Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

BILLETES DO MUNDO XIV

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Camboxa (Reino de Camboxa), un país asiático situado na Indochina. A súa moeda de curso legal é o Riel (KHR). Tradicionalmente dividiuse en 10 kak ou 100 sen, aínda que a causa do pouco valor da moeda hai tempo que a fracción xa non circula. Existen moedas de 50, 100, 200, 500 riel. En canto aos billetes hainos de 50, 100, 200, 500, 1.000, 2.000, 5.000. 10.000, 20.000, 50.000 e 100.000 riel. 1 riel camboxano = 0,0002 €. O banco emisor é o Banco Nacional de Camboxa (ធនាគារជាតិនៃកម្ពុជា).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 500 riel.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia

BILLETES DO MUNDO XIII

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Qatar (Estado de Qatar), país localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar na costa noroeste da Península Arábiga. A súa moeda de curso legal é o Rial qatarí (QAR), dividida en 100 dirhams. Existen moedas de 1, 5, 10, 25, 50 dirhams. En canto aos billetes hainos de 1, 5, 10, 50, 100 e 500 riales. 1 rial qatarí = 0,22313 €. O banco emisor é o Banco Central de Qatar (مصرف قطر المركزي).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 5 riales.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia

BILLETES DO MUNDO XII

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Haití (República de Haití), país do Caribe, na parte occidental da illa A Española, limitando, xa que logo, con República Dominicana. A súa moeda de curso legal é o Gourde (HTG), dividida en 100 céntimos. Existen moedas de 5, 10, 20, 50 céntimos e 1 e 5 gourdes. En canto aos billetes hainos de 10, 25, 50, 100, 200, 250, 500 e 1.000 gourdes. 1 gourde = 0,00959898 €. O banco emisor é o Banco da República de Haití (Banque de la Republique D’Haiti).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 20 gourdes.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia

BILLETES DO MUNDO XI

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a República Dominicana, país que ocupa algo máis dos dous terzos orientais da illa de Santo Domingo ou A Española, no arquipélago das Antillas. A súa moeda de curso legal é o Peso dominicano (DOP). Existen moedas de 1, 5, 10 e 25 pesos. En canto aos billetes hainos de 1, 20, 50, 100, 200, 500, 1.000 e 2.000 pesos. 1 peso dominicano = 0,0176 €. O banco emisor é o Banco Central de la República Dominicana.

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 20 pesos dominicanos.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia

BILLETES DO MUNDO X

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a China (República Popular China), situada na Asia Oriental, é o país máis poboado do mundo. A súa moeda de curso legal é o Renminbi (CNY). O yuan é a unidade básica do renminbi, nome polo que tamén se coñece á moeda. Cada yuan fracciónase en dez jiao ou mao e cada jiao divídese en dez fen. Para que o valor do  renminbi non fluctúe dependendo do mercado financeiro, o yuan está fixado a unha canastra de varias moedas internacionais. O yuan é considerada unha moeda de reserva polo Fondo Monetario Internacional. Existen moedas de 1, 2 e 5 fen, 1 e 6 jiao e 1 yuan. En canto aos billetes hainos de 1, 2, 5 jiao e 1, 2, 5, 10, 20, 50 e 100 yuan. 1 yuan renminbi chino = 0,128123 €. O banco emisor é o Banco Popular Chinés (中國人民銀行).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 10 yuan.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com, somoscentroamerica.com e wikipedia

BILLETES DO MUNDO IX

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Belice , un país ubicado no extremo noreste de Centroamérica, con estrutura de monarquía constitucional parlamentaria. A súa moeda é o Dólar beliceño (BZD), que se subdivide en 100 céntimos (cents). Existen moedas de 1, 5, 10, 20 e  50 cents e 1 dólar. En canto aos billetes hainos de 2, 5, 10, 20, 50 e 100 dólares. 1 dólar beliceño = 0,445364 €. O banco emisor é o Banco Central de Belice (Central Bank of Belize).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 2 dólares beliceños.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com, somoscentroamerica.com e wikipedia

BILLETES DO MUNDO VIII

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Suiza (Confederación Suiza), un país sen saída ao mar ubicado en Europa centra, con estrutura de república federada de 26 estados, chamados cantóns. A súa moeda é o Franco (CHF), que se subdivide en 100 céntimos (Rappen). Existen moedas de 5, 10 e 20 rappen e 1/2, 1, 2 e 5 francos. En canto aos billetes hainos de 10, 20, 50, 100, 200 e 1.000 francos. 1 franco suizo = 0,920434 €. O banco emisor é o Banco Nacional Suizo (Schweizerische Nationalban).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 100 francos.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com, muchapasta.com e wikipedia

BILLETES DO MUNDO VII

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Canadá, unha monarquía parlamentaria federal de América del Norte. A súa moeda é o Dólar canadiense (CAD), que se subdivide en 100 cents (centavos). Existen moedas de 1, 5, 10, 25 e 50 centavos e 1 e 2 dólares. En canto aos billetes hainos de 5, 10, 20, 50 e 100 dólares. 1 dólar canadiense = 0,674790 €. O banco emisor é o Banco de Canadá (Bank of Canada).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 50 dólares canadienses.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia