Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

A RA GOLIAT: A MAIOR RA DO MUNDO

A ra goliat, na imaxe, a maior ra do mundo / M. Schäfer et al. 2019

Se algunha vez viaxas a Camerún ou a Guinea Ecuatorial poderá atoparse cara a cara cun exemplar de ra goliat (Conraua goliath), unha especie ameazada pola perda do seu hábitat. Quizais por un momento non creas que estás diante dunha ra: estes  anuros miden ata 34 centímetros de longo e pesan ata 3,3 quilogramos, case como un gato adulto. Por desgraza para elas, o seu tamaño convérteas nunha nada desdeñable fonte de comida.

Esta semana, un equipo de científicos desvelou un curioso comportamento deste animal. Investigadores do Museo de Ciencias Naturais de Berlín revelaron que estas grandes ras preocúpanse tanto polas súas crías que constrúenlles as súas propias piscinas para que naden e aliméntense. O seu descubrimento publicouse en Journal of Natural History.

A maioría das ras sinxelamente pon os seus ovos en calquera superficie dispoñible. Pero o equipo investigador, que buscaba o rastro da ra  goliat, comezou a observar uns ocos de ata un metro escavados entre as rochas da ribeira do Mpoula, libres de follas, restos ou  pedriñas.

Algunhas destas piscinas estaban baleiras, pero outras estaban cheas de cágados. Así que, finalmente, os investigadores constataron que estaban a observar niños de ras goliat. De feito, atoparon 14 niños cheos, en cada un dos cales había uns 3.000 ovos.

Os investigadores observaron ademais que as ras reutilizan as súas piscinas. Despois de colocar cámaras de infravermellos para filmar o que ocorría polas noites, descubieron que os pais dos cágados pasan a noite en vela protexendo ás súas crías.

O equipo investigador suxeriu que os machos cavan estas piscinas, extraendo area e pedras de ata as dúas terceiras partes do seu propio peso. Nalgúns casos, mesmo aproveitan estes materiais para levantar uns pequenos muros.

Tal como destacaron estes científicos, todas estas medidas de protección, ademais dos coidados nocturnos, reflicten un nivel de coidado parental inusualmente alto entre as ras. De feito, argumentaron, é posible que a estratexia de construír piscinas sexa a razón que explique o xigantismo das ras goliat: canto maior sexa a ra, maiores serán as súas construcións e mellor protección terán os cágados.

FONTE: abc.es/ciencia

BILLETES DO MUNDO VI

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Colombia (República de Colombia), un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, A súa moeda é o Peso (COP). Existen moedas de 5, 10, 20, 50, 100, 200, 500 e 1000 pesos colombianos. En canto aos billetes, hainos de 2.000,5.000, 10.000, 20.000, 50.000 e 100.000 pesos. 1 peso colombiano = 0,00026 €. O banco emisor é o Banco da República de Colombia.

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 50.000 pesos colombianos.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia

BILLETES DEL MUNDO V

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Bahamas (Mancomunidade das Bahamas), un estado independente situado nas Antillas. Un arquipélago de 24 illas habitadas, 600 deshabitadas e máis de 2 000 penedas e escollos. Sitúanse no océano Atlántico, ao norte de Cuba. A súa moead é o Dólar (BSD), abréviase como $ ou B$ para diferencialo doutros tipos de dólar. Divídese en 100 céntimos (cents). Ten paridade co dólar americano (USD) dende 1966, cando sustiyuíu á libra das Bahamas. 1 dólar bahamés = 1,1216 €. As moedas existentes son de 1, 5, 10, 15, 25, 50 cents e 1 dólar. Os billetes son de 1/2, 1, 3, 5, 10, 20, 50, 100 B$. O banco emisor é o Banco Central das Bahamas.

A modo de exempos, aquí tes 1 dólar bahameño.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia

O PAPAGAIO MÁIS GRANDE DO MUNDO DE HAI 19 MILLÓNS DE ANOS

Recreación do aspecto do Heracles inexpectatus / BRIAN CHOO

O papagaio máis grande do mundo, de case un metro de altura e 7 quilos de peso, viviu hai uns 19 millóns de anos en Nova Zelandia, un lugar coñecido polas súas aves xigantes prehistóricas, segundo un estudo publicado na revista científica Biology Letters .

O papagaio extinto foi bautizado co nome de Heracles inexpectatus. "Heracles, ao ser o papagaio máis grande, sen dúbida tivo un enorme pico que podía abrir de par en par o que se lle antollase, e poida que alimentásese con algo máis que comida convencional para papagaios, incluídos outros papagaios", dixo un dos autores o estudo.

Ao estar na cúspide a cadea alimenticia, Heracles puido desenvolver unha dieta moi variada que ía máis aló das froitas, comenta un dos autores, que puxo como exemplo aos papagaios keas neozelandeses, de 48 centímetros, que "desenvolveron un gusto polas ovellas desde que foron introducidas polos colonos europeos en 1773".

Os expertos sinalaron, con todo, que hai 20 millóns de anos non había grandes mamíferos en Nova Zelandia e que, como a maioría de papagaios, probablement  Heracles alimentábase principalmente de plantas.

