda, concretamente na “Escola de Educación Infantil” da Gándara e no “IES A Sangriña.

Se queres coñecer o contido deste acto e os galardonados, pincha na seguinte dirección correspondente a galicia suroeste:Premiados

COLISIÓN ENTRE GALAXIAS

COLISIÓN ENTRE GALAXIAS

Foto NASA/ESA

A NASA e a ESA celebran o aniversario do "Hubble" coa publicación de fotografías da colisión entre galaxias.

 O telescopio espacial "Hubble" está situado nos bordes exteriores da atmosfera, a 593 km sobre o nivel do mar, en órbita circular ao redor da Terra que tarda en recorrella entre 96 e 97 minutos. Foi posto en órbita o 24 de abril de 1990 como un proxeto conxunto da NASA e da ESA.

¿QUERES IR DE CAMPAÑENTO Á LANZADA ESTE VERÁN?

¿QUERES IR DE CAMPAÑENTO Á LANZADA ESTE VERÁN?

Esta é a pregunta: ¿Queres ir unha semana de campamento á praia da Lanzada este verán? Se a resposta é SI, só tres cousas:

- Ter data de nacemento entre o 1995 e o ano 2000.

- Facer a solicitude.

- E pagar só 68 €.

¿Segues a estar interesado/a?

Entón consulta todos os datos, prazos, material, formularios, quendas, etc... pinchando en 

CAMPAMENTOS VERÁN 2008-DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

NOVA PLANTACIÓN DE ÉRBEDOS ORGANIZADA POR ANABAM

NOVA PLANTACIÓN DE ÉRBEDOS ORGANIZADA POR ANABAM

Organizada por ANABAM (Organización Naturalista do Baixo Miño), o próximo sábado, día 29, ás 16:45 horas da tarde, realizarase unha nova plantación de érbedos (Arbutus unedo L.), co fin de preservar unha das volvoretas máis fermosas de Galicia.

Se estás interesado en participar pincha en PLANTACIÓN ÉRBEDOS