O papagaio xigante viviu nun bosque subtropical rico e diverso con moitas especies de palmeiras e loureiros que, sen dúbida proporcionaba unha rica variedade de froita importante na dieta do  Heracles e outros papagaios e pombas coas que convivía.

Heracles foi descuberto preto da localidade de St Bathans, no extremo meridional da Illa Sur neozelandesa entre fósiles que datan de hai 19 millóns de anos.

O xacemento, que é coñecido por aloxar fósiles de aves do período do Mioceno, é a única xanela a un hábitat prehistórico con animais e paxaros terrestres que poboaron Nova Zelandia desde que os dinosauros poboaron a terra hai 66 millóns de anos.

Nova Zelandia acolleu aves xigantes como a extinta moa, parecida ao avestruz e que puido medir tres metros, de dúas especies de gansos xigantes, entre outras especies non voadoras de gran tamaño que vivían nos bosques da illa.

FONTE: abc.es/ciencia

BILLETES DO MUNDO IV

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Bahrain (Reino de Bahrain). Situado no Golfo Pérsico, é un dos máis pequenos da rexión e está integrado por cinco illas, das cales a maior é a illa de Bahréin e existen entre 25 e 28 illotes menores. A súa moeda oficial é o Dinar (BHD). 1 dinar barení = 2,3697 €. Está dividido en 1.000 fils. En moeda, existen de 5, 10, 25, 50, 100 e 500 fils. En billetes, de 1/2, 1, 5, 10 e 20 dinar. O banco emisor é o Banco Central de Bahrain.

A modo de exemplo aquí tes o de 5 dinar.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia

UNHA MONTAÑA DE PLUTÓN: ELCANO MONTES

Elcano Montes, na parte inferior da imaxe / NASA/JHUAPL/SwRI/Ross Beyer

O 18 de febreiro de 1930 o astrónomo Clyde Tombaugh descubriu o que foi considerado, daquela, como o noveno planeta do Sistema Solar. Pronto, as caixas de correos do Observatorio Lowell (Estados Unidos), onde traballaba, enchéronse de suxerencias para poñerlle nome ao novo mundo: rexeitouse chamalo Cronos, Zyxmal ou Minerva, entre outras moitas propostas. Ao final gañou a idea dunha nena británica de 11 anos afeccionada á mitoloxía clásica, Venetia  Burney, que quixo nomear ao planeta en honra ao deus romano do inframundo: Plutón.

A exploración incansable dos descoñecido segue facendo necesaria unha das actividades humanas máis primitivas: a de poñerlle nome ás cousas. Por iso, esta semana a Unión Astronómica Internacional (IAU) nomeou 14 fitos xeográficos de Plutón, descubertos pola sonda New Horizons, da NASA, en 2015. Un deles, unha rexión montañosa situada ao sur do planeta, fai honra ao mariño español Juan Sebastián Elcano, o explorador que completou a primeira  circunnavegación da Terra no 1522. Dáse a circunstancia de que onte, 10 de agosto, cúmpríronse 500 anos desta odisea, iniciada por Fernando de Magallanes en 1519.

Desde agora, a rexión montañosa de Elcano Montes levántase ao sur de Wright Mons, a poucos quilómetros ao norte do descoñecido, nunha zona escura que os instrumentos da sonda New Horizons non puideron varrer cando fixo a súa pasada histórica, fai xa catro anos. Esta rexión forma parte dun complexo montañoso situado ao sur da famosa planicia Sputnik, unha chaira de xeo de nitróxeno que, xunto á rexión Tombaugh, xeran en Plutón unha curiosa forma de corazón.

FONTE: Gonzalo López Sánchez/abc.es/ciencia

 

  


BILLETES DO MUNDO III

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Bután (Reino de Bután), uha nación pequena e montañosa do sur de Asia, localizada na cordilleira do Himalaia oriental, entre a India e a China. A súa moeda oficial é o ngultrum (BTN) 1 ngultrum = 0,0126 €. Divídese en 100 chhertum. En moeda existen de 1, 20, 25 e 50 chhertum. En billetes, hainos de 1, 5, 10, 20. 50, 100, 500 e 1000 ngultrum. O banco emisor é a Autoridad Monetaria Real de Bhután. É unha moeda relativamente nova, xa que en 1974, o ngultrum foi introducido substituíndo á rupia butanesa.

A modo de exemplo, aquí tes o de 1 ngultrum.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia

BILLETES DO MUNDO II

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Acerbaixán (República de Acerbaixán), un estado situado no Cáucaso á beira do Mar Caspio. A súa moeda é o manat (AZN) 1 € = 1,9 manat. Está dividida en 100 qəpik. Existen moedas de 1, 3, 5, 10, 20, 50 qəpik. Os billetes son de 1, 5, 10, 20, 50, 100 e 200 manat. O banco emisor Azərbaycan Milli Bankı (Banco Nacional de Azerbaixán) pasou, en 2009, a chamarse Azərbaycan Respublikasının Mərkəzi Bankı (Banco Central de Azerbaixán).

Como exemplo aquí tes 20 manat.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia